Amosan as notas o noso nivel de “Intelixencia” ?

1 / 6 / 2015 |

Noemí Bellas, de Líbolis, fainos reflexionar sobre os valores que realmente importan na educación e formación d@s nos@s fill@s cando se achega o momento das notas.

Líbolis, colaboración de Noemí Bellas

“Quero que valoredes a vosa intelixencia nunha escala do 1 ao 10”, dígolles aos meus alumnos de educación secundaria e primaria, a principio de curso .

Aos 5 minutos, lanzo a pregunta: Quen cre que a súa intelixencia é de 10?, e continúo baixando, De 9?, De 8?, de 7?,… Ningún valiente levanta a man no 10, e menos mal, porque se así o crese, non estaría disposto a aprender nada. No mellor dos casos, soen situarse entre os valores 5 e 7, e repito, no mellor dos casos. Apunto os valores na pizarra e me manteño calada ata que un “iluminado” colle aire e pregunta: Pero, a que te refires con intelixencia?…

Bingo!, entón ábrese o debate e se escoitan cousas como “Pois o que mellores notas saca”, “O máis listo da clase”, “O chapón ou a chapona da clase”, … . Repito este exercicio con cada grupo de mozos e nenos que me atopo, e, en base aos resultados, decátome de que fracasamos estrepitosamente. A maioría, por non dicir todos,  cren que “a intelixencia”, é sacar boas notas, é dicer, refírese a unha das intelixencias que poderíamos chamar intelixencia académica. É isto certo?, algunhas personas son boas facendo cousas coas mans, outras creando e pensando novas ideas, outras persoas teñen un oído especial, outras moita coordinación corporal, … Acaso estas non son intelixencias?.

Conseguimos que os nosos nenos e mozos infravaloren as súas verdadeiras habilidades e fracasen ou nin sequera intenten atopar o seu verdadeiro “elemento”, entendido como aquilo que se lles dá ben e polo que se sinten apaixoados, e isto é verdadeiramente preocupante porque estamos desaproveitando moito talento.

Así que papás e mamás, anímovos a que este xuño cando recibades as notas dos vosos fillos espero que sexades un pouquiño máis conscientes sobre o tipo de intelixencia que valoran e que axudedes aos vosos fillos a que descubran e desenvolvan as súas habilidades para que floreza todo o seu potencial.

Libro: “El elemento”_Sir Ken Robinson

Vídeo: Crea tu vida

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Axudando a criar en brazos

Convídote a darte unha volta pola tienda “En brazos” e o seu novo espazo online Apego.es. É un local pequeno, con atención personalizada e asesoría, especializado en crianza con apego. Alí atoparás berces coleito, portabebés, cueiros de tea, cremas…e, probablemente, un sorriso e un consello.

Mini campamento fotográfico para nenos

Namorada me ten esta proposta de mini campamento fotográfico. Unha semana para que os nenos descubran cal é a maxia que se esconde detrás do proceso fotográfico, para que se remanguen e traballen nun laboratorio fotográfico, para que descubran os misterios do encadre, do aproveitamento da luz ou que constrúan a súa propia cámara fotográfica.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.