Si lo que quieres es vivir 100 años…

8 / 6 / 2015 |

Primeira colaboración do revés de Carla López, a nosa musicoterapeuta favorita.Reflexión sobre os ritmos e a experiencia da aprendizaxe, sempre con música. Musicoterapia en estado puro.

…toma pastillas para no soñar
– Joaquín Sabina

Escoitando esta canción vénme á cabeza unha pregunta que chegou a min moitas veces. De diferentes formas pero sempre coa mesma esencia. Esta pregunta encerra a eterna preocupación polo futuro e o temor ante o fracaso dos nenos. Se acadarán os obxectivos, se chegarán de primeiros ou de últimos. Deberá facer un deporte, deberá aprender inglés, deberá aprender música, porque ademais é moi positivo para aumentar as capacidades cerebrais. No meu caso a cuestión xira en torno ao plano musical, claro.

Por suposto que hai estudos que avalan que a práctica musical contribúe a un desenvolvemento a nivel integral. Sábese que os elementos implícitos na música favorecen a actividade de ambos hemisferios cerebrais creando unha interacción entre as partes encargadas tanto de aspectos máis analíticos e racionais como do plano creativo e imaxinativo. Pero, significa isto que só por empapar musicalmente aos nosos fillos serán persoas máis intelixentes? É o obxectivo que cheguen a ser virtuosos musicais? ou polo contrario, que cheguen a sentir paixón por aquello que fan, póñase por caso entrar en contacto coa música (cousa que levamos de serie desde moito antes de nacer)?.

https://igcdn-photos-a-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xfp1/t51.2885-15/1170967_271980849643936_16179100_n.jpg

Dentro dun proceso de aprendizaxe, éste se produce de forma máis significativa cando hai unha implicación emocional positiva e cando cada individuo pode experimentar e empaparse en primeira persona de aqueles elementos do entorno que lle resultan interesantes, ou o que é o mesmo: as aprendizaxes que permanecen de forma máis sólida son aquelas nas que a nosa implicación e motivación foi maior.

Cando un bebé explora co seu corpo e coa súa propia voz, vai descubrindo un sinfín de ferramentas que lle permiten pouco a pouco ir comunicándose co entorno. O natural, se se sinte a gusto con esta experiencia, é que co tempo comece a repetir os sonidos da voz da súa nai e de seu ambiente cercano. Esta escea, que se manifesta como un divertido xogo, é equiparable a xornada de calquera científico que fai probas unha e outra vez para chegar a algunha conclusión ou descubrimento.

O bebé está inmerso nun laboratorio cotiá no que o xogo de explorar o mundo é primordial para o seu completo desenvolvemento.
Cando nos atopamos inmersos nunha actividade que nos apaixoa, o cerebro se activa, de tal forma que esa experiencia se convirte nun proceso marabilloso e placenteiro que quereremos repetir durante toda a nosa vida.

As aprendizaxes chegan a nós mediante esta acción que se traduce en “xogar a vivir”. Aprendemos a camiñar xogando, e tamén a comunicarnos e a falar. Pasamos a maior parte dos primeiros anos da nosa vida probando e vendo que cousas nos dan un resultado positivo. Que cousas nos fan sentir ben. E unha vez as incorporamos, repetimos unha e otra vez aquello que nos funcionou.

Os nenos son seres musicais e creativos. A música permítelles desenvolver fácil e libremente a súa capacidade creativa, comunicativa, a súa expresión corporal, intuición e ritmo naturais, memoria, concentración, coordinación, dunha forma divertida sempre e cando este proceso se adapte ás súas necesidades, inquedanzas e intereses.

https://igcdn-photos-f-a.akamaihd.net/hphotos-ak-xap1/t51.2885-15/10296592_310727442409997_1033978885_n.jpg
Os mecanismos que interveñen no desenvolvemento musical son os mesmos que funcionan para o desenvolvemento da linguaxe. E do mesmo modo que para chegar ao dominio da lingua materna é importante experimentar tanto co noso cuerpo como co entorno, tal e como viamos no exemplo do bebé, o mesmo ocurre coa música. É necesario sentila e experimentala directamente. Absorbela, probala e ensaiala mediante a escoita, a experimentación co noso propio corpo e a nosa voz, a búsqueda de sonoridades no entorno, a improvisación e a observación para que de ese modo se poida incorporar como outra linguaxe máis.

A ninguén se lle pasaría pola cabeza pedirlle a un bebé de 10 meses que lese o Quijote, polo tanto, claro que a música pode ser moi beneficiosa para os nenos, pero realizar unha aproximación desde a interpretación dunha partitura sería empezar a casa polo tellado, e moito menos se todavía non chegou a fase de lecto-escritura. Todo isto hase de ter moi en conta se non queremos que algo que a priori se supón moi placenteiro se convirta no maior dos calvarios.

Se respetamos os ritmos do neno, a música pode chegar a converterse nunha ferramenta moi valiosa e que permanecerá ao longo de toda a súa vida, que lle axudará a coñecerse mellor en todos os aspectos, a afondar nas súas propias emocións sen temor a atopaarse con elas para así aprender a xestionalas, axudarlle a pasar por todos os seus procesos vitais dun modo máis consciente, pleno e maduro para deste xeito chegar a convertirse nun adulto completo e feliz. Que en resumidas contas, é o que importa.
E, por suposto, se pode ser con música, moitísimo mellor.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Respeto a túa forma de vivir a maternidade

Son xornalista, como Samanta, teño aproximadamente a mesma idade ca ela, unha filla e un fillo, coma ela, o pelo castaño, coma ela… E ata aí as nosas similitudes. Non son ninguén para xulgala nin a ela nin a centos de milleiros de mulleres no mundo que viven e sinten a súa maternidade á súa maneira. E non acabo de entender por que cada vez que unha nai conta a súa experiencia nos escandalizamos e lle saltamos enriba. Por que non sucede iso cos pais? Nais do mundo, por favor, non nos equivoquemos de inimigo!! Por certo, tamén me lin o libro 🙂

Que é para ti o autismo?

Imos a por unha grande dose de concienciación, de coñecemento, de aprendizaxes, de portas abertas, de vidas reais. Hai un mes se celebraba o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo pero xa sabes que son do revés así que eu o celebro cando me da a gana ou, mellor aínda, todos os días do ano. Tráioche hoxeo a visión e a experiencia de tres familias azuis.

Seis libros infantís para recuperar a maxia

Xoias encadernadas. Libros nos que te gustaría perderte, de eses que están pensados para gustar tanto aos pequenos como aos pais. Libros cheos de maxia e de reflexións ocultas, esas que lles axudan a empezar a pensar, a desenvolver a súa creatividade e a soñar que outro mundo é posible. Tráioche seis títulos e un plus, todos cheos de soños e maxia.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.