Un pouco de orde para empezar o ano do revés

8 / 1 / 2016 |

A rutina, o día a día, o inicio de un novo ano, as rebaixas, todo ten a súa parte positiva, a súa parte do revés. Axudámosche a exprimila a tope con uns consellos para organizar os xoguetes e as compras nas rebaixas.

Pode ser hoxe, quizáis mañá ou o luns pero é inaprazable. Toca desempolvar o abeto, desmontalo, gardar os adornos e deixar un pouco máis de espazo para os novos xoguetes no salón. Non quererás convertir o teu fogar en unha copia de esas tendas ou oficinas nas que se divisa aínda o espumillón en pleno agosto, non?

Toca revisar os tickets para cambiar os agasallos e repasarse as compras máis necesarias para aproveitar as rebaixas. Toca a volta á orde e á “normalidade” con todo o bo e o malo que iso conleva. En O Mundo ao Revés xa sabes que sempre queremos ver o vaso medio cheo, para bebelo e poder volver a enchelo outra vez. Esa é a única forma de vivir a vida, o resto é darse un paseo por aquí sen desfrutarla e iso non sería vivir do revés.

Así que, para que a exprimas a tope, como agora toca organizar compras e ordenar a cabeza ímosche dar algunhas ideas que che poden ser útiles en estes días:

-Dá preguiza, sabémolo pero, pon un pouco de orde!! Recorda os consellos que che dimos de cara aos agasallos de xoguetes navideños: méteos en caixas e que vaian rotando para non saturalos nin reventar o teu piso. Mesmo aínda que vivas en unha casa grande, é o mellor que podes facer para que os peques poidan desfrutar de verdad dos xoguetes. Pensa en esa sensación que tes cando chegas á oficina e te atopas con unha montaña de papeis, cando ves traballo amoreado por todos lados… Quedas medio atontada, paralizada, sen saber que facer!!! Pero se o vas dosificando e ordenando, pouco a pouco, todo vai saindo… Pois cos xoguetes, o mesmo, á fin e ao cabo o traballo dos peques é xogar.

Poner orden en los juguetes

-Mete os xoguetes en caixas ou en baldas organizadas por temáticas e se son pequenos usa caixas con compartimentos para que non se perdan todas esas peciñas diminutas. Rebusca ben por casa, seguro que tes algo. Se non é así, plántaste en Ikea en cinco minutos e a súa sección de almacenaxe é unha mina. Se tes que comprar caixas pensa en que as transparentes sempre te permitirán identificar mellor o contido e así non terás que abrilas todas para atopar “esa boneca” que reclaman os teus fillos como tolos.

Organízate tamén para as rebaixas.

Pensa en qué necesitan realmente os peques ou, mellor diyo, no que van necesitar durante o próximo ano. Eu, por exemplo, soio mercar zapatos e parkas para o seguinte inverno xa nas rebaixas, pero fágoo tendo en conta que o pé da miña peque maior non soe medrar máis de un número por tempada e a súa talla se corresponde sempre co tallaxe da súa idade. Non sucede o mesmo co pé do peque peque, por exemplo, case está alcanzando á súa irmá e non me arrisco porque podo rematar acumulando zapatos que non chega a usar nin un mes. Non compensa o gasto.

Unha vez que teñas a lista de cousas que pode necesitar atente a ela, por moito que vexas ese “vestido monísimo” ou esa sudadeira da Patrulla Canina que lle vai encantar. Non sei ti, pero eu acumulo roupa nos caixóns que apenas usan uns días porque medran a unha velocidad de vertixe e é un auténtico desperdicio que non paga a pena. Entre a roupa que herda o peque peque ou a que me dan amigos e familiares, ás veces hai prendas que a penas poden poñerse e iso que son dous!!!

Se xa tes a lista na mano, prepáraa porque estou ultimando un novo post para a semana que vén con sitios xeniais para aproveitar as rebaixas para os peques e para nós tamén…

-Si, agora é O MOMENTO de darte ese capricho, de autorregalarte. Se non o previches antes dos Reis, este é o teu momento, o de mercar o que realmente necesitabas, regalarte unha axenda, un planificador semanal ou ese abrigo tan preciosísimo que te chamaba desde o escaparate. Chegou o teu momento se no se lembraron de regalar á que regala ou se che mercaron outra vez esa colonia que odias ou ese pano que nunca usarás.

Eu fun previsora e, ademais de estar buscando como unha tola unha parka diferente (todas as bonitas se fabrican para nenos, cachis en dez) fíxenme con algunhas cousiñas que necesito antes das festas e así estreno agora os meus planificadores semanais e diarios de Charuca, unha tendiña online a mar de riquiña da que namorei  e na que tamén soen ter descontos, por certo.

Organizadores semanales y diarios de Charuca

Que che parecen estas ideas? Cóntasme ti os teus truquis para poñer un pouco de orde na túa vida en ano novo (e sempre)?

 

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Libros para cantar e contar de Margarita del Mazo

Tráioche hoxe a unha autora que creo que che vai encantar e tres dos seus títulos. Libros pensados para os máis chiquitíns da casa con rimas que se poden cantar. Por suposto, cántochos en tres vídeos para darche ideas sobre cómo facelo pero, xa sabes que sempre podes intentalo con novas melodías. Máis libros para cantar e contar.

Non precisan a túa admiración

Non admiro aos pais que coidan aos seus fillos: aos que renuncian a unha “pachanga” de fútbol porque o seu peque ten un virus e a súa muller ten a axenda completa, nin sequera aos que reducen o seu horario para quedar na casa. Non necesitan a miña admiración nin un meme en redes sociais. Necesitan deixar de ser un exemplo para formar parte da normalidade.

Supersinglemami, humor de nai

A estas alturas xa te terás rido máis de unha vez con algunha das súas ilustracións sobre a maternidade. Silvia Sáez é a persoa que está detrás de Supersinglemami, unha ilustradora que conseguiu co seu traballo que nos ríamos un pouquiño máis de nós mesmas e de esas situacións que se suceden un día sí e outro tamén en calquera vida de nai.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.