Porteo e prevención de accidentes

18 / 9 / 2015 |

Estará ben suxeita? Caerame da mochila? E se tropezo e caio cando porteo ao meu bebé? Éstas e outras preguntas soen ser habituais cando estás pensando iniciarte no porteo. Aquí temos a Iria Álvarez, de Arkhé espacio educativo ao rescate para resolver todas as vosas dúbidas sobre seguridade no porteo :)

Quizais un dos temores máis habituais que escoito entre os adultos primeirizos en porteo é “Teño medo de que se me caia o bebé”.

Afortunadamente, non é en absoluto habitual que isto ocurra. Desde logo non é máis frecuente que o que un carriño volque ou caia por unhas escaleiras co bebé dentro. Pero, evidentemente, hai que seguir sempre unhas normas de seguridade para previr os accidentes en calquera situación.

Os posibles accidentes que poden ter lugar mentres porteamos son:

– Como temos dito xa, que o bebé se nos caia do portabebés, mentres o estamos poñendo ou unha vez posto. Ou simplemente que separe moito o tronco do noso corpo e poida golpearse con algo.
– Que nós tropecemos ou caiamos.
– Que non deixemos respirar adecuadamente ao noso bebé.

Impedir que ocurran estas cousas soe vir da man dunha boa postura do bebé e de un correcto axuste do portabebés. Estes dous aspectos son, en xeral, a nai do cordeiro de un bo porteo, pero no seguinte cartel especificamos un pouco máis todas esas normas de seguridade que debemos cumprir:

Porteo y prevención de accidentes

En outros lugares veredes que se fala de “Porteo seguro” e non de “Prevención de accidentes”, como fago eu.

Para mín o Porteo Seguro é moito máis que impedir que ocurra un accidente, porque como di a miña compañeira asesora de porteo Maruxa Cabaleiro: “O porteo debe ser seguro no agora e no despois”. É dicir, non consiste simplemente en non facer dano ao bebé no presente, senón que debe coidar tamén a súa saúde futura. Aí é onde entran en xogo outros factores, como a apertura das pernas do bebé, a altura dos xeonllos, a basculación da pelvis, etc.

Así que, en outro momento, falaremos de como levar á práctica un porteo seguro: sen accidentes e respetuoso coa fisioloxía do bebé… e do adulto!

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Cóntame un conto… sen conto

Dados, cartas, selos ou un cubo de Rubik… en todas partes hai historias que contar, relatos que inventar. E se non podes descubrilo a primeira vista, non te preocupes, que xa che botamos unha man e che suxerimos xoguetes que che axudarán a crear contos sen contos.

A febre nos bebés

Chega o momento da súa primeira febre, chispas. Bueno, e todas as que veñen despois, porque nunca estás preparada/o para ese momento, en realidade. O de hoxe é un post imprescindible no que Iria de Cal, de Arkhé Espacio Educativo, entrevista ao pediatra do seu peque, Juan Delgado, e vos da todas as claves para afrontar con calma ese momento. Desmontando falsos mitos como o de que sexa necesario desnudalos ou bañalos en auga tibia. É realmente necesario tratar a febre?

Chega o noso primeiro Entroido do revés

Pois xa ía tocando, o noso primeiro Entroido do revés! Esperamos sobrevivir honrosamente e desfrutalo a tope, para iso vos iremos contando as opcións de mini campamento que se vaian abrindo (a conciliación, xa sabes, esa utopía), festas e algunha sorpresiña.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.