OS BEBÉS COMPRENDEN A MÚSICA

7 / 7 / 2016 |

A música e a capacidade de calquer ser humano, teña a idade que teña ou sexan cales sexan as súas condicións para "entendela" e desfrutala son un fenómeno que ten merecido distintos tipos de estudios. Que pasa na cabeciña da túa peque cando lle pos unha peza de rock ou algo de música clásica? Colaboración refrescante e reflexiva da nosa musicoterapeuta favorita, Carla López.

“O vencello emocional que crea a música é un medio de comunicación tan universal como a linguaxe”

Estas belas palabras pertencen á psicóloga canadiense Sandra Trehub, que leva moito tempo investigando sobre a relación existente entre a música e os bebés.

No capítulo de Redes que vos presento a continuación poderemos ver como se platexan cuestións moi interesantes sobre música, cerebro, comunicación e primeira infancia.
As capacidades musicais son algo innato ou responden a unha aprendizaxe condicionada polo contorno que nos rodea?. Supoñen a voz, os silencios, as estruturas rítmicas e melódicas elementos fundamentais de comunicación previos ao desenvolvemento da linguaxe?

Existe moita curiosidade en relación a todo isto e se ten especulado bastante acerca dos efectos da música no desenvolvemento das persoas.

O cerebro é un grande descoñecido para nós, e aínda que todavía queda moito camiño por percorrer, por sorte, cada vez se van descubrindo e corroborando máis cousas extraordinarias acerca do seu funcionamento.
Desde logo que este video non vai resolver todas as nosas incógnitas, pero non cabe dúbida de que saciará algunhas curiosidades e invitará a seguir indagando sobre este tema tan fascinante 😉

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Respeto a túa forma de vivir a maternidade

Son xornalista, como Samanta, teño aproximadamente a mesma idade ca ela, unha filla e un fillo, coma ela, o pelo castaño, coma ela… E ata aí as nosas similitudes. Non son ninguén para xulgala nin a ela nin a centos de milleiros de mulleres no mundo que viven e sinten a súa maternidade á súa maneira. E non acabo de entender por que cada vez que unha nai conta a súa experiencia nos escandalizamos e lle saltamos enriba. Por que non sucede iso cos pais? Nais do mundo, por favor, non nos equivoquemos de inimigo!! Por certo, tamén me lin o libro 🙂

O UNIVERSO MUSICAL DE MARVEL

O título é toda unha invitación e provocación a ler e a ver, desfrutar, escoitar. O universo das bandas sonoras e o noso imaxinario colectivo. Todo un temazo para reflexionar e aprender sobre como procesamos a música e como inflúe no noso día a día. Es fan das películas de Marvel? Pasen e lean a colaboración de decembro de Carla López, Musicoterapiactiva.

Regalos para mamá

Seis regalos que querería calquera nai

Cosas que le gustarán, regalos que seguro que le arrancan más de una lagrimita de emoción y los regalos que realmente necesita una madre, CUALQUIER MADRE. Sea por el Día de la Madre, sea por su cumpleaños o simplemente porque la quieres, porque te quieren hasta la luna ida y vuelta. Busquemos excusas para celebrar el amor de mil y una maneras.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.