Chega o noso primeiro Entroido do revés

26 / 1 / 2016 |

Pois xa ía tocando, o noso primeiro Entroido do revés! Esperamos sobrevivir honrosamente e desfrutalo a tope, para iso vos iremos contando as opcións de mini campamento que se vaian abrindo (a conciliación, xa sabes, esa utopía), festas e algunha sorpresiña.

Porque o Entroido , ademais de unha festa marabillosa na que os peques desfrutan como nunca tamén pode ser a orix de unha pequena-gran dor de cabeza. Primeira parte do noso resumo do revés de mini campamentos, festas e actividades para sacarlle todo o proveito ao  disfrace.

Parece que me lancei demasiado pronto e cando me puxen a investigar descubrin que moitas empresas, asociacións e entidades aínda non tiñan pechada a súa programación para estas datas, así que xa che vou anunciando unha segunda parte de este especial Entroido.

Langstrump (Pla y Cancela, 10)

En este local que xa sabes que nos encanta teñen as dúas opcións, festa de Entroido e minicampamento o luns 8 de febreiro e mércores 10 de 10.00 a 14.00 horas. Para peques maiores de 4 anos e con moitas ganas de pasalo requeteben, de experimentar e de aprender.

1 día 15 euros.

2 días 30 euros.

Actividades de Carnaval Langstrump

Tamén haberá festorro, o día 8 pola tarde, a partir das 17.30 horas. Moitos xogos, un pouco de música, moitos disfraces e sorpresas. Para maiores de 3 anos. O prezo é de 8 euros.

 

Animal Party

Xa preparou tamén a súa oferta con un mini campamento e unha festa de disfraces. A súa proposta de minicampa será o luns e mércores de 9.00 a 14.00 horas (15 euros día) coa opción de ir só nas horas dos obradoiros (de 11.00 a 13.00 horas, 9 euros).

Actividades de Carnaval en Animal Party

Para pasálo bomba prepararon tamén o luns, día 8, unha festa de disfraces con desfile, baile e moito máis, o luns, día 8, ás 17.30 horas (8 euros).

D’Lempicka

En este local de actividades para todas as idades soen programar algunhas propostas diferentes para os peques. En este caso unha combinación curiosa: un taller de máscaras máis contacontos. Será o sábado, día 6, a partir das 16.00 horas no seu local do Ventorrillo (Monasterio de Jubia, 2).

Cuentacuentos y máscaras, actividades infantiles Carnaval

Xanzá

Nos últimos meses fuches descubrindo na nosa axenda as propostas de este espazo con actividades para a familia e os peques con un claro espíritu ecolóxico e sostible. Para celebrar o Entroid organizaron un mini campamento os días 8 e 10 de 9.00 a 14.00 horas con teatro, obradoiro de máscaras, contacontos, etc.

Xanzá, mañanas de Carnaval

Disco Pazos

Non sei ti, pero eu lembro perfectamente o Entroido como ese primeiro momento no que entrei en unha discoteca. Os locais pensados para maiores abren as súas portas en turno de tarde para deixar paso aos peques en festas ao grande. En Disco Pazos (A Laracha) teñen preparado un decorado que non deixará indiferentes aos peques coa Patrulla Canina e Bob Esponja (5 euros por persoa). Será o luns, 8 de febreiro, a partir das 16.30 horas.

Fiesta de Carnaval infantil

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Preparando novas xeracións eco

E, por suposto, a moda eco e bio xa non é nin pode ser só unha moda, senón unha forma de vida que debemos transmitirlle aos nosos fillos desde bebés. Hoxe descubrímosche algunhas das súas claves e che presentamos a tenda Nico Comparte, por se aínda non a coñecías. Unha tenda moi moi eco.

E para aninovo, máis ciencia para nenas e nenos

Jugando, aprendiendo, disfrutando, leyendo, empezamos el año de la mejor manera con una revista de ciencia para peques y un juego de cartas con el que descubrirán a 20 científicas y científicos significativos de la historia. ¡¡Sí, sí, has leído bien, una lista de personajes relevantes en la que hay el mismo número de mujeres y hombres!! Y puede ser tuyo porque empezamos el año con sorteaco del revés.

Música dende o berce

Todo un honor e un gustazo aprender durante unha fin de semana coa creadora de Música in culla. Música desde la cuna, a música como medio para acompañar aos pequenos a desenvolverse e comunicarse. Unha linguaxe máis que xa dominan dende o berce con mil e unha posibilidades de estimulación sempre a través do xogo. Vés comigo a descubrilas? Chegaremos ata Italia e moito máis aló

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.