Socorro, meu peque ten unha perrencha!

26 / 8 / 2015 |

Unha, dúas, tres e centos. Entre os dous anos e os cinco a inmensa maioría dos peques teñen perrenchas. Por que xurden?, como podemos xestionalas?, que podemos facer para tratar de evitalas? La psicóloga Verónica Rey de In&Out Psicología danos a súa visión profesional. Non a perdades ou vos arrepentiredes a próxima vez que vos enfrentedes a unha situación así!!! Avisad@s quedades.

As perrenchas (rabietas) forman parte do desenvolvemento normal dun neno pero… Que facer ante elas?, Cales son os límites?, Desaparecerán algún día? . Éstas son algunhas das cuestións que soen preguntar moitos pais cando pasan pola consulta.

As perrenchas son condutas que forman parte dunha fase do desenvolvemento normal dun neno; Polo xeral comezan a darse a partir do primeiro ano e empezan a facerse máis frecuentes no segundo ano de vida. Sobre os catro anos eses berrinches tenden a diminuír, en frecuencia e duración, a medida que o neno vai incorporando a linguaxe.

Unha perrencha é unha forma inmadura de expresar un enfado, é a forma que teñen os peques de comunicar a súa frustración. Os nenos non teñen a capacidade de expresar a través da linguaxe as súas emocións e fanno a través da conducta. A estas idades empezan a definir a súa persoa, o neno vai adquirindo conciencia de sí mesmo, comezan a fortalecer a súa individualidade e a comprender que son seres diferenciados dos seus pais. Irán manifestando a necesidade de tomar as súas propias decisións , aparecendo aquí tamén a etapa do “non”.

Probablemente, en varias ocasións, os peques puxeron a proba a vosa paciencia e aínda que isto non sexa de consolo para os pais, non se debe perder de vista que esta etapa é absolutamente necesaria e positiva dentro do desenvolvemento do neno. Se os nenos non mostraron ningunha rabieta antes dos catro anos, entón, sí me podería preocupar.

Unha perrencha é unha forma inmadura de expresar un enfado, é a forma que teñen os peques de comunicar a súa frustración

Nesta etapa, será necesario manter un equilibrio entre respectar a súa autonomía, deixar que tome as súas propias decisións, e non consentir nin acceder a todas as súas esixencias.

COMO ACTUAR ANTE UNHA PERRENCHA?

Existen diferentes motivos polos que se pode producir unha rabieta, para poder actuar eficazmente é importante recoñecelos.

As perrenchas poden producirse por fame, sono ou cansancio. Neste caso, se sospeitas disto, a solución é proporcionarlle ao peque o que necesita.

Tamén se poden dar por frustración con eles mesmos, cando non consiguen abordar unha determinada tarefa ( acabar un xogo da play ou unha tarefa escolar por exemplo) ou cando non se sinten entendidos polos pais. Nestes casos, o teu fillo necesita uns pais que o escoiten. Expresarle cariño, apoio e comprensión é determinante: Pódoche axudar en algo? “Sei que é difícil pero, a próxima vez mellorarás “. Eloxialo por non darse por vencido ante a tarefa e facer que o neno se centre no que se lle dá ben é moi importante.

Os nenos poden ter perrenchas para esixir algo, tal vez queiran ese xeado de chocolate, saír á rúa cando non se pode porque chove ou abrir os armarios para coller toda a roupa de mamá. Neste tipo de moemntos pode ser que ao teu fillo se lle dea por golpear, gritar, conter a respiración …mentres que o teu fillo non teña un comportamento destrutivo podes deixalo tranquilo. Tratar de desviar a súa atención cara algunha outra cousa pode resultar efectivo.

Cando sinten frustración é moi importante expresarlles cariño, apoio e comprensión

É moi importante manter a calma e ter presente sempre que as rabietas non se producen por fastidiar. Non hai que berrarlle e moito menos pegarlle un azote, despois de pegar ao noso fillo acabamos con calquera outro recurso de educación, negociación ou aprendizaxe. É importante manter unha posición firme dando exemplo sempre do noso autocontrol.

Unha vez comezada a rabieta, non hai que ceder ás demandas dos fillos, canto máis longa sexa a rabieta, máis importante será non ceder. En caso contrario, se perdemos a paciencia e complacemos ao neno, aprenderá que esa é a forma de conseguir o que desexa e será moito máis difícil eliminalas.

