Magín Blanco, música sin etiquetas

17 / 4 / 2015 |

Prefiere no etiquetar su música, sólo disfrutar y hacer disfrutar a los demás con ella, que no es poco. Magín Blanco nos habla de sus proyectos, su pasado y su mundo al revés en esta entrevista. El jueves, 7 de mayo, coincidiendo con el estreno de nuestra web, estará en Os Xoves da Sagrada, a las 18.30 horas.

Nos llevó navegando hasta la isla de Tambo en uno de sus primeros trabajos musicales dentro del mundo infantil, después nos embarcó en un viaje mágico en el que se enrolaron una Niña y un Grillo muy especiales hasta el País das Apertas. La travesía continuó en un barquiño que se quedó amarrado a puerto para iniciarse en otro exitoso y delicioso experimento, teatro musical o música teatral (tanto monta monta tanto) para bebés, «Gatuxo».

Como él mismo piensa la música es lo mismo «música, tanto para maiores como para pequenos, o que importan son as historias e como as contas», no en vano «Susanita tiene un ratón» es una de sus canciones preferidas. Magín Blanco, uno de los protagonistas del boom de la música «infantil» en gallego se puso «un poco del revés» con nuestra enrevista. Lo suyo no son las etiquetas (¿quién las necesita si no es para búsquedas en la web?) sino hacer disfrutar a la gente y disfrutar él mismo sintiendo la música y las historias que nos transmite.

P. Magín Blanco vai do revés, como nunha das cancións da «Nena e o grilo»?

R. Un pouco si, pero, ás veces consegues enderezar o camiño. O que sucede é que, aínda que o nome do equipo é o meu, os proxectos son de todos e, se consegues un bo equipo coma no que traballamos agora, todo funciona ben. Sen equipo non fas nada. Nese equipo, eu son máis do revés, pero eles son máis ben do dereito, así que consegues un equilibrio moi interesante. Por iso somos moi polivalentes e podemos traballar en proxectos con características propias como son «A nena e o grilo», «Gatuxo» ou foi o de «Cantigas da estrela».

P.Que queres ser cando sexas pequeno?

R. Pois a verdade é que xa son o que quero ser, de pequeno ou de maior. A experiencia vaime dando outra forma de ver cada traballo e podo aportar algo máis persoal a cada proposta que fago. Fomos conseguindo que cada proxecto sexa moi noso pero diferente e iso tamén se consegue, como dicía antes, rodeándote da xente máis apropiada.

Magín Blanco nunha actuación, foto de Juan Luis Rúa

P. Xa tiñas unha extensa experiencia no mundo da música cando empezaches nisto da «música para pequenos/as». Como foi ese cambio?

R. Levaba tempo tocando en distintos proxectos, pero non tiña unha banda, traballaba con xente distinta e a verdade é que empecei a facer música para o que agora se chama «público familiar» e fun quedando aquí. Foi un pouco a vida a que me levou por aí. Desfruto do meu traballo por igual con maiores ou pequenos. Pero a verdade é que que máis ten? Sempre me encantou «Susanita tiene un ratón» e que me dis da música de «La bola de cristal»? Era para maiores ou para pequenos? Era boa e punto.

P. Dise da túa música e os teus espectáculos que son feitos para nenos/as, pero que tamén gustan aos pais e nais, ou pensas que é ao revés?

R. Non é casualidade que goste a todos, pero eu non teño a fórmula maxistral da polivalencia.  Fago cada traballo con moito coidado. Gústame estar satisfeito e a verdade é que cando traballas en algo cada proxecto xa che vai dicindo o que precisa. Ata agora fixemos traballos que tiñan unha onda moi poética, pero agora queremos cambiar a por algo máis gamberro e divertido. Tamén é certo que nos espectáculos para familias sempre lanzamos moitos guiños que son para os pais e nais e sempre me atopaba mellor nese contexto pero, co paso do tempo, iso cambiou e agora xa me sinto moi cómodo só cos pequenos. Conseguimos tamén esa complicidade con eles.

P. Que novos proxectos tedes? Seguirán viaxando a nena e o grilo?

R. Si, iso seguro, pero aínda non lles toca retomala ata o ano que vén. Xa temos todo ideado e a historia está clara, pero, de momento, imos sacar «Gatuxo» en castelán e imos facer algún outro traballo aínda este ano 2015.

P. Parece evidente que estamos a vivir un boom da música infantil en galego. A que o atribúes?

R. É difícil de dicer. Hai un factor sociolóxico evidente que é que as familias son moito máis reducidas e agora, neste novo modelo de familia o ocio e a vida cultural xira en torno aos cativos e cativas. Vense as películas que lles gustan aos nenos, vaise aos concertos que prefiren eles… Logo, o porqué de que sexa xustamente a música en galego a que máis está triunfando pode deberse a varias causas. Está claro que hai xente facendo cousas moi moi boas, pero tamén fóra de Galiza. O certo é que aqui xurdiu un pouco o formato do libro-cd que dá moito xogo e resulta moi atractivo e o directo fai que se vendan discos e viceversa.

Compartir:

También te puede interesar...

David Guapo, Teatro Colón, A Coruña

ROCK, DRAMA Y RISAS (Para compensar)

Fresquitas, fresquitas os traemos las recomendaciones de Vivir na Coruña para unas horas de ocio sin peques este fin de semana. Unas risas, una sala oscura y una pantalla grande, un poco de música… Mamás y papás #DelRevés, pasen y lean!

Música para crecer, criando con música

Música para criar niños felices

Para celebrar el Día de la Música recupero este post que escribí para el blog de GoodMood en el que reflexiono sobre la música, las habilidades que nos ayuda a desarrollar, distintas metodologías de introducción musical y cómo acercar la música desde la cuna. Me ha encantado reescribirlo para compartirlo por aquí con todas/os. ¡Que suene la música!

Playa, teatro y cine sin niños!

Una visita a la playa sin cubos ni palas, comprar entradas para el teatro sin tener que sentarse en el suelo e ir al cine a ver una que no sea de dibujos animados… Estas son las propuestas de Vivir na Coruña para pasar un rato de ocio en este fin de semana de agosto sin niños.

¿Te interesa colaborar con nosotros? Cuéntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias y de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas su uso.