O silencio, ese ansiado obxecto de desexo cando te convirtes en nai. Mataríamos por cinco minutos de silencio todos os días e, en realidade, a ausencia de sonido é parte da comunicación. Un silencio pode dicir moito, moitísimo, pode transmitir máis que un discurso de unha hora. Eses minutos de silencio en medio de unha discusión ou esa décima de segundo de silencio que separa un compás de otro en unha peza musical. Fágase o silencio, Carla López, porque na música, na musicoterapia e na vida necesitamos o silencio.
Días atrás, botando un ollo ás publicacións de O Mundo ao revés en redes sociais encontrei un artigo que chamou especialmente a miña atención acerca da importancia do silencio.
Ao parecer, “un grupo de investigadores alemans do Research Center for Regenerative Therapies...