Que nervoooos que estamos nominadas!!!

14 / 12 / 2015 |

Xa me estou mirando taconazos, modelito e ensaiando o meu grito tipo Penélope para dirixirme a todas as xentes do revés cando me entreguen algun dos premios. E é que sí, estamos nominadas e necesitamos a túa axuda!!! Vota por nós nos premios Madresfera 2015 e prometo dedicarvos o premio e contarche todos os cotilleos da gala, xa sabes, a chicha de verdade do mundo blogosfera ;)

Hoxe me asomo por aquí só un ratiño e prometo seguir actualizando a agenda durante todo o día! Pero é que a semana pasada nos enteramos de que estabamos nominadas aos Premios Madresfera 2015!!! E non só iso, senón que o estamos en tres categorías distintas: HUMOR, OCIO EN FAMILIA e EDUCACIÓN!!!!!

O primeiro é darvos millóns de grazas por votarnos!!!! Estamos encantadas!! Pero, claro, agora nos quedamos con ganas de seguir adiante, poñernos o modelazo e ir á entrega de premios no Blogger Day, que será o 30 de xaneiro en Madrid. Así que… SI ME QUERÉIS VOTARME!!! Que diría a gran Lola Flores!!!

Nas categorías que vos dea máis rabia, nas que consideredes que destaca esta web, en todas ou só en unha pero queremos irnos de festa, que nos gusta un sarao máis que a un neno un caramelo e prometemos dedicárvolo a todas as seguidoras do revés. Veña, por toda esa xente #doreves que hai no mundo!!!!

Non hai mellor forma de pechar o ano, así que tamén queremos empezar requeteben o 2016. Axúdanos!! É moi doado, non hai ningún requisito, só confirmar o teu correo cando te envíen un correo despois de votarnos.

Tedes de prazo ata o 18 de xaneiro, pero mellor deixádeo feito xa que nas festas nos despistamos tod@s. E xa che pido desculpas por adiantado se no próximo mes cho repito un par de veces, pero é que sei moi ben que tes máis cousas na cabeza 😉

Vólvoche  deixar o link para que nos votes aquí.

Premios Madresfera 2015

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Os nenos do “agora” e “aquí”

Nenos con estrés, os fillos dos “gústame”, as novas xeracións foron “bendecidas” con toda unha serie de comodidades que poñen o mundo nas súas mans. A xeración do “agora” e o “aquí”, unha das mellor “conectadas” da historia, corre o risco de acabar totalemente desconectada do que realmente importa se non paramos o mundo un momento e nos/lles permitimos desfrutar do poder das esperas, do aburrimento e a natureza.

Elexir unha escola infantil

En unha semana termina o prazo para pedir praza nas escuelas da rede A Galiña Azul e é o momento ideal para falar de escolas infantís. NINGUÉN che pode dicir cal debes escoller, cada familia, cada peque é único, así que me limito a informarche e falarchee da miña experiencia, que sempre axuda.

Rebaixas infantís do revés

Imos de rebaixas? Tráioche a miña lista de descubrimentos, de tendas con cousas diferentes e rebonitas para os peques. Todas con venta online, unhas pouquiñas son galegas, ademáis. Repásate a lista para ver as que se aproximan máis ao teu estilo.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.