Non precisan a túa admiración

Non admiro aos pais que coidan aos seus fillos: aos que renuncian a unha “pachanga” de fútbol porque o seu peque ten un virus e a súa muller ten a axenda completa, nin sequera aos que reducen o seu horario para quedar na casa. Non necesitan a miña admiración nin un meme en redes sociais. Necesitan deixar de ser un exemplo para formar parte da normalidade.


Teño que levarlle a contraria a media humanidade nun día como o de hoxe, pero alguén ten que facelo. Non te admiro, cariño, bueno, nin a ti nin a un millón de pais máis dos que fala hoxe toooodooo...

Tan só un mal día

Días grises, rosas, azuis, de todas as cores e todos hai que vivilos con todas as súas horas, aquelas nas que te sintes fatal e esas outras nas que consegues recuperar e asomar a cabeza fóra do burato que fixeches cos teus propios berridos. Menos mal que eles sempre están aí para botarnos unha corda e axudarnos a sair.


Hai días e días, malos, bos, regulares. Días con distintas cores, como dicía Holly Golightly en “Almorzo con diamantes”, días nos que quererías coller unha caixa de acuarelas e cambiar ese tono gris escuro que ves que se che...

Balance do primeiro ano do revés ou 2015 GRAZAS

Amor, ilusión, traballo, horas roubadas ao sono, carreiras de un lado a outro… Como resumir o meu primeiro ano do revés cando aínda non cumprimos ni un ano? Pois con un enorme GRAZAS e unha promesa, en 2016 seremos mellores, cambiaremos sempre para mellorar e poremos aínda máis ilusión e esforzo en todo para ti por ser ti 🙂


Canto amor cabe en un ano? Canta ilusión? Canto traballo? Canta vertixe? Cantos encontros, camiños que se cruzan ou que avanzan paralelos? Remata o ano en que naceu este proxecto cando o proxecto aínda non acadou nin os 8...
El zoo de Antón, de Juan Berrio

El zoo de Antón ou de como o comic volve a ser para peques

Seguimos con estreas! Preséntovos a Sira González. É posible que algúns xa a coñezades de ver a súa cara metidiña entre libros. Sira é bibliotecaria e nai, o cóctel perfecto para se converter na nova colaboradora que nos descubrirá cada mes novas xoias, libros de todo tipo, para peques, pero que tamén nos sorprenden aos maiores.


Existe a idea de que os cómics son para nenas e nenos. Moitos de nós liamos tebeos cando eramos pequenos, lecturas que abandoamos na nosa etapa adulta. Pero a realidade editorial é outra ben distinta: o cómic que se...

Dispara co corazón

Empezamos a semana con unha nova colaboración na web. A partir de agora atoparás de cando en vez algunha foto súa na web, así que decidin presentarcha para que a coñezas un pouco mellor a ela e ao seu fantástico traballo como fotógrafa familiar: Diana Fajardo.


En estes últimos meses estiven formándome no mundo da fotografía. Un campo marabilloso, pero moi moi amplo no que fixen os meus pinitos e terei que seguir avanzando. Cursos online, talleres presenciais, apúntome a todo! En un de eles...

A vida do revés non é tan diferente

Como hai ponte, creo que é un momentazo para tomarnos unha caña ou un viño xunt@s. Xa sabes que invito eu. Hoxe traio un pouco de vida, da miña vida e unha reflexión verbeneira, de unha impaciente reconvertida en paciente forzosa, de unha nai que tivo que reinventarse e que descubriu que as mellores leccións saen dos peores momentos.


Levamos xa case seis meses en esta fermosa aventura do revés e unhas cantas semanas tomándonos cañas/viños xuntas así que tomei unha decisión, é o momento de sincerarnos. Se non te ves con ánimos, tranquila, xa o vou facendo...

