PELIMANTA MUSICAL II

13 / 1 / 2016 |

Frío, choiva, abeto recollido, cansancio... Acaso non apetece un peli-manta? Hoxe Carla López, a nosa musicoterapeuta, tráeche un par de recomendacións de pelis para ver con e sen peques, ambas moi musicais, por suposto.

Toc, toc, toc… Ola? o aluvión navideño deixou supervivintes? jijiji

Agora que quedaron atrás uns días bastante intensos supoño que estamos de acordo en que se nos bota enriba un certo regusto a resaca navideña.

Que levante a man o que se atope fresco como unha leitga… (Pelusas do deserto)

Estamos de acordo en que foron moitos días de trajín, horarios raros, e cansancio que se acumula… Por iso creo que é un bo momento para facervos algunhas recomendacións para pelimantear en casa con ou sen os peques. Porque, despois de tanto lío, digo eu que apetecerá algo de repouso ¿non? 😉

En esta ocasión tocan dúas recomendacións. Unha para ver cos peques e outra para cando se deitarn. Alá imos.

Para empezar, aínda que xa falei outras veces de esta película, non podo deixar de dicirvos que vexades “Horton, el elefante”, unha historia de animación marabillosa para desfrutar en familia e aprender sobre a importancia de apostar polo que un quere e valorar as pequenas cousas da vida. Como non, a música terá un papel protagonista no desenlace de esta fantástica historia.

O seu protagonista, un elefante cariñoso e xentil se atopa con unha pelusa dentro da cal hai un micromundo chamado “Villaquien”. Ninguén excepto el cre na existencia das pequenas criaturas que habitan na mota de polvo. É por iso que Horton defende a capa e espada a súa convicción, aínda con todo o mundo en contra. A música xoga un papel moi importante tal e como vos dicía. En este caso, a través de unha escena curta pero moi emocionante, representa a idea de que a unión fai a forza, unifica o esforzo colectivo e resultará crucial para os habitantes de “Villaquien”.

E agora imos co pase de pelimanta musical só para adultos. En esta ocasión quero recomendarvos “Alta fidelidade”, unah comedia un pouco agridoce, baseada no libro homónimo de Nick Hornby, cuxo fio condutor é levado básicamente pola música, o cal é un dos principais motivos de que queira recomendárvola.

A película nos presenta a Rob Gordon, que é dono de unha tenda de discos en Chicago. Rob rompeu coa súa noiva recentemente o cal lle leva a enzarzarse en múltiples reflexións sobre o amor e as relacións sentimentais que comparte en conversa directa e de forma desenfadada co espectador. Outra das razóns para recomendarvos “Alta fidelidade” é que o protagonista utiliza a súa colección de discos de vinilo para facer un percorrido a través de distintas etapas da súa vida. Para sermos máis concretos, polas súas cinco relacións máis importantes. Se lestes algun dos meus post anteriores o que fai o protagonista vos resultará familiar.

 

¡Preparade as mantas e o sofá e a desfrutar!

Se che gusta o que les aquí, porfi, apóianos. Avotar a O Mundo ao Revés nos premios Madresfera, que xa imos de 3 en Ocio en Familia!! Iupiii

En este enlace

Premios Madresfera 2015

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Respeto a túa forma de vivir a maternidade

Son xornalista, como Samanta, teño aproximadamente a mesma idade ca ela, unha filla e un fillo, coma ela, o pelo castaño, coma ela… E ata aí as nosas similitudes. Non son ninguén para xulgala nin a ela nin a centos de milleiros de mulleres no mundo que viven e sinten a súa maternidade á súa maneira. E non acabo de entender por que cada vez que unha nai conta a súa experiencia nos escandalizamos e lle saltamos enriba. Por que non sucede iso cos pais? Nais do mundo, por favor, non nos equivoquemos de inimigo!! Por certo, tamén me lin o libro 🙂

Se queres conciliar e emprender temos que falar

O contacto humano, poder sentarte a tomar un café coas túas clientas e charlar é marabilloso. A cercanía, a creatividade e a personalización no trabajo son os distintivos dos servizos de comunicación de Omundoaoreves pero… Que pasa cando non podes quedar e os teus horarios son de tolos/as? Pois que tamén podemos buscar unha solución. Porque sei o que é emprender tratando de conciliar. Porque sei o que é facer malabarismos coas axendas mentres tratas de sacar adiante o teu negocio tráioche as novas opcións de servizos online de Omundoaorevés comunicación.

Aprendendo coa arte

Tráioche hoxe un pequeno clásico na axenda coruñesa que ningún peque de 0 a 4 anos se debería perder. Talleres e espectáculos gratuítos que achegan o arte e todas as súas potencialidades aos nosos peques. Esta semana na Fundación Barrié.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.