Vémonos na biblio

7 / 10 / 2015 |

Desde antes de gatexar, desde antes de que empecen a falar, mesmo desde antes de que sexan capaces de suxeitar o libro eles soíños, os peques deben devorar libros, contos, historias. É a única forma de que sexan seres ávidos de aprendizaxe e descubrimento. Volve a programación de animación á lectura das Bibliotecas Municipais!!

Avisadiñ@s quedades… Gardade esta entrada nos vosos favoritos/marcadores ou vos arrepentiredes!

Desde que estaba embarazada da miña primeira filla tiven poucas cousas claras, pero unha delas foi que os libros e a música debían ser unha parte fundamental da vida dos meus peques. Respirar melodías e devorar contos é un mantra que me costou cumprir ás veces, pero pouco a pouco fómolo conseguindo con ambos peques #DelRevés #DoRevés. E hoxe veño a falaros da segunda parte de este mantra imprescindible en toda casa #DelRevés: OS LIBROS.

Mención aparte merece o caso do peque #DelRevés o peque da csa, que desde que puido, apenas tres meses, apropiouse de todo libro que caía nas súas mans e empezou a participar nos Bebencontros das Bebetecas convertíndose en un auténtico protagonista. Non é amor de nai, non, é a pura realidade traballada por unha personalidade extrovertida, falangueira e simpaticona ata límites insospeitados. Aquí vén a explicación para a foto que ilustra este artigo, sacada no Ágora durante a campaña M8 Me presta, en torno ao Día das Letras Galegas e na que os currantes que se preparaban as sesións de Bebencontros ameazaban con secuestrar ao meu peque disfrazado de Castelao Hipster.

Aprendeu a amar os libros, as historias, a música e os espazos das bibliotecas da man dun equipo estupendo que programa 40 minutos de maxia todas as semanas (depende da Bebeteca, vanse alternando). Así que non podíamos deixar de avisarvos de unha forma máis que especial do inicio da programación de animación á lectura para bebés e nenos/as #DelRevés #DoRevés nas Bibliotecas Municipais este mes.

Bebencontros, Bebetecas, Bibliotecas Municipais A Coruña

O caso das Bebetecas, nacidas na nosa cidade hai apenas uns seis anos creo que merece unha ovación polo esforzo constante. Son fan do seu blog, público disfrutón participou mentres puido nos Bebencontros (xa nos pasamos da idade límite, cachis, a ver que me invento para volver!!) e segue admirando a  súa capacidade creativa sen límites.

Ninguén debería deixar de intentar alomenos un par de veces (ás veces as primeiras intentonas son fallidas, xa se sabe que os bebés necesitan un tempo para acostumarse ás novidades) vivir co seu bebé unha experiencia de este tipo. Cores, formas, texturas, historias, ritmos, músicas e moito máis te vas atopar. Unha das principais “pero” é que hai que estar moi pero que moi atent@s porque, por suposto, como é normal, as prazas están moi demandadas habitualmente. A primeira cita é o sábado 17 e o prazo de inscrición ábrese este sábado día 10 ás 10 da mañá e te aseguro que eu, ás 9.58 estaba sempre co smartphone en man atentíiiisima para non perderme todas as citas ás que nos podíamos apuntar.

Deixámosvos o seu calendario completo. e, por suposto, non esquezas suscribirte ao seu blog porque as súas propostas son moi interesantes.

As Bibliotecas Municipais ofertan unha serie de actividades de animación á lectura a partir de los 2 anos que se redefiniron este curso con unha nova oferta que se centra en dous tipos de actividades:

Cantocontos, Bibliotecas Municipais A Coruña, cuentacuentos

Canto contos! 

Contacontos dirixido a familias con nenos e nenas de 2 a 3 anos. Sesións cheas de maxia, nas que rodeados de contos compártense historias e moitas melodías. Só os nenos e nenas necesitan inscrición. Dúas inscripcións máximas por sesión e persoa.

Celébranse nas Bilbiotecas do Castrillón, Fórum, Montealto e Sagrada Familia cada 15 días ás seis da tarde. Arrancan o día 22 e en cada centro será un día diferente da semana.

As inscricións, a través do formulario da web das Bibliotecas a partir das dez da mañá, unha semana antes de cada sesión.

Os nosos contos, Merendas con contos

Os nosos contos, Bibliotecas Municipais

Merendas con contos

Pensadas para peques de 4 a 7 anos. Celébranse entre outubro e maio tamén cada quince días, ás 18.30 horas en un montón de Bilbios: Biblioteca do Ágora, Sagrada Familia, Montealto, Castrillón, Los Rosales, Biblioteca Infantil e Xuvenil e Fórum Metropolitano.

Podédesvos inscribir online no formulario da páxina das Bibliotecas o sábado anterior a cada sesión ás 10.00 da mañá e no caso das Merendas do Ágora, o luns anterior a cada sesión a partir das 10.00 tamén. Arrancan o sábado, 31 de outubro.

En estas sesións, dirixidas a familias con nenos e nenas de entre 3 e 7 anos, Fuco Ratapón, un simpático ratón e a súa familia, convídanvos a unha suculenta merenda. O menú, como non!, contos de aquí e de alá, de antes e de agora, que lles contaron ou que leron. Os Ratapón cantan, contan, dramatizan e orientan para fomentar a lectura en familia.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

O traballo de mamá

Mami, e ti en que traballas? Como explicarlle ao teu fillo o teu proxecto persoal de vida ou as túas aficións que acaban convertíndose en paixóns e case un traballo. Como implicar ao teus peques en aquelo que te apaixoa. Paula Verde che conta como o fixo ela. Por certo, que fai mooooooitas máis cousas que sacar fotos marabillosas e motivar aos seus fillos (como todas as nais)

Cuentos para aprender a valorar lo que de verdad importa

Contos para aprender a valorar o que temos

Traioche tres historias sinxelas e máxicas que me conquistaron. Tres contos que se convertirán en ferramentas máis que útiles para explicarlles aos teus peques un concepto que todos/as deberíamos ter máis que claro: aprender a valorar o que temos na nosa vida. Ser conscientes do que o realmente importante non reside nos obxectos que nos rodean, senón nas persoas que nos acompañan en este camiño. Toma nota porque te van a encantar,

Música dende o berce

Todo un honor e un gustazo aprender durante unha fin de semana coa creadora de Música in culla. Música desde la cuna, a música como medio para acompañar aos pequenos a desenvolverse e comunicarse. Unha linguaxe máis que xa dominan dende o berce con mil e unha posibilidades de estimulación sempre a través do xogo. Vés comigo a descubrilas? Chegaremos ata Italia e moito máis aló

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.