Tic Tac Toc, Pablo Díaz volve á carga

26 / 12 / 2016 |

Chega o novo disco de Pablo Díaz, "Tic Tac Toc" é o nome da súa banda e o de este disco no que fai unha pequena viaxe musical polo mundo. Esta semana preséntao na Coruña e Santiago así que charlamos con él para adiantarvos algunhas das súas novidades.

Un dos clásicos do panorama musical familiar en galego saca novo disco. Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc estarán mañá, martes, 27 de decembro, no Ágora, presentando novo disco e o mércores, 28 no Teatro Principal de Santiago. A ocasión se merecía unha pequena charla e unha escoita detida a este disco cheo de sorpresas que encantará aos peques da casa.

P. Pablo, es un dos veterans no panorama musical infantil en galego, ¿nunca pensaches en cambiar?

R. Quizais, máis que infantil, familiar diríamos, porque moitas veces os pais me preguntan para quen é a música e a verdade é que é un pouco para todos. É música que gusta a toda a familia. E con respecto ao de cambiar a verdade é que non o pensei nunca porque estou moi feliz e moi cómodo co público que teño. É tremendo recibir todos eses aplausos e enerxía dos máis pequenos. Fante sentir moi moi ben. A ilusión que te transmiten as familias nun concerto é algo difícil de ver hoxe en día no mundo.

É certo que cando empezamos nós arrancaba un pouco todo. En aquel momento xa estaban aí Mamá Cabra e, por sorte, despois foron chegando moitos músicos e bandas que nos deixan un panorama musical moi rico e de calidade para as familias galegas.

O que sí cambiaría, o que me gustaría é poder facer máis concertos con toda a banda. Agora mesmo é algo bastante complicado e nótase moitísimo. A música e a experiencia non son igual tocando eu só coa guitarra ou eu con un acompañamento que toda a banda.

P. Que imos atopar neste novo disco?

R. Pois creo que un pouco de todo. Hai música de folclores diferentes do mundo, algúns moi pouco coñecidos como pode ser o de Quebec, tamén hai ska, e estilos musicais diversos. Como di unha das cancións, queríamos facer tamén un pequeno paseo musical polo mundo.

P. Máis novidades?

R. Sempre tratamos de innovar, por suposto, metemos novos instrumentos e nesta ocasión, ademais, a masterización fixémola en Noya Iorque. Quedamos moi moi satisfeitos co resultado. Foi unha experiencia xenial.

P. Dende o primeiro e exitoso “Tic Tac” fuches sacando disco cada dous anos máis ou menos. É algo programado?

R. A verdade é que trato de manter ese ritmo, sí. O traballo de composición musical lévame bastante tempo, sobre todo as letras. A música, para min, é a parte doada, as letras xa é outra historia. De feito en este disco levamos unha letra de Manuel María, unha pequena homenaxe que lle facemos no ano en que se lle adicou o Día das Letras.

Pola casa do revés xa escoitamos unhas cantas veces este precioso libro-disco, con ilustracións marabillosas de Almudena Aparicio e temos unhas cantas favoritas: a rockeira-ska “Queremos galego”, “O mundo máxico de Antón“, adicada a un pequeno con autismo que realiza unhas ilustracións marabillosas e, por supuesto “Quero ser cowboy”, unha breve viaxe musical polo oeste.

Este papá que empezou a compoñer cancións para os seus fillos e que agora ve cómo o acompañan xa tocando e cantando no escenario, espéravos o martes ás seis no Ágora e o mércores á mesma hora no Teatro Principal. Non faltedes e non esquezadess regalar cultura aos peques.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Parque do Pasatempo con nenos, paseando entre dinosaurios

O parque do Pasatempo é un de eses lugares con encanto, con moito encanto, que deberías desfrutar cos teus fillos en Galicia algunha vez. Unha tarde de aventuras, alimento para a imaxinación e repouso á sombra aseguradas. Grutas, estanques, grandes figuras animais de pedra e ata un labirinto, pero tamén olores, tactos diferentes cores, brisa que che acaricia… Planazo en familia.

música, niño tocando música

Cando a música se esconde nos libros

Na víspera das Letras Galegas, un tema que tiña que pasar polo noso mundo ao revés da man da nosa colaboradora Sira González, o fenómeno dos libros-cd con música galega. Esa sorte de salvador para nais e pais con bo gusto e ganas de pasalo ben coa súa familia. Pequenas xoias que deben encher as estanterías das nosas casas sí ou sí.

Música dende o berce

Todo un honor e un gustazo aprender durante unha fin de semana coa creadora de Música in culla. Música desde la cuna, a música como medio para acompañar aos pequenos a desenvolverse e comunicarse. Unha linguaxe máis que xa dominan dende o berce con mil e unha posibilidades de estimulación sempre a través do xogo. Vés comigo a descubrilas? Chegaremos ata Italia e moito máis aló

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.