Supersinglemami, humor de nai

11 / 11 / 2015 |

A estas alturas xa te terás rido máis de unha vez con algunha das súas ilustracións sobre a maternidade. Silvia Sáez é a persoa que está detrás de Supersinglemami, unha ilustradora que conseguiu co seu traballo que nos ríamos un pouquiño máis de nós mesmas e de esas situacións que se suceden un día sí e outro tamén en calquera vida de nai.

Viñeta de Supersinglemami, optimismo de madre

Viñeta de Supersinglemami

 

 

Seguro que che soan estas imaxes e que te volviches a rir ou sorrir alomenos véndoas. Hoxe che traio á persoa que está detrás da pantalla, de este humor de nai, a ilustradora Silvia Sáez. Na súa web se autodefine así: “nai, ilustradora e freelance. Teño máis bolsas nos ollos que un mapache e hai tempo que non teño tempo, pero seguir sorrindo é o meu único lema 🙂

SUPERSINGLEMAMI nace coa necesidade terapéutica de rirme de min mesma na ás veces difícil tarefa de ser nai solteira e freelance”.

Hoxe coñecerala un pouco mellor.

Supersinglemami, Silvia Sáez

Quen é supersinglemami? Como xurde a idea?

Un día falando con outra nai fababamos da importancia de atopar mamás na túa mesma situación cando es nai solteira, é normal sentirse soa  e un pouco bicho raro. Aí empezou unha idea de blog para “singlemamis”, ese blog que empezou con un concepto algo diferente acabou convertíndose no que é agora Supersinglemami. A forza de ver que realmente todas as nais, solteiras, casadas, divorciadas, separadas, viúvas, non importa a situación, todas pasamos por situacións que son moi similares, todas algunha vez nos sentimos bichos raros, todas nos sentimos soas na maternidade ás veces, todas cometemos erros, todas temos momentos moi graciosos en medio de ese caos e todas necesitamos atopar mamis na nosa mesma situación (sexa a que sexa) para non sentirnos tan “extrañas”… Dá igual a etiqueta que poñas, a todas ser nai nos pon en situacións moi graciosas, no embarazo, co bebé, e despois na educación…. E de iso fala Supersinglemami de esas situacións graciosas que nos unen a todas…

Despois de unha exitosa campaña de crowdfunding o teu libro verá a luz, cando e como? Adiántanos algo, por favor!

A verdade é que a campaña foi unha experiencia xenial, a resposta foi emocionante e estou moi agradecida a todas esas mamás (e algún papá con ganas de rir) que me apoiaron en este camiño.  Mensaxes que agradezo moitísimo, gústame coñecer as historias das mamis que coñezo no mundo virtual, gústame moitísimo cando alguén simplemente me escribe …

O libro nacerá en 2016, aínda non podemos dar data porque xunto coa editorial Libros.com aínda nos queda traballo por facer, ordear contido, editar, correxir, probas de imprenta é o traballo que vén despois da fin da Campaña, pero irei actualizando a información do proceso en redes, para pronto poder dar algunha data algo máis concreta.

O teu proxecto está tendo moito éxito en redes sociais, as túas ilustracións son compartidas xa por milleiros de persoas. A chave para ser mamá e non morrer no intento está no humor ou no amor?

Combinar ambas creo que é a mellor opción. O descontrol que vén coa maternidade é unha fonte inesgotable de situacións graciosas. A mín persoalmente verme desde o humor axúdame moito a quitar importancia á presión que moitas veces nos poñemos no papel de nai, o sentimento de culpa, de non estar facéndoo ben.

Cremos perfectamente que te inspiras en feitos reais (por aquí vivimos varias das cousas que recreas nos teus dibus) pero, as seguidoras te aportan ideas coas súas anécdotas?? Hai algunha que te sorprendera especialmente?

A verdade é que falo da miña experiencia persoal, do que me contan algunhas mamis, pero normalmente as experiencias se parecen, vestimos diferentes circunstancias pero a esencia é a mesma… Creo que todas poderíamos escribir un libro con situacións de este tipo…

Supersinglemami, viñeta de humor maternal

As malasmadres, supersinglemami, o fenómeno mamá bloggera…camiñamos cara o apocalipse da nai tradicional? 😉 

Rotundamente si, todas reivindicamos o mesmo ” ¡¡Señores/as, non somos perfectas!!! De feito non paramos de equivocarnos, de solucionar ao vo situacións como mellor podemos, de aceptar que a maternidade te fai esquecerte de ti por falta de tempo, que ser esa Supersinglemami  é un ideal inalcanzable porque todas necesitamos axuda (tamén as solteiras), e que a mellor maneira de aceptar iso é a través  do humor e sobre todo compartíndoo con outras nais, sobre todo as primeirizas, en ese primeiro momento de dúbidas é cando máis necesitas que che lembren que o ideal non existe.

Pódese vivir do humor e os dibus?

Eu non vivo de elo,  teño que traballar para poder pagar as miñas facturas, son ilustradora e gráfica e trabajo niso para poder con todo, ás veces sen axuda é complicado, por iso recurrín ao crowdfunding para publicar o libro. Supersinglemami é un proxecto que me dá moitas cousas pero a súa retribución non é cuantificable, alomenos polo momento 🙂

Pois desde aquí, esperamos que este estupendo proxecto lle siga dando moitas alegrías a Silvia porque, o que é a nós xa nolas deu a través de sorrisos cómplices.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Non quero ser perfecta… cóntocho tomando unha caña

Ola, hai alguén aí? Inauguro hoxe esta sección que me deu por chamar, MadreJefa DelRevés ao aparato, tamén coñecida como “Tómate algo, que eu invito”. Tomamos un viño, cañita ou o que queiras para dar renda solta a todo o que me ronda pola cabeza e o corazón e, de paso, compartir experiencias, sentimentos, moitas risas e o que se tercie. Empezo confesando que non son perfecta e sobrevivo malia todo 😉 Chin chin

Receita contra o blue monday

Sabes por que se considera que hoxe é o día máis triste do ano? Cóntocho e douche o meu antídoto. Asegúroche que ten case case a mesma base científica que a fórmula que marcou este luns como un “blue day”. Porquesabes que calquera día é bo para ser feliz, que temos a obriga e a responsabilidade de tratar de ser felices todos e cada un dos días das nosas vidas.

Historia da princesa que quería ser Spiderman

Orgullosa de los panties de Spiderman que le he comprado a la peque del revés, un paso más en la apertura de miras, pero cuánto nos queda por hacer… ¿Cuánto exactamente? Porque hay que ponerse manos a la obra. Porque hay princesas que quieren ser Spiderman y hay súper héroes que necesitan vestirse de tules rosas. ¿Quiénes somos ninguno de nosotros para negárselo? ¿Quiénes somos para decidir por los que tienen que abrir nuevos caminos?

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.