Vamo a arreglalo, un conto de Nadal

18 / 12 / 2015 |

Regáloche un conto de Non-Nadal unha historia real que che fará mirar con outros ollos aos teus fillos e todas as posibilidades de aprendizaxe que nos ofrecen día a día. O final do conto aínda está por escribir...Teremos que facelo entre todas/os

Peques del revés jugando

Hoxe me transformo en émulo de Charles Dickens e che traio a miña versión de un conto de Nadal pero, como isto é un conto ao revés, a verdade é que non é un conto, e sucedeu realmente e aínda non era Nadal (pero faltaba pouco). Nin eu misma me creo en realidade algunhas das cousas que me suceden pero, esa é parte da maxia da vida e por iso contei esta historia (que en realidade non é ningún conto) no meu “outro” blog hai un ano.

Xa che contei hai unhas semanas que a peque maior do revés ten diversidade funcional, unha discapacidade, minusvalía, como prefiras chamarlle (recorda que as palabras importan). A peque non fala (aínda que sí emite sons e di algunhas palabras), aínda que sí se comunica con signos, imaxes e sobre todo con música… ten dificultades importantes na comprensión, na comunicación, na relación co seu entorno e concentración, ademais de limitacións variadas só equiparables ás súas posibilidades inmensas para desenvolverse. Defendo que as palabras teñen moita importancia, pero, en este caso, o máis importante nunca é a etiqueta, senón o que podemos avanzar con ela e o que a sociedade e os nosos fillos poden aprender de situacións como as que nós vivimos día a día. Pero isto é un conto do revés así que só che vou  asegurar que de todo se pode sacar non un, senón cen aprendizaxes válidos no noso día a día. Cando menos o esperas ahí está, á volta da esquina, esperándote agazapada a vida nos ollos, as mans, as palabras dos teus peques.

E aí vai unha de esas leccións de vida, de esas que se deberían gardar en un caixonciño para sempre, para lembrala cando non sabes nin por que estás aquí, nin a onde vas. Sucedeunos hai pouco máis de un ano, unha noite calquera que acabou sendo unha noite única porque, ás veces, apenas tres ou catro veces na vida, o tempo se detén e te ves a ti mesma vivindo momentos incribles, como se protagonizases unha película, seguramente terías escollido outro argumento, pero é o que che tocou.

Cada noite, lemos contos na habitación da peque grande antes de durmir. Cada noite, dámonos bicos antes de durmir pero, ese luns foi diferente. Ao sair da habitación, o peque do revés (que en aquel momento tiña 2 anos e 5 meses) díxolle á súa irmá “vamo a arreglalo, X”. Detívenme ao instante, moi sorprendida, agacheime ao falar con el e lle pregunté de que falaba: “Que imos arreglar?”, pero non me respondeu e cambiou de tema moi rápido.

Peques del revés, del revés

 

Á noite seguinte, martes, ao saír da habitación da súa irmá, o peque despedediuse de ela de novo con un “vamo a arreglalo, X”. Volvín a agacharme para falar con él e preguntarlle de que falaba: “Que dicías, cariño?”, “Vamo a arreglalo, X” (todo isto con un idioma propio do chino de un chiste), “pero, que imos arreglar, cariño? de que falas?”, “vamo entende a X” espetou… e o tempo se parou. Nudo na goxa, no estómago, no corazón e na alma que non se desfixo en varias semanas.

Porque ese neno que usa saias e horquillas para parecerse á súa irmá, ese neno que lle fai cóxegas cando ela quere durmir, que se cola na súa cama cando nos despistamos, ese pequerrecho que lle canta arrolos na cama, lle da mil leccións de amor, de igualdade, de inclusión, integración e do que sexa necesario a calquera, incluída eu.

 Ese neno non pregunta case nada sobre a súa irmá, pero, tampouco o necesita porque xa o entende todo moito mellor que o mellor neurólogo. Se isto fose un conto tradicional ahora diríache que un ano después todo se “arreglou”, pero isto é a vida real e as cousas non funcionan así. Imos polo camiño, pouco a pouco, con paso firme e seguro, pero lento e non sabemos a onde chegaremos. Só sabemos que existe esperanza para a raza humana con xeneracións como as que estamos tratando de guiar en este momento. Sei que non son obxectiva, que é o meu fillo pero creo que se cambiamos a  nosa mirada pola dos peques aprenderemos de eles a cambiar o mundo en Nadal e todo o ano.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

O espacio para nenos. Actividades e experimentos

Un pouco de astronomía, de enxeñería aeronáutica e de experimentación. Lévote o espacio á túa bañeira, para que os peques chapoteen entre Marte e Xúpiter. O colocamos no salón da túa casa, en unha caixa de actividades ou quizáis prefiras iluminarlo en unha mesa de luz… Imos aprender sobre o espacio de maneira divertida.

Cando os cueiros van máis alá dos catro anos

Prezos abusivos, IVE desmedido e axudas que acaban ríndose da dignidade humana. Hoxe veño a falarche de cueiros, pero non veño con unha comparativa de calidades e prezos (aínda que podería facela despois de seis anos de experiencia e mesmo a teño en mente), senón a falarche da carga económica que supoñen os cueiros, sobre todo cando o seu uso se extende máis alá dos 4 anos e de unhas cantas historias absolutamente surrealistas que vivimos nas nosas carnes.

A vida do revés non é tan diferente

Como hai ponte, creo que é un momentazo para tomarnos unha caña ou un viño xunt@s. Xa sabes que invito eu. Hoxe traio un pouco de vida, da miña vida e unha reflexión verbeneira, de unha impaciente reconvertida en paciente forzosa, de unha nai que tivo que reinventarse e que descubriu que as mellores leccións saen dos peores momentos.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.