Zona:

Everything English Center

Centro de inglés con actividades para distintas idades. Desde os 6 meses, propoñen distintas posibilidades para fomentar a práctica do inglés a todas as idades. Preparan tamén exames oficiais.

Centro de inglés con clases baseadas na gamificación desde “pre-school baby” (idades desde 6 meses a 3 anos) ata adultos, con profesora nativa. Clases de danza e teatro en Inglés. Sesións de liderazgo.

Céntranse na parte comunicativa do idioma, baseando as sesións na práctica da conversación e o reforzo no “think in english”. Se logras pensar en inglés, o falarás con moita máis facilidade, é parte da súa filosofía.
Tamén preparan exames oficiais de Cambridge e Trinity con profesora licenciada en Filoloxía Inglesa, con 20 anos de experiencia en estas clases para todos os niveis.
Ademais, contan con un programa de Inmersión Lingüística adaptable a nenos, mozos e adultos para fins de semana ou vacacións.

Compartir:

Atoparalos aquí

Rúa Garrucha, 6, porto de Santa Cruz, Oleiros
Teléfono 670,936,965

Queres correxir algo deste recurso? Cóntanos

Tamén che pode interesar...

Tech Academy

Academia con actividades extraescolares centradas no mundo da robótica. Desde a máis temper iniciación, con peques de 3 anos, ata a adolescencia. Ofertan campamentos en vacacións escolares.

Educando con Disciplina Positiva Galicia

Formación e talleres de Disciplina Positiva para pais, nais e profesores. Podedes pedir información e cita para que impartan un obradoiro no voso centro educativo, asociación ou familia. Prestan tamén atención individualizada a familias dentro do ámbito da Disciplina Positiva.

Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.