Un gran campo educativo

1 / 7 / 2015 |

Aquí vos deixamos a segunda colaboración de Noemí Bellas, de Líbolis. Unha reflexión sobre os retos educativos do século XXI, sobre como preparar realmente aos nos@s fill@s para a vida.

Rematou o tempo do traballo estable. No S.XXI as entrevistas de traballo cambiaron, xa non temos nada asegurado cun “título universitario”. Agora temos que responder a preguntas como Que aporta vostede á nosa empresa? Que sabe facer? En que é bo? … E as respostas non xiran en torno a coñecementos senón entorno a habilidades persoais.

O mercado laboral demanda persoas “competentes”. Persoas que saiban traballar en equipos multidisciplinares, comunicar, ser capaces de xerar solucións creativas, saber colaborar, negociar, … . As competencias son o elemento diferenciador, polo que temos que traballar sobre elas.

Pero por que agardar á veintena para desenvolver todas estas habilidades? Por que non formarse en estas habilidades desde que somos pequenos ? Acaso non adestramos aos nosos nenos en outras disciplinas como poden ser os idiomas? …

Competencia é o conxunto de coñecementos, hábitos, actitudes necesarias para responder a demandas complexas da situación. Se vos formamos en competencias estaremos, por un lado, aproveitando todo o potencial e conseguindo que desenvolvan todas as súas capacidades.  E por outro lado, darémoslles recursos aos nosos fillos para que poidan adaptarse con éxito a este novo entorno do que falamos e que nós, os adultos, nen sequera coñecemos pero que sabemos que será un entorno VUCA (Volátil, Incertidume, Complexo e Ambiguo) como di Antonio Marina. Acomodarse a un entorno tan cambiante vai  exixirlles unha enorme flexibilidade e rapidez de adaptación para o que será vital << aprender continuamente>>.

O obxectivo da educación é ensinar a desexar o desexable _Platón

 

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Choiva máxica de cores, experimentos para nenos

Novo episodio da nosa #cienciadoreves con un par de experimentos sinxelos, vistosos e moi resultóns. Paga a pena tan só por ver as súas cariñas. Imos facer choiva de cores e mesmo imos conseguir unha treboada de cores con cousas que temos na casa. Por certo, o experimento pode ser moi relaxante tamén 🙂

Álvaro Bilbao: “A chave para conectar co teu fillo é observalo e pasar moito tempo de calidade con él”

Omundoaoreves vístese de gala para volver a un xénero que me encanta, a entrevista. E faino pola porta grande, co neuropsiólogo Álvaro Bilbao, autor de “El cerebro del niño explicado a los padres”. Toda unha lección de principio a fin que até nos aporta trucos para eses momentos de estrés en que é o cerebro das nais e pais o que xa non responde á presión. Imperdible de principio a fin.

Imagine Elephants: Pecha os ollos e xoga

Un proxecto ilusionante e necesario, teñas ou non teñas fillos (se os tes, máis, a verdade). Deixámosvos con Imagine Elephants, un documental sobre o xogo e a súa importancia e unha entrevista aos seus impulsores: “Os adultos nos desconectamos moitísimo das cousas realmente importantes da vida, e sen pensalo, desconectamos tamén aos nenos e nenas destas experiencias”.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.