Mamá Cabra ten unha carta

15 / 5 / 2015 |

O grupo cumpre 15 anos e celébrao cun espectáculo sorprendente que traerá o domingo aos Xardíns de Méndez Núñez

Mamá Cabra

Sí, sabemos que o título en galego ten menos gracia que o tan coñecido «You’ve got mail», pero é que neste caso é verdade. O domingo, 17 de maio, Día das Letras Galegas, Mamá Cabra estará na Coruña, pero desta volta non vén soa esta “mamá”. Charlamos con Gloria Mosquera, a líder do grupo e con Luchi Iglesias o actor e responsable de boa parte das novidades do espectáculo no que hai cartas, paquetes e mensaxes varios.

sen sobra

Son xa 15 anos de historia os que ten esta formación, anos nos que asentaron un proxecto e se fixeron cun espazo propio no panorama da música infantil no noso país. “Era hora de facer un cambio”, explica Gloria Mosquera, “a esencia de Mamá Cabra segue aí, pero agora aderezada con luces, maxia, espectáculo…”

“Necesitabamos este cambio para volver a descubrir que nos encanta o noso traballo”, conta a líder de Mamá Cabra, “unha nova andaina coma ésta énchete de ilusión e motivación e iso tamén o nota o público. Sempre é necesario renovarse”.

Para conseguilo houbo que cambiar o método de traballo, tal e como explica, “sentamos a traballar un guión arredor dunha mesa e todo vai xurdindo en torno a esa idea”. Que cal é esa idea? Non vos podemos dar todos os detalles, pero Luchi Iglesias avanza algúns, “hai un carteiro que vai entregando cartas e paquetes e todo xira en torno á vida da praza dunha vila na que se vai celebrar un concerto”.

 

farola

A música mestúrase co teatro nun espectáculo que xa sorprendeu e gustou moito na súa curta vida, “o público sorprendeuse, pero tamén desfrutou moitísimo”, conta Gloria, “acaban tamén implicados na historia que ten guiños para pequenos e maiores”, relata Luchi, “é unha festa para toda a familia”.

Ademais, este domingo será a primeira vez que esta posta en escea do espectáculo se faga en exteriores co que prometen “dar moito máis ritmo e más vida para que a xente desfrute e se implique”, explican, todo a cargo dun grupo que nesta nova andaina renovou a varios dos seus membros.

O domingo coñeceredes ao “Tio Timoteo” e viviredes as novas aventuras musico-teatrais de Mamá Cabra, xa nos contaredes…

Ah! e se ides un pouquiño antes, xa sabedes que estarán os Xogos do Paporrubio nos xardíns para desfrutar, ás 17.30 empezan os xogos e ás 19.00 horas, a música, o teatro, as cartas máxicas que nos envía Mamá Cabra no seu aniversario!

Compartir:

También te puede interesar...

Keep calm and a bailar, musicoterapia, música, ocio familiar, música para todos

Keep calm and a bailaaar

No hay recetas milagrosas para nada, no existen bálsamos de Fierabrás (repasaos el Quijote), la música no tiene prospecto ni instrucciones de uso tampoco. Escúchala, escoge la tuya y disfrútala de verdad en familia también. Carla López, nuestra musicoterapeuta colaboradora os dá 6 ideas para conseguirlo y, de paso, preparar un cd con vuestros greatest hits 🙂

Omundoaoreves, peque del revés revisando libros

Más cuentos para cantar y contar

Volvemos en la casa del revés con nuestros cuentos cantados. Propuestas para disfrutar de la literatura y acercar aprendizaje a nuestros/as peques de una manera divertida, amena y diferente. ¿A quién no le gusta que le canten las cosas? Cuatro nuevos cuentos para cantar y contar con vídeos incluídos.

¿Te interesa colaborar con nosotros? Cuéntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias y de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas su uso.