Cando a música se esconde nos libros

16 / 5 / 2016 |

Na víspera das Letras Galegas, un tema que tiña que pasar polo noso mundo ao revés da man da nosa colaboradora Sira González, o fenómeno dos libros-cd con música galega. Esa sorte de salvador para nais e pais con bo gusto e ganas de pasalo ben coa súa familia. Pequenas xoias que deben encher as estanterías das nosas casas sí ou sí.

música, niño tocando música

Na nosa casa non poderíamos vivir sen música. Xa non digamos no coche. Arranco e xa me vai pedindo: O entroido move o corpo; non mamá, agora a 3 (doutro disco); outra vez a 3; outra vez a 3; outra vez e máis alto!!! Aparco e… prohibido quitar a chave do contacto. Espera que acabe, mamá! Outra vez mamá! E así SEMPRE 😉

E xa sei, xa sei… non son a única á que lle pasan estas cousas a diario. Intúo que na sala temos unha lexión de fans de músicas como as de Pablo Díaz, María Fumaça ou Magín Blanco, por poñer tan só tres exemplos. E é que na nosa cidade, O pasado Sons Miúdos tivo tanto éxito que nunha hora xa estaban esgotadas as entradas do primeiro pase, tendo que programar a todo correr un segundo espectáculo para satisfacer a alta demanda de músicas en directo que reclaman os nosos pequenos (eu boto taaaaaaaaaaaaaaaaanto en falta máis concertos de música para nenos ou non en horario conciliable, que me apunto a un bombardeo só polo pracer de escoitar aos músicos ao vivo). Todo trasmítese de xeración en xeración. E xa dende bebé criouse entre discos. Discos dos meus, discos do pai, discos da avoa, e por suposto, os seus propios discos. De arrolos, preciosos arrolos, uns cantos!

Para min a música, ao igual que os contos é unha maneira de crear espazos en lingua galega, máis alá das conversas que poidamos manter. Espazos de agarimo, onde as letras quedan gravadas, case sen darnos conta. Temos a sorte de contar coa excepcional colección editada por Galaxia, Sonárbore, onde se aposta por músicos, letras, melodías, ilustracións… libros-cd cheos de maxia para introducir a pequechas e pequechos no mundo da música, pero dos que tamén disfrutaremos os maiores. Pero non só Galaxia, tamén temos grandes traballos editados por Kalandraka ou Fol Música.

En castelán temos que descatar os traballos de Petit Pop. Na miña casa somos moi fans. Temos tres discos e xa desexando mercar o último: “Vámonos en bici”. Descubrímolos no San Xoán Pequeñino de fai uns anos, e xa non poderíamos vivir sen cancións como Senderismo, Soy un roñica ou Patu Pachu ye un curíu (tamén dámoslle ao bable hehe).

E con tanta oferta, xa non sei que recomendarvos… ah sí sí: unha xoia “Cancionero infantil del papagayo” e os dous últimos hits do momento no meu coche: A gramola gominola e Chuches amil, e é que nos vai o rock ultimamente. Ademáis do que nunca pasará de moda, o incombustible Paco Nogueiras co seu Brinca Vai. Ah e no cole, no cole siguen a tope con María Fumaça e con Magín Blanco e o seu Todos somos capitáns. Como di a profe de Nuno, é o himno da clase. Pois que así sexa!

Cancionero infantil del papagayo

Música portuguesa e brasileña para os peques da casa. Unha delicia de escolla: 30 cancións onde se recupera un repertorio tradicional destes dous mundos, ben próximos ao galego. O libro, fermosamente ilustrado, inclúe un anexo informativo sobre a orixe de cada canción, instruccións xestuais e datos sobre os arranxos musicais de cada tema.

EDITO: Semanas despois de iniciado este post tómome a liberdade de editalo (aquí Sonia CEO e autora de Omundoaoreves) para rematalo xusto antes do Día das Letras Galegas. Falábao con Magín Blanco na entrevista coa que se lanzou esta web hai xa pouco máis de un ano, por sorte para a música galega e as familias galegas o fenómeno dos libros-cd veu a salvarnos a vida a centos, milleiros de familias que podemos agora desfrutar na casa de música de calidade e, xa de paso, compartir cos nosos peques o placer polos libros porque, se ben é certo que moitos deles non teñen moita letras máis aló das que escoitamos nas cancións, outros son auténticas xoias con historias paralelas ás aventuras dos discos e nos serven de lanzadeira infinita para a imaxinación colectiva. Quizais non somos o suficientemente conscientes do que supuxo este fenómeno que transformou o panorama musical e cultural no noso país e penso que o tempo nos irá falando da súa importancia.

Entre as últimas incorporacións na casa do revés destacan “A bruxa discordia” de Mamá Cabra e, pos suposto, esa xoia imperdible que supón “Canta o cuco”, a homenaxe a Manuel María de Uxía e Magín Blanco da que xa vos teño falado.

A lista é interminable así que, por favor, que ninguén se ofenda se non se atopa en ela porque, por sorte, por unha vez, Galicia foi pioneira en esta fenómeno que agora se extende pouco a pouco a outros lugares, a outras músicas e linguas, a outras formacións musicais marabillosas que xa veñen pisando forte dende hai tempo, ademais das Petit Pop, como os Titiriteros de Binéfar ou tantos outros. Porque, aínda que este post sexa unha pequena homenaxe á música en galego, non vou ser eu nen Sira quen vos digamos o que tedes que escoitar así que, moita música, música maestro, por favor! E agora que o San Xoán está case case á volta da esquina, esperamos poder volver a desfrutala en directo ao aire libre 🙂

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Queres aprender emocionándote?

As emocións sempre tan presentes, nos guían pola vida desde pequeniños e, sen embargo, seguen sendo as grandes esquecidas na nosa educación. Tranqui, nunca é tarde para aprender e desfrutar, aquí chega a II Edición do Foro Emociona!

MalasMadres loitando pola conciliación real

MalasMadres lanza unha nova campaña para recoller a situación e opinión das familias españolas con fillos. Porque só sabendo o que está pasando podemos empezar a melloralo. A túa situación laboral e a vida en casa non cambiaron en absoluto desde que tes fillos? Que é o que pasa nas familias españolas con fillos? #somosequipo

Preparando novas xeracións eco

E, por suposto, a moda eco e bio xa non é nin pode ser só unha moda, senón unha forma de vida que debemos transmitirlle aos nosos fillos desde bebés. Hoxe descubrímosche algunhas das súas claves e che presentamos a tenda Nico Comparte, por se aínda non a coñecías. Unha tenda moi moi eco.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.