Palabra de mamá do revés

Hoxe cóntoche a miña promesa ao peque do revés para protexer o noso planeta e che falo da iniciativa teloprometo.org. Porque estou convencida de que as pequenas accións de moitas persoas en todo o planeta son as que poden cambiar o mundo.


En estas últimas semanas, ao peque do revés deulle polos libros sobre a natureza: a selva, os golfiños, etc. Así que tiña a excusa perfecta para abordar un tema que ninguén pode obviar: o noso planeta e a nosa...

A vida do revés non é tan diferente

Como hai ponte, creo que é un momentazo para tomarnos unha caña ou un viño xunt@s. Xa sabes que invito eu. Hoxe traio un pouco de vida, da miña vida e unha reflexión verbeneira, de unha impaciente reconvertida en paciente forzosa, de unha nai que tivo que reinventarse e que descubriu que as mellores leccións saen dos peores momentos.


Levamos xa case seis meses en esta fermosa aventura do revés e unhas cantas semanas tomándonos cañas/viños xuntas así que tomei unha decisión, é o momento de sincerarnos. Se non te ves con ánimos, tranquila, xa o vou facendo...

A casiña do avó Tomás (unha historia sobre a morte)

Achégase a noite de defuntos e, ademáis das festas e celebracións de Halloween e Samaín chega para moitas familias o momento de lembrar aos que xa non están. Hoxe, a nosa colaboradora Paula Verde nos trae unha foto espectacular e un relato sobre a morte e como podemos abordar este tema cos nosos fillos. Non esquezas que, a maioría das veces, se o fixeches ben, eles/as acabarán entendéndoo e asimilándoo mellor ca ti.


Cando morreu o meu pai, hai pouco máis de un ano, decidín non contarlle inmediatamente ao meu fillo Martín o que sucedera, entre outras cousas, porque é un neno moi especial que necesita atopar a súa lóxica a todo...

Precísanse valentes

Que é a valentía e para que nos serve? Valentía non é darse de golpes co compañeiro do lado, valentía é inspiración, pasión, acción… E iso sí pode axudar e moito aos nosos fillos e fillas a desenvolver un futuro completo e feliz. Precísanse valentes, razón: aquí. Colaboración valerosa de Noemí Bellas, de Líbolis.


Hai uns días publicaban este artígo no diario “El país” cuxo título era Es que ya nadie va a ilusionarse?. Un artigo que reivindicaba entusiasmo nun momento no que moita xente se sinte desesperada e impotente. E vos preguntaredes Para que entusiasmarse...

Unha de pantasmas II

Segunda parte da nosa selección de propostas de ocio e educativas para Samaín/Halloween. Conciliación, diversión e moita festa nas citas que temos seleccionado para a finde máis terrorífica.


Estaba claro que volveríamos á carga con este tema. Era imposible non facelo. A oferta de actividades, minicampamentos, festas e propostas variadas para a ponte de Samaín/Halloween/Todos os Santos multiplícase e sabemos que andades como tolas/os buscando as máis...

Todo o que xuraches non facer cando foras nai… e algunha propina

Eu nunca… Que non, que se teño fillos non van… Chisst!!!! Mellor quedar caladiñas e paralizar o cerebro en eses momentos nos que soltas esas perlas ao ver outras familias. Que non tes nin idea do que vas acabar facendo cando te pases as noites en vela, cando os peques choren coma tolos ou cando esteas desesperada porque non hai forma de que proben nin un pouquiño de comida sólida… Todos eses “EU NUNCA” que rompimos desde que somos nais (e máis de un pai).


Que non que non, que eu non… Énchesenos a boca de ideas, propósitos incumpribles e cursos de educación acelerada cando non temos fillos (a todos/as non, pero á maioría, non o imos negar, sí). Son moi pouquiños os que...

Xoguetes para un mundo mellor

Máis novidades para que non vos perdades nada do que pasa na cidade. Novo rinconcito para visitar na Coruña, a primeira xoguetería ecolóxica herculina abriu as súas portas este mes en Zalaeta e nos achegamos a coñecela.


Lucas é un maquinista que vive xunto á súa locomotora Emma na illa de Lummerland, un lugar marabilloso no que ninguén discrimina aos demáis pola súa cor ou ideas e no que un bo día aterriza Jim Boton, un...

Diversión en inglés

Novo local educativo en A Coruña!! Talleres creativos, cuentos e cancións en inglés… Todo iso e moito máis en Tinytown, un espazo educativo situado en Catro Camiños, xunto á praza da Cubela. Diversión en inglés asegurada.


Encantada de presentarche un novo local para nenos e nenas na Coruña. Tinytown leva menos de un mes aberto en Catro Camiños e xa é un pequeño éxito. Un espazo educativo que ofrece de luns a venres talleres e...

Queres aprender emocionándote?

As emocións sempre tan presentes, nos guían pola vida desde pequeniños e, sen embargo, seguen sendo as grandes esquecidas na nosa educación. Tranqui, nunca é tarde para aprender e desfrutar, aquí chega a II Edición do Foro Emociona!


“Necesito una sonrisa o una moneda” con ese cartel soe darme os bos días ou as boas tardes un home que regala sorrisos sentado no chan e tratando de sobrevivir no centro da Coruña. Non teño idea de cantas...

Manifesto para o meu fillo

Un manifesto para o meu fillo e, xa de paso, para todos os nenos #DelRevés #DoRevés, porque todos os esforzos son poucos para loitar contra os estereotipos e a presión social. Todos e todas necesitamos de todos os argumentos dos que nos poidamos armar para educar na igualdade real.


Este domingo, día 11 de outubroe se celebraba o Día Internacional da Nena. Triste, moi moi triste, tristísimo que se teña que dedicar un día a quen supón máis da metade de un todo. Somos #DelRevés, son #DoRevés #Delrevés...

Xoguetes para soñar

En O Mundo ao Revés querémosche contar as novidades diferentes, orixinais e #DelRevés #DoRevés en locais e servizos para os teus peques, auténticos imprescindibles! Por iso te imos presentando novas empresas que abren na cidade. Hoxe tócalle o turno á xoguetería Hola Caracola, un sitio para perderse buceando entre cores e texturas que invitan a soñar.


Empezaría por dicirche que vaias a Hola Caracola pero, hai un pequeno problema: ¡Vaiche gustar todo! É unha de esas xogueterías que che axudan a recuperar o placer dos xoguetes de toda a vida absolutamente reinventados e revisitados polas...

Vémonos na biblio

Desde antes de gatexar, desde antes de que empecen a falar, mesmo desde antes de que sexan capaces de suxeitar o libro eles soíños, os peques deben devorar libros, contos, historias. É a única forma de que sexan seres ávidos de aprendizaxe e descubrimento. Volve a programación de animación á lectura das Bibliotecas Municipais!!


Avisadiñ@s quedades… Gardade esta entrada nos vosos favoritos/marcadores ou vos arrepentiredes! Desde que estaba embarazada da miña primeira filla tiven poucas cousas claras, pero unha delas foi que os libros e a música debían ser unha parte fundamental da vida...
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.