El zoo de Antón ou de como o comic volve a ser para peques

19 / 11 / 2015 |

Seguimos con estreas! Preséntovos a Sira González. É posible que algúns xa a coñezades de ver a súa cara metidiña entre libros. Sira é bibliotecaria e nai, o cóctel perfecto para se converter na nova colaboradora que nos descubrirá cada mes novas xoias, libros de todo tipo, para peques, pero que tamén nos sorprenden aos maiores.

El zoo de Antón, de Juan Berrio

Existe a idea de que os cómics son para nenas e nenos. Moitos de nós liamos tebeos cando eramos pequenos, lecturas que abandoamos na nosa etapa adulta. Pero a realidade editorial é outra ben distinta: o cómic que se está a publicar está case todo dirixido ao público adulto.

Librerías e bibliotecas teñen estupendas comictecas repletas de lecturas da máis variada temática, todas elas dirixidas aos maiores. As seccións infantís soen ser moito máis modestas. Enchémolas dos nosos clásicos, de todos eses tebeos que xa liamos de pequenos: Asterix, Mortadelo, Esther, Tintín ou Lucky Luke… E tentamos engadir títulos novos de coleccións como a de Bang Editorial: Mamut;  a de Thule: Isla Flotante; ou títulos de Dibbuks, de Astiberri e de tantas outras editoriais que loitan por sacar ao mercado verdadeiras xoias para o público infantil e xuvenil.

É certo tamén que os pequenos deboran os cómics, e é por iso tan importante atopar proxectos editoriais de calidade que satisfagan estas ansias por lelos. Hai iniciativas ben chulas, pero fan falta moitas máis. Así que hoxe tráiovos un cómic para os máis pequenos da casa: El zoo de Antón, de Juan Berrio.

Autorretrato de Juan Berrio

Autorretrato de Juan Berrio

Antón é un neno que ao poñerse a debuxar no seu cuarto, deixa voar libremente a súa imaxinación e que, axudado pola maxia dunha xoaniña, conseguen traer á vida a un montón de animais. Cada un aparece a través dunha pista que achega o anterior animal en aparecer. O final non o podedes perder, porque resulta do máis sorprendente. O cómic ten toques de humor, é moi tenro, e os pequenos poder ir leendo sós ou axudados polos maiores, xa que non ten texto. Tanto ten o idioma que faledes na casa!

Pero, ollo, o feito de non ter texto non implica que sexa una lectura máis sinxela. Ao contrario, esixe maior concentración e creatividade para maiores e pequenos ao lelo. A lectura secuencial dunhas 4 viñetas por páxina, require unha formación lectora que irá mellorando coa práctica, como todo nesta vida!

E para iso está a marabillosa colección de cómics para nenos Mamut, de Bang Editorial, que divide os seus cómics en: Mi primer cómic + de 3 anos, para + de 6 anos e para + de 9 anos. Na miña casa xa comezamos antes dos 3 a lelo e funciona moi ben. Pode ser tamén polo especial cariño que lle teño eu ao seu autor: Juan Berrio. Así que sempre motivei moito a súa lectura.

Juan Berrio é un exquisito autor de cómics para adultos, que tamén ten ilustrado historias para nenas e nenos. Outro de Berrio que teño na casa é La tirita, editado por Dibbuks, que aposta polo cómic infantil e xuvenil, ademáis do cómic para adultos.

Na miña casa gustan moito Rafa y Zoe (Mamut), Federico: tenis sobre hielo (Mamut), Trik trak (de Mamut tamén, pero porque o meu fillo é un tolo das máquinas de obra), Luis vai á praia de Guy Delisle (Faktoría K de libros)… Incluso xa comeza a desfrutar co debuxo dos cómics de Liniers “Macanudo”, que non sabería dicir para que idade están recomendados, pero dende logo nas Bibliotecas non están nas salas infantís. É algo así como o que nos pasaba con Mafalda ou con Carlitos e Snoopy. Eu lía Mafalda de pequena e me tiña namorada, aínda que non entendera o mensaxe que trasmitía ata que fun maior.

Podedes cotillear un pouco sobre este xenial zoo na web da editorial.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Quen lles regala a Papá Noel e aos Reis?

Quen lle regala a Papá Noel? E aos Reis Magos? Pois tamén se merecen un detalle, non cres? Bon, eles e toooodoooos os seus axudantes e axudantas. Eu, por se acaso, deixo caer a miña lista por aquí que nunca se sabe a que oídos ou smartphone pode chegar 🙂

Manifesto para o meu fillo

Un manifesto para o meu fillo e, xa de paso, para todos os nenos #DelRevés #DoRevés, porque todos os esforzos son poucos para loitar contra os estereotipos e a presión social. Todos e todas necesitamos de todos os argumentos dos que nos poidamos armar para educar na igualdade real.

A biblioteca máis fermosa do mundo está en Arxentina

A dor pode ser o xerme dos mellores inicios. É o meu lema, sempre podes cambiar o final do conto, mesmo cando che pareza que o día é o máis negro que viviches. Sempre podes darlle a volta á historia. Hoxe tráioche o mellor dos exemplos. A historia da biblioteca máis fermosa do mundo. Do outro lado da árbore está en La Plata, provincia de Buenos Aires, e é o produto do amor de unha nai pola súa filla, do traballo de un grupo de soñadores/as que queren infancias co sol para todos/as os/as nenos/as do mundo.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.