Aos “miúdos” encántalles a música

15 / 1 / 2016 |

Imaxínaste desfrutar en directo os grandes éxitos dos teus grupos ou os teus cantantes favoritos...? O meu soño! E seguro que tamén o dos teus peques así que, toma nota, domingo, 24 de xaneiro no Palacio da Ópera, Sons Miúdos.

Algunha vez fuches ao concerto do teu grupo favorito, ése da xira de homenaxe, o de recordatorio de 10, 20 ou 30 anos de vida no que tocan todas as túas cancións favoritas? Se non tiveches esa oportunidade, seguro que che encantaría tela, verdade? Pois os teus peques a teñen o próximo domingo, 24 de xaneiro no Palacio da Ópera co espectáculo Sons Miúdos, ás 17.00 horas.

Porque iso é este espectáculo, nin máis nin menos, un repaso da historia da música infantil galega nos últimos anos no que tocarán as cancións máis coñecidas dos grupos que participan. Se che dou os nomes dos protagonistas, seguro que xa cho deixo moito máis claro e, de feito, temos falado de varios de eles en algunhas ocasións porque o merecen: Magín Blanco, Ana Senlle (María Fumaça), Gloria de MamáCabra, Pablo Díaz, Paco Nogueiras (Brinca vai) e Xoán Curiel (Estamos no verán). Pero non é todo, porque haberá unha banda espectacular con músicos de dilatada experiencia en distintos estilos.

A guinda do pastel é a que pon Teatro Gazafelhos un tandem perfecto que será o encargado de conducir a historia, o fío “teatral” polo que discurre o espectáculo. Seguro que os coñeces de velos en San Xoán Pequeniño, en A Nena e o Grilo ou en calquera dos seus espectáculos. E, se non é así, é unha grande ocasión para descubrilos.

Sons Miúdos, el gran espectáculo de la música infantil en Galicia, llega a A Coruña

Xa che temos falado máis de unha vez da tremenda calidade que teñen as propostas musicais para público familiar en Galicia nos últimos anos, así que non podíamos pasar por alto este espectáculo no que seguro que soarán moitas das cancións que forman parte da banda sonora da vida de moitas e moitos de vós. Moitas cancións que soan a diario na casa do revés, cancións para emocionarte e desfrutar nun domingo de xaneiro.

As entradas poñeranse á venda de forma anticipada na taquilla da praza de Ourense e en Ticketea.com.

O espectáculo estreouse en 2015 en Santiago de Compostela con dous cheos e xa pasou tamén por Vigo.

E no derradeiro post da semana non podía deixar pasar a oportunidade de pedir o teu voto para os premios Madresfera. Veñaaa, que se pechan as votacións o luns e estou no Top 3. Os blogs galegos pisan forte!

vótanosocio en familia

Compartir:

Tamén che pode interesar...

A música non ten idades

Temos que poñerlles a@s nen@s música para nen@s? Quizáis os seus oídos non están preparados para oír folk, rock ou jazz? Aquí temos de novo a nosa musicoterapeuta favorita, Carla López, coas súas reflexións e suxerencias musicais. Porque se queremos que @s nos@s peques non “bailen ao son de ninguén” temos que axudarlles a construír o seu propio criterio.

A que soamos?

A que soas? Se tiveras que pensar en unha ou varias cancions para contar a túa vida ou quen es, cales elexirías? Que músicas nos marcaron por mil razóns desde a nosa infancia? Carla López, a nosa musicoterapeuta favorita nos trae a súa colaboración mensual con esta reflexión sobre as músicas que nos marcan, aquelas que se nos veñen á cabeza cando celebramos ou lembramos a nosa vida. Pasen e lean.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.