Supersinglemami, humor de nai

A estas alturas xa te terás rido máis de unha vez con algunha das súas ilustracións sobre a maternidade. Silvia Sáez é a persoa que está detrás de Supersinglemami, unha ilustradora que conseguiu co seu traballo que nos ríamos un pouquiño máis de nós mesmas e de esas situacións que se suceden un día sí e outro tamén en calquera vida de nai.


    Seguro que che soan estas imaxes e que te volviches a rir ou sorrir alomenos véndoas. Hoxe che traio á persoa que está detrás da pantalla, de este humor de nai, a ilustradora Silvia Sáez. Na súa web se...

Todo o que xuraches non facer cando foras nai… e algunha propina

Eu nunca… Que non, que se teño fillos non van… Chisst!!!! Mellor quedar caladiñas e paralizar o cerebro en eses momentos nos que soltas esas perlas ao ver outras familias. Que non tes nin idea do que vas acabar facendo cando te pases as noites en vela, cando os peques choren coma tolos ou cando esteas desesperada porque non hai forma de que proben nin un pouquiño de comida sólida… Todos eses “EU NUNCA” que rompimos desde que somos nais (e máis de un pai).


Que non que non, que eu non… Énchesenos a boca de ideas, propósitos incumpribles e cursos de educación acelerada cando non temos fillos (a todos/as non, pero á maioría, non o imos negar, sí). Son moi pouquiños os que...

Sobrevivir á volta ao cole cun sorriso (aínda que sexa finxido)

O forro dos libros, as cintas para colgar a roupa, as pinturas desa marca, os abrigos marcados… Conseguirás sobrevivir á volta ao cole sen cortar as venas co cuter? Se noes les ata che apetecerá tomarte unhas cañitas para celebralo.


A roupa marcada, os libros forrados, os rotuladores marcados un a un, a plastilina de cor verde, só verde, non sexa que se repita dúas veces unha cor e acabemos montando un Belén coas manualidades en pleno setembro, o mandilón que...
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.