Magín Blanco, música sen etiquetas

17 / 4 / 2015 |

Prefire non etiquetar a súa música, só desfrutar e facer desfrutar aos demais con ela, que non é pouco. Magín Blanco fálanos dos sueu proxectos, o seu pasado e o seu mundo ao revés nesta entrevista. O xoves, 7 de maio, día de estrea da nosa web, estará nos Xoves da Sagrada, ás 18.30 horas.

Levounos navegando até a illa de Tambo nun dos seus primeiros traballos musicais dentro do mundo infantil, despois embarcounos nunha viaxe máxica na que se enrolaron unha Nena e un Grilo moi especiais ata o País das Apertas. A travesía continuou  nun barquiño que quedou amarrado a porto para iniciarse en outro exitoso e delicioso experimento, teatro musical ou música teatral (tanto monta monta tanto) para bebés, “Gatuxo”.

Como el mesmo pensa a música é o mesmo “música, tanto para maiores como para pequenos, o que importan son as historias e como as contas”, non en van “Susanita tiene un ratón” é unha das súas cancións preferidas. Magín Blanco, un dos protagonistas do boom da música “infantil” en galego púxse “un pouco do revés” coa nosa enrevista. O seu non son as etiquetas (quen as precisa se non é para búsquedas na web?) senón facer desfrutar á xente e desfrutar el mesmo sentiedo a música e as historias que nos transmite.

P. Magín Blanco vai do revés, como nunha das cancións da “Nena e o grilo”?

R. Un pouco si, pero, ás veces consegues enderezar o camiño. O que sucede é que, aínda que o nome do equipo é o meu, os proxectos son de todos e, se consegues un bo equipo coma no que traballamos agora, todo funciona ben. Sen equipo non fas nada. Nese equipo, eu son máis do revés, pero eles son máis ben do dereito, así que consegues un equilibrio moi interesante. Por iso somos moi polivalentes e podemos traballar en proxectos con características propias como son “A nena e o grilo”, “Gatuxo” ou foi o de “Cantigas da estrela”.

P.Que queres ser cando sexas pequeno?

R. Pois a verdade é que xa son o que quero ser, de pequeno ou de maior. A experiencia vaime dando outra forma de ver cada traballo e podo aportar algo máis persoal a cada proposta que fago. Fomos conseguindo que cada proxecto sexa moi noso pero diferente e iso tamén se consegue, como dicía antes, rodeándote da xente máis apropiada.

Magín Blanco nunha actuación, foto de Juan Luis Rúa

P. Xa tiñas unha extensa experiencia no mundo da música cando empezaches nisto da “música para pequenos/as”. Como foi ese cambio?

R. Levaba tempo tocando en distintos proxectos, pero non tiña unha banda, traballaba con xente distinta e a verdade é que empecei a facer música para o que agora se chama “público familiar” e fun quedando aquí. Foi un pouco a vida a que me levou por aí. Desfruto do meu traballo por igual con maiores ou pequenos. Pero a verdade é que que máis ten? Sempre me encantou “Susanita tiene un ratón” e que me dis da música de “La bola de cristal”? Era para maiores ou para pequenos? Era boa e punto.

P. Dise da túa música e os teus espectáculos que son feitos para nenos/as, pero que tamén gustan aos pais e nais, ou pensas que é ao revés?

R. Non é casualidade que goste a todos, pero eu non teño a fórmula maxistral da polivalencia.  Fago cada traballo con moito coidado. Gústame estar satisfeito e a verdade é que cando traballas en algo cada proxecto xa che vai dicindo o que precisa. Ata agora fixemos traballos que tiñan unha onda moi poética, pero agora queremos cambiar a por algo máis gamberro e divertido. Tamén é certo que nos espectáculos para familias sempre lanzamos moitos guiños que son para os pais e nais e sempre me atopaba mellor nese contexto pero, co paso do tempo, iso cambiou e agora xa me sinto moi cómodo só cos pequenos. Conseguimos tamén esa complicidade con eles.

P. Que novos proxectos tedes? Seguirán viaxando a nena e o grilo?

R. Si, iso seguro, pero aínda non lles toca retomala ata o ano que vén. Xa temos todo ideado e a historia está clara, pero, de momento, imos sacar “Gatuxo” en castelán e imos facer algún outro traballo aínda este ano 2015.

P. Parece evidente que estamos a vivir un boom da música infantil en galego. A que o atribúes?

R. É difícil de dicer. Hai un factor sociolóxico evidente que é que as familias son moito máis reducidas e agora, neste novo modelo de familia o ocio e a vida cultural xira en torno aos cativos e cativas. Vense as películas que lles gustan aos nenos, vaise aos concertos que prefiren eles… Logo, o porqué de que sexa xustamente a música en galego a que máis está triunfando pode deberse a varias causas. Está claro que hai xente facendo cousas moi moi boas, pero tamén fóra de Galiza. O certo é que aqui xurdiu un pouco o formato do libro-cd que dá moito xogo e resulta moi atractivo e o directo fai que se vendan discos e viceversa.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Coltrane in the afternoon

Aquí temos de nuevo a Carla López con unha aportación moi veraniega e divertida que nos invita a reflexionar. Quen dixo que no coche só se poden cantar as canciones do Cantajuegos? Fóra clichés! “Temos corpo para movernos, voz para cantar e orellas para escoitar”.

música, niño tocando música

Plans festivaleiros familiares en Galicia

Propostas festivaleiras familiares para un veran completo. Porque quedarse en Galicia non ten por que ser sinónimo de un veran aburrido. Música, actividades, concertos ao aire libre durante dous meses a ritmo de unha ou dúas propostas cada semana.

Domingos musicais na Fundación Luis Seoane

Estreamos mes con novas propostas das que nos gustan. Música de calidade, concertos gratuitos durante todo o mes de novembro e nun dos espazos máis fermosos adicados ao arte e a cultura na Coruña: a Fundación Luís Seoane.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.