Rebaixas infantís do revés

12 / 1 / 2016 |

Imos de rebaixas? Tráioche a miña lista de descubrimentos, de tendas con cousas diferentes e rebonitas para os peques. Todas con venta online, unhas pouquiñas son galegas, ademáis. Repásate a lista para ver as que se aproximan máis ao teu estilo.

Pois si, xa están aquí as rebaixas, época de compras, de búsquedas, de descubrimentos. Pero, ademáis de algúns conselliños que xa che din no último post, quería facilitarche o labor con unha lista de tendas que descubrin nos últimos anos.

Como todo fillo de veciño, filla de veciña, desde Carolina de Mónaco á choni máis choni pasando por todas as it girls, por suposto, na casa do revés tamén compramos no imperio de Amancio Ortega, temos algunha cousiña de H&M ou de calquera das grandes firmas de roupa multinacionais que todas/os coñecemos así que me parece absurdo facer un post sobre as rebaixas no que me dedique a lembrarche as bondades de marcas que todas coñecemos.

Así que, dándolle un par de voltas á cabeza, decidin facer unha lista con tendas máis pequenas, firmas de deseño diferente ou marcas que se diferencian pola súa xuventude, a súa innovación ou por seren simplemente do revés. Advirto de que non merquei en moitas de elas  aínda (non podo valorar en todas o servizo de entrega nas que venden online) así que prefiro non valorar directamente ese punto. En todo caso, se tes dúbidas, pregúntame, que che contestarei encantada ao que sexa, sempre que teña algunha referencia que darche.

Espero descubrirche alomenos algún sitio novo no que atopar pequenas marabillas. E, dado que en A Coruña pecharon moitas pequenas tendas (por sorte abriron tamén algunhas e sobreviven outras) nas que podías atopar roupa infantil diferente, cando menos, nos queda o mundo online. Algunhas das que inclúo en este primeiro directorio son galegas, dúas de elas, coruñesas (Love it Sara e Antik New Concept) pero a maioría se atopan a máis de catro ou cinco horas de viaxe pero as estatísticas nos demostran que as nais e pais con pouco tempo cada vez compramos máis online!! Por algo será.

ropainfantil

Perfect DaysChincha RabinchaBonnet à PomponMamis & MinisO MiniZirimola Eco ShopKids MePequeño Rock an Roll

directorio de tiendas de ropa infantil online

LlanaBobo ChosesMouGarabatisseÄlva for kids Umbilical Rocky Horror BabyHulahoop Le Petit Shop Jo Mami

Directorio de tiendas de ropa infantil online

Once Upon a TimeAntïk New Concept –  Love it SaraBambanSipi Nopi Kids

 

Para terminar, non te esquezas de votarme nos premios Madresfera 2015. Estamos nos primeiros postos na categoría de Ocio en Familia. Non che levará máis de un minuto e cho agradecerei eternamente 🙂 Pincha aquí

Premios Madresfera 2015

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Se queres conciliar e emprender temos que falar

O contacto humano, poder sentarte a tomar un café coas túas clientas e charlar é marabilloso. A cercanía, a creatividade e a personalización no trabajo son os distintivos dos servizos de comunicación de Omundoaoreves pero… Que pasa cando non podes quedar e os teus horarios son de tolos/as? Pois que tamén podemos buscar unha solución. Porque sei o que é emprender tratando de conciliar. Porque sei o que é facer malabarismos coas axendas mentres tratas de sacar adiante o teu negocio tráioche as novas opcións de servizos online de Omundoaorevés comunicación.

Seis compras outonais ás que lles sacarás partido

Roupa cómoda, calzado bonito e resistente, zapatillas quentiñas e algo para axudarnos a aplacar o nerviosismo de estes días… As miñas compras para este outono, alomenos algunhas das desexadas que inclúo na miña wishlist. Non perdas a pista a estas marcas e produtos… Seguiremos informando.

Le isto se cres que os teus fillos necesitan vacacións

O/a teu/túa fillo/a está afogando e case nin te decatas. Quizáis che pareza que esaxero pero o descanso, as vacacións son unha necesidad física, psicolóxica e emocional real que todas/os experimentamos e que a estas alturas de curso pesa como unha lousa.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.