Ñam Ñam, un libro para comelo enteiriño

4 / 11 / 2015 |

Hoxe tráiovos unha micro-reseña con banda sonora incorporada de Ñam Ñam un libro da editorial Combel pensado para peques de 0 a 5 anos que nos enganchou desde o primeiro momento. Xa é un clásico na casa do revés e iso, asegúrovos, non é nada pero que nada fácil.

Pequeniño, pero matón, o conto Ñam Ñam foi todo un descubrimento para os meus peques en estas últimas semanas. En apenas uns días convertiuse en un pequeno clásico para eles coas súas preciosas imaxes, a súa sinxeleza e, sobre todo, a súa canción.

É un dos tres libros que forman a mini colección “La cereza” da editorial Combel, pequenas xoias nas que a música xoga unha parte fundamental porque os seus textos (que se poden rimar con facilidade) teñen unha canción propia que axuda aos peques a interiorizar e disfrutar máis a lectura. Déixovos a miña versión.

 

A temática é tan sinxela, directa e clara como as comidas, unha forma rápida de atraer a súa atención (en algúns casos, claro) con un ritmiño pegadizo dos que lles gustan desde o primeiro momento.

Creo que xa vos contei hai poco que a casa do revés é unha casa diversa na que convivimos seres humans diversos e iso inclúe a unha peque con diversidade funcional, a miña peque grande, á que lle soe costar incorporar as novidades aos seus gustos porque ten dificultades de comprensión na linguaxe oral. Pois con Ñam Ñam non foi así. Ao ser un libro cantado, enganchouna desde o primeiro momento e desfrutouno a tope. Baste dicir que, a pesar de que lle custa aínda moito traballo articular a maior parte de palabras (fala moi pouco) xa a escoitamos dicir varias veces “aamm aamm” (Ñam Ñam) para pedilo. Se iso non é unha boa crítica, non sei que pode selo.

🙂

É un conto sinxelo, pero de eses que cando rematas de ler aos teus fill@s che espetan un “outra vez” sen pensalo un segundo. Ademais, a canción-argumento (que vos podedes descargar a través do código QR ao final do libro) podedes variala ao gusto do consumidor/a.

Se tivera que poñerlle unha pega sería que as preciosas ilustracións deberían ser un pouco máis claras e con maior tamaño no caso dos alimentos (os debuxos do xamón ou o pan apenas se identifican) porque ás veces os peques necesitan unha axudiña con un tamaño apropiado para que as imaxes sexan claras.

Aproveito para lembrarche -xa que o libro pasóunolo Boolino- que podes suscribirte ás Book Box de Boolino con desconto se usas o noso código omundoaoreves.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

¡Que viene el lobo!

#Hoxelemos “Que viene el lobo!” unha das propostas para xuño das Boolino Book Box, pensada para peques de 1 a 3 anos, pero @s que temos uns cantos anos máis tamén o desfrutamos 🙂

Por que debes utilizar libros con pictogramas

Hoxe tráiovos un post un pouco máis longo do habitual, pero creo que paga a pena. Os libros con pictogramas son unha ferramenta marabillosa e especialmente útil para nenos e nenas con diversidade funcional e calquera pequeno que se estea iniciando na lectura. Cóntovos por que e como elexir os máis adecuados.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.