Un paseo en familia pola Terra Chá con Manuel María

26 / 5 / 2016 |

O Día das Letras Galegas, semana das Letras Galegas, por que non primaveira das Letras Galegas? Sexa como sexa, é unha excusa perfecta para facerse algunhas rutas en familia pola comarca da Terra Chá, na que naceu o poeta Manuel María ao que se lle adica en 2016 este día. E se non es galega/o, non podes perderte esta fermosísima comarca verde como ningunha chea de restos celtas e romanos!

Non hai mellor excusa que a celebración do Día das Letras Galegas en este mes de maio para planear unha excursión en familia pola comarca da Terra Chá. Porque, para quen non se enterara, o 17 de maio estaba adicado en este ano 2016 ao escritor chairego Manuel María, nacido en Outeiro de Rei, onde a fundación que leva o seu nome conservou e recuperou a súa casa familiar como casa museu onde coñecer un pouco máis sobre a súa vida e a súa historia.

A casa está rodeada polo que era a horta (agora zona semi axardinada) na que o escritor pasaba horas e horas na súa nenez e cada vez que volvía a visitar a súa casa ao longo dos anos. A visita é máis que recomendable porque é unha boa forma de coñecer ao escritor e tamén, por suposto, de descubrir un pouco máis sobre a historia viva de Galicia e sobre cómo discurría o mundo e como se percibían as cousas en un pobo de Lugo hai seis décadas, por exemplo.

Casa Museo Manuel María

Exterior Casa-Museo Manuel María, foto Juan José Sánchez

Graciñas polas fotos, Juanjo 🙂

Déixoche toda a información práctica para organizar a visita:

Horarios:

Todos os sábados e domingos do ano (excepto os dous últimos de decembro e os da primeira fin de semana de xaneiro).

Concertando cita previa, pódese visitar calquera outro día da semana (visitas escolares ou de grupos).

Público en xeral:

Sábados: de 11 a 14 e de 16.30 a 18.30 horas. (Durante os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro de 2016 de 16.30 a19.30).

Domingos: de 11 a 14 horas (Durante os meses de maio, xuño, xullo, agosto e setembro de 2016 tamén de 16.30 a 19.30).

Visitas escolares e de grupo:

Pódese concertar telefonicamente para calquera día.

Prezos:

As visitas organizadas desde os centros de ensinanza non universitario son gratuítas.

Público adulto: Entrada xeral: 2.5 €/persoa; 2 €/persoa para grupos de persoas adultas de 3-25 persoas; 1.80 €/persoa para grupos de más de 25 persoas adultas. Entrada gratuíta para persoas menores de 12 anos e para amigas/os da Casa-Museo.

Excursión con niños, casa Museo Manuel María

Peque del revés lanzándose sobre la cama de Manuel María ¡Noooo!

Ofrecen asesoramento sobre como programar una ruta completa por diferentes espazos do contorno a partir da Casa-Museo, sempre vencellados co escritor e coa súa obra.

Teléfono de contacto: 698 177 621
Correo-e: contacto@casamuseomanuelmaria.gal

Cómo chegar

Outeiro de Rei (Rúa F, nº 2), detrás da Casa do Concello.

Para chegar: N-VI, km 513. Ao chegar ao cruce no núcleo urbano de Outeiro (xunto á residencia de maiores) tomar a dirección que indica Campo da Santa Isabel.

Autovía A-6, saida 507 (dirección Outeiro de Rei).

En transporte público (empresa Arriva): parada de Outeiro de Rei .

Penas de Rodas, excursión en familia

Peque del revés bailando y saltando junto a las Penas de Rodas

Penas de Rodas

Este espazo quasi mágico está muy vencellado á figura de Manuel María, ubicado en unha parroquia de Outeiro de Rei (Gaioso), en unha zona de monte, xunto a un piñeiral, é un lugar fantástico para desfrutar cos peques. Iso sí, coidado cos aprendices de escaladores porque a verdade é que teñen bastante altura!!

Trátase de unha construcción de pedra de orixe romana que, segundo se considera, podería ter sido un altar e/ou terse usado como estación astronómica para a predicción de datas claves no mundo agrícola. Sexa como fora, o certo é que, mesmo para unha atea coma min, estas “Penas de Rodas” (pedras de rodas ou circulares) son un auténtico milagre. Colocadas unhas sobre as outras en un equilibrio imposible desde un punto de vista lóxico pero real, o mires por onde o mires, mesmo do revés.

O piñeiral que as rodea ten zonas de merendeiro con mesas e sillas de pedra estupendas para desfrutar alí de un día de solete en familia. Campo para correr, espazos para explorar e un montón de inspiración para vivir mil aventuras. Nin te imaxinas a de películas que se montan os peques cando ven esas pedras enormes, bueno, é posible que sí que o imaxines.

E, por suposto, estando tan cerca da súa casa unha marabilla como ésta non pasou desapercibida para Manuel María, que lle dedicou alguns versos e no propio monumento hai unha inscripción con algúns. Como non podía ser de outra forma, hai numerosas lendas que rodean a estas pedras e a relacionan coa maxia e na zona se celebra unha romaría o 12 de agosto.

“Se ambas penas se desfán

Arde co mundo un tesouro”

“Unha pena é de alquitrán

a outra unha trabe de ouro”

 

Penas de Rodas, excursión en familia

Aunque parezca que se vana caer llevan siglos ahí

Compartir:

Tamén che pode interesar...

E para aninovo, máis ciencia para nenas e nenos

Jugando, aprendiendo, disfrutando, leyendo, empezamos el año de la mejor manera con una revista de ciencia para peques y un juego de cartas con el que descubrirán a 20 científicas y científicos significativos de la historia. ¡¡Sí, sí, has leído bien, una lista de personajes relevantes en la que hay el mismo número de mujeres y hombres!! Y puede ser tuyo porque empezamos el año con sorteaco del revés.

Regala diversidad, regala aprendizaje de vida

El post de hoy es una lista que puede ayudar a cambiar el mundo. Una lista de regalos que te propongo desde el mundo de la dviversidad. Son libros para niños/as y adultos/as, cds y otras propuestas elaboradas desde el respeto a la diversidad. Todas las ideas que recojo son respetuosas con lo diferente y defienden el mundo diverso por su poder enriquecedor. Personas con diversidad funcional, familias diversas, asociaciones, entidades que quieren poner su granito de arena son las autoras de estos fantásticos proyectos. Si vamos a consumir, al menos hagámoslo con el objetivo de construir entre todos/as un mundo mejor. Como la lista es muy larga no doy detalles de todos los productos así que POR FAVOR, no dudéis en consultarme sobre cualquier de ellos.

Cuentos para aprender a valorar lo que de verdad importa

Contos para aprender a valorar o que temos

Traioche tres historias sinxelas e máxicas que me conquistaron. Tres contos que se convertirán en ferramentas máis que útiles para explicarlles aos teus peques un concepto que todos/as deberíamos ter máis que claro: aprender a valorar o que temos na nosa vida. Ser conscientes do que o realmente importante non reside nos obxectos que nos rodean, senón nas persoas que nos acompañan en este camiño. Toma nota porque te van a encantar,

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.