Precísanse valentes

Que é a valentía e para que nos serve? Valentía non é darse de golpes co compañeiro do lado, valentía é inspiración, pasión, acción… E iso sí pode axudar e moito aos nosos fillos e fillas a desenvolver un futuro completo e feliz. Precísanse valentes, razón: aquí. Colaboración valerosa de Noemí Bellas, de Líbolis.


Hai uns días publicaban este artígo no diario “El país” cuxo título era Es que ya nadie va a ilusionarse?. Un artigo que reivindicaba entusiasmo nun momento no que moita xente se sinte desesperada e impotente. E vos preguntaredes Para que entusiasmarse...

Diccionario urxente para mamás-papás novatos

Palabros que che sonaban a xaponés, árabe ou calquera idioma que descoñezas, pero que agora oes por todos lados. Todas esas palabrexas raras sen as que podías vivir moi felizmente ata hai nada e agora que tes un bebé ou estás a piques de telo te machacan os oídos cada tres días. O noso diccionario básico para mamás-papás novatos.


Hai pouquiño houbo un pequeno baby boom na miña pandilla na que a grande maioría xa tiñamos vástagos de idades variadas. En máis de unha quedada, os papás experimentados se dedicaban a bromear cos futuros papis lanzando continuamente “palabros”...

Este non é outro post sobre disfraces de Halloween

Faltan tres días e xa chega o momento d@s rezagad@s. Estas semanas vin blogs que compartían máis fotos e ideas de disfraces dos que ningún ser vivo podería facerse ao longo de toda a súa vida así que, non! Eu planteime, eu non farei un post con propostas de manualidades e disfraces de Halloween/Samaín. Se queres un, asegúroche que non terás dificultades para atopalo.


Síntoo, pero se segues buscando o disfraz de Halloween/Samaín perfecto que poidas facer en 10 minutos e que che saia por 5 euros viñeches ao lugar equivocado. É así, eu tamén estiven na túa pel e intenteino con moitas...

Todo o que xuraches non facer cando foras nai… e algunha propina

Eu nunca… Que non, que se teño fillos non van… Chisst!!!! Mellor quedar caladiñas e paralizar o cerebro en eses momentos nos que soltas esas perlas ao ver outras familias. Que non tes nin idea do que vas acabar facendo cando te pases as noites en vela, cando os peques choren coma tolos ou cando esteas desesperada porque non hai forma de que proben nin un pouquiño de comida sólida… Todos eses “EU NUNCA” que rompimos desde que somos nais (e máis de un pai).


Que non que non, que eu non… Énchesenos a boca de ideas, propósitos incumpribles e cursos de educación acelerada cando non temos fillos (a todos/as non, pero á maioría, non o imos negar, sí). Son moi pouquiños os que...

Manifesto para o meu fillo

Un manifesto para o meu fillo e, xa de paso, para todos os nenos #DelRevés #DoRevés, porque todos os esforzos son poucos para loitar contra os estereotipos e a presión social. Todos e todas necesitamos de todos os argumentos dos que nos poidamos armar para educar na igualdade real.


Este domingo, día 11 de outubroe se celebraba o Día Internacional da Nena. Triste, moi moi triste, tristísimo que se teña que dedicar un día a quen supón máis da metade de un todo. Somos #DelRevés, son #DoRevés #Delrevés...

Son unha nai sen instinto maternal

Unha nai sen instinto maternal, triste, pero certo. Aínda que, quizáis é que o instinto maternal está sobrevalorado ou simplesmente hai que redefinilo. Alguén na sala que me preste un pouco? Aquí chegan as miñas reflexións do revés acompañadas de caña, viño ou o que che apeteza tomar. Invito eu, é a miña festa ao fin e ao cabo.


Definitivamente, creo que nunca souben moi ben que é iso do instinto maternal. Así o solto, porque non hai mellor forma de tratar este asunto. Non vexo sentido a andarme con panos quentes e ademais estamos tomándonos unha caña,...
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.