Revolucionemos o mundo…Aburrámonos!

12 / 8 / 2015 |

Quen dixo que aburrirse non mola? Cando somos moi pequenos non sabemos nin o que é esa palabra pero despois... O aburrimento revoluciona o mundo, cámbiao, mellóraa... Non toleamos, de verdade

O aburrimento pode ser revolucionario… Revolucionemos o mundo… aburrámonos!!!! Porque todos os que tedes fillos maiores de 4 anos aproximadamente seguramente estaredes cansados de oír día sí e tarde tamén (moito máis agora en veran) aquelo de “aburromeee”. Os pais do século XX soían respondernos con algo do tipo de “pois xoga, que tes moitos xoguetes” ou “sal á rúa”. Os pais do século XXI temos un abanico de respostas máis amplo que pode incluír, en moitos casos, unha búsqueda desesperada de actividades que pase por pinterest, unha tablet, ou unha planificación de excursións con actividades variadas…

Hoxe tráiovos esta proposta innovadora e revolucionaria: que se aburran, que pasen por esa experiencia para descubrir novos mundos. Non toleamos, só somos un pouco #DelReves #DoReves, pero, xa sabedes que non somos especialistas en nada, e si aprendices de todo, imos informándonos, estudando, escoitando e a estas alturas témolo moi claro: aburrirse pode ser algo moi positivo e é, en calquera caso, unha experiencia pola que deben pasar todos os nenos.

Cando dicimos aburrirse, non nos referimos a que ignoredes aos vosos fillos, por suposto, nin a que non planifiquedes nada con eles. Non se trata diso, senón de permitir que, de vez en cando, se enfrenten a espazos de tempo non estruturados, a que se esquezan desas axendas nas que hoxe hai pintura, mañá inglés, o sábado tenis e o domingo imos comer coa familia. Enfrentarse ás horas mortas pode ser un reto brutal para eles e é, sen lugar a dúbidas, o caldo de cultivo idóneo para aprender. Para que eles aprendan sobre sí mesmos, o seu corpo, o seu entorno, para que reflexionen (sí, seguimos sen estar tolas, un peque de 4 anos reflexiona, e moito), para que inventen novas formas de divertirse ou, incluso, para que descubran a súa auténtica paixón nesta vida. É neses momentos cando pintan no primeiro papel que atopan, constrúen un xilófono cuns paos ou chegan ás súas propias conclusións sobre as leis da física.

O aburrimento é un bo caldo de cultivo para descubrir a túa auténtica paixón

Se lembrades o proxecto Imagine Elephants, sobre a importancia do xogo libre do que xa vos falamos hai unhas semanas, ataredes cabos. Tempo libre, espazo, paixón… o xogo libre, sen entornos estruturados e sen indicaciones é un elemento fundamental na vida e na construción da personalidade de calquera ser humano. A auténtica creatividade necesita aire para respirar!!

Nunca te inventaches un xogo absurdo que ninguén máis entendía e co que desfrutabas horas e horas? Non transformaches os xeles e champús do baño dos teus avós en fórmulas químicas insospeitadas? Non vendiches pedras que atopabas no  parque? Nin as usaches como ingrediente nunha receta que acabas de inventarte?

Déixalles enfrentarse a eses ratiños animándoos a explorar o mundo que os rodea e a experimentar. Se estades na casa, prepara o entorno para que atopen cousas que non sexan perigosas coas que xogar ou inventar. Se estades fóra, simplemente, anímaos a transformarse neses auténticos exploradores (a pequena ou gran escala) que todo neno ou nena leva no seu interior. As ideas xeniais sempre nos chegan neses ratiños de ocio e desconexión, lémbrao.

Que los niños se aburran para explorar. Foto de Paula Verde

Foto de Paula Verde Francisco

Pensa un segundo, cando es moi pequeno (menos de 4 anos, máis ou menos) nin sabes o que é o término “aburrimento”, todo che parece tan novo, hai tanto que descubrir. Non podemos perder ese impulso, esas ganas de investigar e planificándoo todo, estructurándoo todo estamos coartando, sen pretendelo, esas ansias.

Nancy H Blakey, é nai, educadora e autora de cinco libros sobre creatividade nos peques. Anótate estas frases para inspirarte neses momentos de “aburrimento” infantil:  prevé o tempo gastado en televisión e actividades organizadas e déixaos en cambio gastalo en apelar á súa imaxinación. Se unha cousa non pode ser imaxinada primeiro (unha tarta, unha relación, unha cura para a SIDA…), non poderá existir. A vida está unida ao que podemos imaxinar. Non podo sementar a imaxinación nos meus fillos. Podo, sen embargo, proveelos dun entrono onde a súa creatividade non signifique outro desastre que limpar senón a evidencia dunha exitosa loita contra o aburrimento. É posible que o aburrimento nos entregue a mellor parte de nós mesmos, a que desexa o risco, a iluminación e a beleza indescriptible. Se nos quedamos sentados quietos o tempo suficiente, poderemos oír a chamada escondida detrás do aburrimento. Con práctica, poderemos ter a imaxinación suficiente para saír do baleiro e contestar.”

E, xa de paso, aplícate o conto, o veran é o momento idóneo para apagar o despertador, buscar as musarañas que andan perdidas por algún rincón do teu salón, ou aproveitar ese ratiño de “trasnoite” veraniego para mirar ao mar ou simplemente darlle ao botón de off e non nos referimos a que te plantes diante da pantalla da tele ou o smartphone, non. Repetimos, dalle ao botón de “off” só 10 minutos, a túa  cabeciña o agradecerá.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Xogar é demasiado serio para tomalo a broma

Como e canto xogamos, con que podemos xogar… e algunha sorpresa máis. Tráioche hoxe unha pequena análise do informe sobre o xogo realizado por Ikea e a miña aportación en Instagram. Como mínimo, para reflexionar.

Unha casa na que cabemos todos

E se unha galiña se comese a un caracol? Que pasa se che digo que as mozas xa non queren ser princesas, que Picasso tamén tiña fallos ou que a vida está chea de cores, tonos e calidades diferentes? Pois pasa que entras en La casa de Carlota e xa non queres sair. Preséntoche este proxecto que me roubou o corazón, un estudo de deseño único no mundo e xenialmente diferente.

Por un mundo cheo de pais reais

Destrúamos os mitos antes de que acaben de construírse. Imos falar de pais reais, cos seus máis e os seus menos, coa súa corresponsabilidade, o seu amor, o seu esforzo, as súas noites sen durmir, as súas debilidades, as súas bolsas non ollos, o seu cansancio, as súas cóxegas e a súa maneira única de estar no mundo. Permitámoslles ser humanos para poder ser o pai que todo/a fillo/a necesita.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.