Educando con Disciplina Positiva Galicia

Formación e talleres de Disciplina Positiva para pais, nais e profesores. Podedes pedir información e cita para que impartan un obradoiro no voso centro educativo, asociación ou familia. Prestan tamén atención individualizada a familias dentro do ámbito da Disciplina Positiva.

Obradoiros para nais, pais e profesores nos que se desenvolven as distintas estratexias da Disciplina Positiva. A disciplina positiva ensina a tratar e educar aos teus fillos desde o respecto e a igualdade. Ofrecen ferramentas e o apoio que precises para educar a nenos emocionalmente sanos e aliviar a sensación de frustración que nos invade cando non podemos controlar o comportamento dos nosos fillos.

Ofrecen obradoiros específicos para pais e formadores, de modo que poidas atopar a oferta que máis se adapta ás túas necesidades.

Desenvolven talleres en distintos puntos de Galicia e tamén en outras comunidades autónomas.

É un espacio creado para todas aquelas persoas interesadas en buscar novas formas de educar aos nenos e adolescentes, baixo la filosofía da Disciplina Positiva que plantea unha educación con límites, dignidade e respecto. Buscamos que o neno ou adolescente adquira habilidades para a vida como responsabilidade, cooperación, tolerancia, respecto, solución de problemas e autodisciplina, sen berros nin castigos que, lonxe de educar, humillan e vulneran á persoa.

Compartir:

Atoparalos aquí

C/ Magistrado Manuel Artime, 26
disciplinapositivagalicia@gmail.com
(34) 629 918 218

Na súa páxina web e redes sociais atoparedes actualizacións sobre os seus talleres.

http://disciplinapositivagalicia.com/

Queres correxir algo deste recurso? Cóntanos

Tamén che pode interesar...

Tech Academy

Academia con actividades extraescolares centradas no mundo da robótica. Desde a máis temper iniciación, con peques de 3 anos, ata a adolescencia. Ofertan campamentos en vacacións escolares.

Everything English Center

Zona:

Centro de inglés con actividades para distintas idades. Desde os 6 meses, propoñen distintas posibilidades para fomentar a práctica do inglés a todas as idades. Preparan tamén exames oficiais.

Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.