É moi importante manter a calma e ter presente sempre que as perrenchas non se producen por fastidiar

Non trates de razoar co teu fillo nestes momentos pero sí é necesario poñerlle nome aos seus sentimentos: ” Estás enfadado porque che gustaría saír á rúa e está chovendo, cando se che pase o enfado vén e che dou unha aperta”,” Deixareite só ata que te calmes, cando esteas calmado falamos se che apetece”.

O contacto físico calma aos nenos, se non lle apetece que o abraces non o fagas pero, se cho permite, abrázao para axudarlle a autorregularse.

Se as perrenchas continúan o mellor é ignoralos por completo, ( extinción), retirarlles a atención e deixalos que desafoguen. Non hai que ameazar ao neno, simplemente hai que deixar que se calme só sen perdelo de vista. Non é necesario que se quede só mentres se calma, o que pretendemos é ensinar ao peque que as súas rabietas non dan resultado e que hai outras formas de xestionar e manifestar o seu enfado pero que nós imos estar sempre aí.

Algunhas veces, as perrenchas son demasiado agresivas, reaccións esaxeradas e desproporcionadas, aquí é cando o teu fillo che pide, a berros, uns límites. Algúns exemplos destes casos son:

* O teu fillo pégache.
* O teu fillo chora ou berra durante tanto tempo que perdes a paciencia e te sintes desbordada.
* O neno ten unha rabieta nun lugar público, tal como un restaurante .
* O teu hijo tírache algún obxecto ou causa danos materiales durante a perrencha.

É importante suxeitar ao neno cando pode causar danos ou lastimarse. Se está molestando nun lugar público, apartarémolo a un lugar máis relaxado sen ameazarlle nin dicirlle nada ata que se tranquilice. Vivir con normalidade o comportamento do teu fillo fará que non perdas os nervios.

Se vai romper algo, retira o obxecto do seu alcance con tranquilidade e se pola súa seguridade é necesario contelo físicamente, faino con firmeza e afecto. Algúns nenos non queren ser consolados, é importante collelo en brazos só se serve de algo.

Cando se vaia tranquilizando non se lle debe nin berrar nin castigar, é importante eloxiar aos fillos cando se van controlando, cando amosa o seu enfado con palabras e está disposto a cooperar.

COMO PODEMOS EVITAR UNHA RABIETA?

Manter a calma, falar con tranquilidade e escoitalo.

Axudar aos nenos a que expresen os seus desexos dándolles a capacidade de elexir, ofrecéndolles alternativas. Que prefires ir ao parque ou á praia?, Queres verduras ou peixe?

Ser flexibles, ponte no seu lugar, sé comprensiva e non lle esixas que se comporte como un adulto.

Os adultos, ao igual que os nenos, non temos unha personalidad estática no tempo. Nin temos sempre uns días xeniais nin ao contrario. Ás veces es máis bromista, outras máis serio, ante determinadas situacións enfádaste con máis facilidadr…Tras unha perrencha, é moi importante NON ETIQUETAR ao neno ” É un caprichoso”, “Sempre quere facer o que lle dá a gana”. Clasificar aos nenos polos seus erros, pode facer que acaben adquirindo os papeis que lles asignamos.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

De que falamos cando falamos de inclusión?

Aquí os dejamos nuestra primera colaboración con el proyecto Gestionando Hijos que, a pesar del nombre poco afortunado, es un encuentro entre madres, padres y educadores bien bonito que se celebra este sábado en Barcelona.

Escolarización de niños con necesidades específicas de atenciçon educativa, buscar colegio para un hijo con NEAE

A túa filla non vai estar ben atendida aquí

O prometido é débeda así que vo traio o segundo post sobre escolarización do revés. Que fago se o meu fillo/a empeza o cole e necesita de apoios educativos? Que debo primar? Cal é o proceso a seguir? Non teño solucións máxicas, só a miña experiencia e investigación. Espero poder axudarche.

Métanse nos seus asuntos

Xa había tempo que non nos tomabamos algo xunt@s!! Veña, invito eu a MadreJefa #DelRevés #DoRevés e rompo o xeo coas miñas confesións. Seguro que che pasou máis de unha vez o que che conto… Esa señora do asiento do lado que predi que vas ter un neno pola forma da túa barriga ou o avó que che dá leccións maxistrais sobre como debes atender ou educar ao teu peque. Métanse nos seus asuntos, por favor!!

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.