Imos preparar a túa estratexia de comunicación

31 / 5 / 2016 |

Aviso de spoiler, hoxe volvo con un post profesional, unha de esas cápsulas destinadas a emprededoras/es con ideas e consellos de comunicación. Unha revisión do que publiquei no seu día en La Escuela de Mamá. Imos empezar a estratexia de comunicación polo principio: AS PERSOAS.

Con toda a ilusión do mundo te lanzas ao TEU negocio, é como a túa pequena aventura, estás iniciándote no emprendemento ou levas anos pero non acabas de conseguir os obxectivos que te propuxeches ano tras ano :( A túa estratexia de marketing non acaba de funcionar… Alguén che dixo, hai xa tempo, que tiñas que estar nas redes sociales e alá que te lanzaches, de cabeza. Faltaría máis! Se ti xa tiñas conta en facebook desde hai anos! Isto está chupado! Todo o mundo está en redes sociais e teño un produto estupendo así que “está feito, en tres ou catro meses, lo peto!!” Parémonos un momento e imos preparar a túa estratexia de comunicación.

Porque o certo é que te diches de narices coa cruda realidade, que case case te “cuspiu” á cara e ao teu balance a verdade. Foron pasando catro, cinco, seis meses e a experiencia non foi tan xenial como imaxinabas. Arañas o tempo que podes do teu día a día, cando rematas a lista de cousas “urxentes” empezas coas “importantes” e aí, no posto dazasete da lista, están as redes sociais así que buceas un pouco e subes unha foto graciosa porque ás dez da noite xa non sabes se a xente estará moi receptiva para algo moito máis serio. Algo está fallando na túa estratexia. Ou quiaiás… é que non a tes??

O primeiro que hai que aclarar é que unha estratexia en redes sociais non ten por qué ser nada digno de presentarse en un congreso. Obviamente, coas ideas que leas en un par de posts non vas conseguir os msmos resultados que os de un/ha profesional, a experiencia, formación e o traballo duro non se traspasan por ósmose, pero, se non hai presuposto para contratar, o mellor que podes facer é formarte e mellorar os teus resultados ata onde poidas.

Imos por partes (como diría Jack o Destripador) e marquemos o fundamental, o primeiro que tes que ter claro cando queres vender un producto ou servizo. Empecemos polo principio, non polo final e que é o primeiro?: as persoas, o teu público.

Coñece o teu público, ponlle rostro, personaliza

É o primeiro que tes que facer sempre, coñecer ao teu público obxectivo. Saber quen son, cal é o seu perfil (xénero, idades, hábitos de vida, gustos). E cando digo o teu público obxectivo non me refiro ás túas curmás e os teus amigos aos que lles encantan os teus productos, senón a toda esa xente á que queres chegar, eses milleiros de persoas ás que lles podería realmente interesar un producto como o que ti ofreces.

Axudarache moito poñerlles cara e mesmo nome (ficticio, claro), dotalos de unha personalidade propia: ¿teñen fillos?, ¿gústalles sair ao monte?, ¿consumen en centros comerciais ou na cidade?, ¿soen ir a concertos?, ¿fan deporte? Todos estes detalles son o primeiro paso para deseñar unha estratexia adecuada porque te achegan ao teu cliente e te axudarán despois a crear os contidos adecuados para chegar a eles/as de unha forma máis efectiva.

Disecciónaos ata onde poidas porque iso te axudará a dar os seguintes pasos ata a creación da túa estratexia e a decisión de en que plataformas ou redes sociais tes que moverte (sí, probablemente, empezaches polo final, pero todo ten arreglo, tranquila). Antes de lanzarte a tuitear ou subir publicacións a facebook estudia ao teu público para saber realmente onde se move no mundo online e offline.

Levanta la vista de la pantalla del ordenador y mira sólo un poco más allá, múevete y utiliza tu imaginación y los medios con los que cuentes. Si no tienes recursos para contratar un estudio de mercado -algo al alcance de unos/as pocos/as emprendedores/as- utiliza tu imaginación, lánzate a la calle con unas decenas de encuestas encuestas o hazlas circular a través de conocidos o de foros en los que sepas que se pueden mover tus futuros/as clientes (asociaciones, colegios, clubes, bibliotecas) . Es muy cierto el refrán que dice “el hambre agudiza el ingenio”, pero no esperes a tener tanta hambre que pueda llegar a nublar tu pensamiento.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Todo o que xuraches non facer cando foras nai… e algunha propina

Eu nunca… Que non, que se teño fillos non van… Chisst!!!! Mellor quedar caladiñas e paralizar o cerebro en eses momentos nos que soltas esas perlas ao ver outras familias. Que non tes nin idea do que vas acabar facendo cando te pases as noites en vela, cando os peques choren coma tolos ou cando esteas desesperada porque non hai forma de que proben nin un pouquiño de comida sólida… Todos eses “EU NUNCA” que rompimos desde que somos nais (e máis de un pai).

Que é para ti o autismo?

Imos a por unha grande dose de concienciación, de coñecemento, de aprendizaxes, de portas abertas, de vidas reais. Hai un mes se celebraba o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo pero xa sabes que son do revés así que eu o celebro cando me da a gana ou, mellor aínda, todos os días do ano. Tráioche hoxeo a visión e a experiencia de tres familias azuis.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.