Escoller colexio do revés

27 / 1 / 2016 |

Colle aire, respira fondo, pasará, de verdade, escoller o cole no que o teu fillo/a pasará nove anos da súa vida no é tarefa fácil, pero tampouco imos dramatizar. Toca informarse r lanzarse a unha nova aventura (se así decides facelo, por suposto). Dámosche algunhas axudiñas e pequenas guías.

Chega a A Coruña e a toda Galicia, o momento temido de escoller cole, do revés, aínda que alguns o fagan como poden. Peor que as últimas semanas de vacacións, cuando xa non podes máis e necesitas un pouco de tempo para ti mesma, peor que unha dor de moas, peor que soportar festas infantís de cumpreanos cada fin de semana… Sí, peor que todo iso é o momento no que decidides escolarizar aos vosos peques no cole de maiores. E digo “decidides”, ollo, porque é unha decisión, a que tomamos a maioría, pero é “elexible”. Parece necesario especificalo porque en España non está moi implantado o homeschooling e tampouco hai moitos peques de 3 a 6 que se queden en casa pero o primeiro que hai que sinalar é que:

1. A escolarización é obrigatoria só a partir dos 6 anos.

2. Mesmo a partir de esa idade hai alternativas. Hai familias que optan por educar aos seus fillos na casa.

Dito isto e como o tema dá para moito, pero moito moito, imos ao lío. Toca escoller cole, o centro no que o teu peque pasará con moita probabilidade nove anos da súa vida, onde fará amigos/as, aprenderá, desfrutará e tamén sufrirá algunhas veces, claro. Bufff,  case nada! Para moitísimas familias é un labor do máis duro e o primeiro que che teño que dicir é que eu non podo decidir por ti, pero nin eu nin ninguén. Escribo isto porque todos pedimos referencias a amigos/as e familiares (lóxico), pero sempre temos que ter en conta ao facelo que os estilos de vida de cada familia non son sempre iguais e que o que para un peque funciona ás mil marabillas pode ser un desastre total no caso dos teus fillos.

As miñas axudas para orientarte en este momento de decisión tan importante:

1. Non desesperes. É posible que trates de pedir cita coa dirección do centro e sexa misión de tolos porque seguro que está media humanidade igual que ti agora mesmo.

2. Acude ás xornadas de portas abertas que organizan en moitos coles para coñecer un pouco mellor as instalacións e ver por onde respira. En ese tipo de visitas é imposible ver como funciona o centro no día a día, pero, se te vas fixando un pouco, sí verás “por onde van os tiros”.

3. Pese a quien pese, na educación dos nosos peques no cole (a parte máis importante de ese traballo, en realidade, temos que facela na casa), o máis importante é o educador/a que lle toque en sorte así que se che gusta un centro trata de averiguar que profe pode ser a/o que dea clase ao seguinte curso de educación infantil. A estas alturas non sempre se sabe, e moito menos en coles de varias liñas (varias clases por curso), pero paga a pena intentalo. Iso sen esquecer que, en todo caso, ese educador/a cambiará seguro en Primaria e o cole sempre pode modificar a distribución de profes en función de varios criterios.

Seino, seino, é complicado pero, ás veces tes que deixarte guiar un pouco polo teu instinto, outras veces, simplesmente (tamén o sei), os matricularás no único centro cerca de casa con un horario de actividades extraescolares que te permita seguir traballando. Sexa como sexa, paga a pena informarse antes.

O prazo para pedir centro ábrese o 1 de marzo (termina o 20) e toda a información oficial a atoparás en esta ligazón da XUNTA. A estas alturas, supoño que xa recibirías (senón é así, en breve) en casa un sobre grande coa lista de coles existente  e os papeis que tes que cubrir (non é moi complicada esa parte do trámite, a verdade) pero tamén podes buscar máis información na web do Concello.

Agora déixote a parte técnica, a que tes que ter en conta á hora de saber que se vai a valorar para decidir se entra ou non o teu peque no cole que escolles.

Ante todo aclarar que o baremo é o que se ten en conta para decidir se o peque/a entra no cole elexido. En casos en que sexa necesario un desempate decidirase por orde alfabética dos apelidos a partir da letra que saia no sorteo (informareite de cal é cando se faga na última semana de febreiro).

Vamos al cole, cómo escoger colegio para tus hijos

Foto de Paula Verde

Os puntos do baremo son:

                 Irmáns/irmás no centro

    • 8 Puntos- se ten un irmán/irmá no centro, se ten máis 2 puntos por cada un/unha.

