Unha casa na que cabemos todos

21 / 3 / 2016 |

E se unha galiña se comese a un caracol? Que pasa se che digo que as mozas xa non queren ser princesas, que Picasso tamén tiña fallos ou que a vida está chea de cores, tonos e calidades diferentes? Pois pasa que entras en La casa de Carlota e xa non queres sair. Preséntoche este proxecto que me roubou o corazón, un estudo de deseño único no mundo e xenialmente diferente.

Lanzando nas súas camis mensaxes como “As nenas xa non queren ser princesas” La casa de Carlota tiña que chamar a atención da casa do revés e, claro, así foi. Sabedes moitos que a casa #doreves é unha casa diversa (mágoa non vivir en Cataluña e pasarnos por esa casita) polo que me interesa especialmente calquera proxecto no que se traballe a favor da inclusión das persoas sexa cal sexa o seu código xenético, as súas capacidades ou a súa forma de comunicarse. Así que, se sumamos estes elementos e chegamos a este estudio de arte a consecuencia é un flechazo inmediato.

Gústalles definirse como un estudo de deseño único e xenialmente diferente e transmiten buenrollismo e luz en todo o que comunican. La casa de Carlota é un estudio de deseño profesional con un equipo creativo insólito porque está formado por persoas con discapacidade intelectual (eu prefiro dicir capacidades diferentes), que traballan de forma integrada e absolutamente normalizada con mozos estudiantes, deseñadores e directores de arte séniors.

A súa forma de traballar non fai outra cousa senón aprovechar a diferencia para sacarlle partido, vamos, iso que se debe potenciar en realidade en calquera empresa ou posto de traballo. Nos seus deseños e creacións aproveitan o feito irrefutable de que as persoas con diversidade funcional que teñen unha afección a nivel intelectual soen desenvolver de forma inconsciente, enfoques menos obvios en calquera planteamento creativo. É un pensamento lateral, menos racional e diferente ao pensamiento lóxico tradicional. Unha maneira de pensar que non soe terse en conta.

Este feito, que para segundo que sectores profesionais pode verse como unha desavantaxe, no mundo creativo das ideas, do deseño e a innovación, é unha grande oportunidade, porque permite ao resto da equipa, dispor de un grande número de ideas e novos modos de ver as cousas.
Dito isto só queda dicir que en esta casa chea de cores e de traballo se realizan proxectos de deseño e se cocen tamén productos marabillosos. De novo coas súas propias palabras cóntoche que teñen un laboratorio de ideas artísticas absolutamente libre e irresponsable, sen ánimo de lucro e co único obxectivo de ver que pasa cando ao talento lle das ás e liberdade sen normas nin pre-xuizos culturais establecidos. Participan persoas con discapacidade intelectual e estudiantes de arte, pero tamén profesionais do mundo da cultura (fotógrafos, ilustradores, músicos, etc.)
La casa de Carlota

Ilustración de una lámina de La casa de Carlota

Camiseta La Casa de Carlota

O resultado é unha experiencia artística que distorsiona a realidade creando mundos imaxinarios de unha absoluta beleza plástica. Unha visión tremendamente persoal do arte ou do non-arte, fora dos límites da ortodoxia artística tradicional.

Esquecíame, ademais, un pequeno grande detalle e é que se compras algun dos seus produtos unha parte dos beneficios irá destinado a unha causa social a través de diferentes ONGs, vamos, case nada.

La gallina que se comió un caracol

Producto disponible en La Casa de Carlota

Eu, que me dedico a isto de xuntar palabras, a isto de comunicar de unha e outra maneira, só podo dicir que eles o fan de unha forma xenial, por iso apenas quixen modificar o que eles mesmos comunican, non tería sentido facelo se xa o fan tan requeteben. Por suposto, na casa do revés xa caímos nas súas redes e nos axenciamos unhas camis pero nos encanta case todo o que fan e como o transmiten en redes sociais. E se es un pouco do revés, a ti tamén, seguro. Ollo ao careto da peque do revés porque entre que a camiseta lle queda grande e que non tiña o día… jajajajaja

Camiseta de La Casa de CarlotaLa Casa de Carlota. camiseta

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Para Tí por ser Ti (Agasallos con alma)

Máis contidos en clave de Nadal da man da nosa colaboradora Paula Verde. Fotos e ideas sobre regalos que non se compran e que, de feito, non se poderían comprar con todos os cartos do mundo. Agasallos feitos desde el corazón. Non o perdas.

Benvida á bendita rutina

Apagamos as luces, gardamos a árbore, o espumillón as caixas do trasteiro e… agora? A esperar as vacacións de Entroido? A preparar a Semana Santa? Propóñoche algo diferente. Propóñoche que te olvides de eses esquemas mentais que cubriron a un luns calquera de xaneiro con unha mala fama que non se gañou. Cantas cousas marabillosas da túa vida che pasaron en un mércores de inverno? Ou en un xoves de outono? Por que se supón que temos que ser felices en vacacións ou en fin de semana e por que esperamos tan pouco da nosa rutina? Rebélome. Son do revés.

Alemán divertido para nenos

Hoxe tráioche unha recomendación por se queres empezar 2017 con novas propostas de aprendizaxe para os teus fillos ou mesmo para ti. Algunha vez pensaches no alemán como posibilidade de extraescolar para os peques? Preséntoche Mi centro alemán, un lugar no que aprender disfrutando e xogar aprendendo que, ademais, che ofrece tamén un sistema de clases por vídeoconferencia se queres estudiar a distancia.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.