    • Domicilio ou traballo

      • 6 Puntos- Por domicilio familiar no área de influencia

      • 4 Puntos- Por lugar de traballo no área de influencia

      • 3 Puntos. Por domicilio familiar en área limítrofe á área de influencia

      • 2 Puntos- Por lugar de traballo en área limítrofe á área de influencia

      • 3 Puntos- Por nai, pai ou titor legal que traballe no centro

  • Tipo de familia

    • 3 Puntos- Por familia numerosa especial

    • 2 Puntos- Por familia numerosa general

    • 2 Puntos- Por familia monoparental

  • Discapacidade

    • 4 Puntos- Por discapacidade de alumno/a

    • 3 Puntos- Por discapacidade de pai, nai ou titor

    • 1 Punto- Por discapacidade de irmán/irmá.

  • Renda

    • 3 Puntos- Por ser inferior a 0,5 veces el IPREM (532,51)

    • 2 puntos- Entre o 0,5 ou inferior ao 0,75

    • 1 Punto-Igual ou superior ao 0,75 e inferior ao IPREM

  • Punto que decide o Centro

    • Terá que ser criterio obxectivo e dicilo antes de que empece o proceso

Por suposto, sei que a xente do revés non é amante das trampas pero, por se hai algún caso de desesperación absoluta no que queirades probar “por se cola”, que saibas que sempre hai que acreditar todo con documentación. Todos coñecemos casos nos que se poñen domicilios de avós ou tíos para tratar de entrar en un cole. Se é así, sabede que hai que entregar certificado de empradronamento e se cruzan os datos con Facenda para comprobar que o domicilio fiscal coincide. Se non é así, pedirán unha xustificación, por suposto.

As listas provisionais, como verás na información da Xunta, deben publicarse antes do 25 de abril e se abre un prazo de reclamancións.


Lembra que a solicitude só se pode presentar en un centro, o primeiro que escollas, aínda que na lista podes poñer ata cinco por orde de preferencia. Iso non significa que vaian respetar as túas preferencias, só o farán en caso de haber plazas dispoñibles no centro e de que o teu peque teña máis puntos que os seguintes que o pediron.

Pero, como eu son unha mamá diversa (unha peque con diversidade funcional) xa aviso de que en nada chega o segundo post sobre escolarización coa miña experiencia e algunhas axudiñas. Pode que chegue tarde para algúns, pero espero que axude a moita xente do revés no futuro.

Ánimo, valor, e a por eles que son poucos e covardes!! (isto é mentira, pero é por animar e desdramatizar un pouco ).

Actualizo a 24 de maio

Acabo de decatarme de que a estas alturas xa seredes moitos os que saibades que non vos asignaron o cole que solicitábades así que igual andades un pouco perdidos… Normal!!

O que di a teoría é o siguiente, xente do revés:

-Na primeira semana de xuño a comisión de educación asigna outra praza aos nenos/as que non obtiveran praza na súa primeira opción e en aqueles casos nos que houbera algún outro problema, como poden ser as solicitudes duplicadas. En teoría, insisto, a Comisión de Educación debería ter en conta a orde de preferencia pola que solicitaches centro e a puntuación obtida polos baremos que che sinalo arriba. Pero, o certo é que non sempre pode ser así por mil motivos (dispoñibilidade de prazas, preferencia de outras familias, etc).

-A mediados de xuño, se nada falla, deberían estar todas as prazas asignadas e entre o 20 e 30 de xuño se procede á matrícula en cada centro escolar.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Regala diversidad, regala aprendizaje de vida

El post de hoy es una lista que puede ayudar a cambiar el mundo. Una lista de regalos que te propongo desde el mundo de la dviversidad. Son libros para niños/as y adultos/as, cds y otras propuestas elaboradas desde el respeto a la diversidad. Todas las ideas que recojo son respetuosas con lo diferente y defienden el mundo diverso por su poder enriquecedor. Personas con diversidad funcional, familias diversas, asociaciones, entidades que quieren poner su granito de arena son las autoras de estos fantásticos proyectos. Si vamos a consumir, al menos hagámoslo con el objetivo de construir entre todos/as un mundo mejor. Como la lista es muy larga no doy detalles de todos los productos así que POR FAVOR, no dudéis en consultarme sobre cualquier de ellos.

Cinco razóns para ler Astérix cos teus fillos máis pequenos

O pequeno gran Astérix e o seu amigo Obélix nos acompañaron na nosa nenez, tamén o fixeron cos nosos pais e agora chega o turno dos nosos fillos. Cóntoche por que é boa idea achegar cómics de Astérix aos primeiros lectores e incluso aos peques que aínda non saben ler. Cinco razóns+ unha para ler estes cómics eternos cos teus peques máis peques.

O UNIVERSO MUSICAL DE MARVEL

O título é toda unha invitación e provocación a ler e a ver, desfrutar, escoitar. O universo das bandas sonoras e o noso imaxinario colectivo. Todo un temazo para reflexionar e aprender sobre como procesamos a música e como inflúe no noso día a día. Es fan das películas de Marvel? Pasen e lean a colaboración de decembro de Carla López, Musicoterapiactiva.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.