Libros para potenciar a imaxinación infantil

25 / 4 / 2016 |

Decreto por orden do mundoaorevés a semana do libro, así, porque me apetece, porque eu son así. Porque aínda que se pasaran os descontos do Día do Libro, sempre é un bo momento para descubrir novos títulos como "¿Qué?" de Guido Van Genetchen.

Empezo o post facéndote unha confesión. A semana pasada subín un post sobre un libro xenial “Mundo Abisal” e tiña en mente compartir contigo máis recomendacións de libros que nos encantan pero é que o día 23 de abril, ademáis de ser o Día do Libro foi o día en que nacín, sí, seino, é unha fecha xenial para cumprir anos 🙂 Así que, después do lío de velas e chocolate, imos a por uns libros para potenciar e estimular a imaxinación.

Porque como eu creo que non debemos limitarnos a ler un só día, nin unha soa semana nin un mes ao ano, voulle dedicar á lectura unha serie de posts nas vindeiras semanas. Non direi que é un monográfico, pero sí é verdade que tiña pendente falarche de alguns libros e iniciativas literarias e vou aproveitar a excusa. Os primeiros son os libros do xenial Guido Van Genetchen. Se non tes ningún é más que probable que che soen de velos en librerías e bilbiotecas porque este escritor e ilustrador belga xa se convertiu en un clásico contemporáneo.

Hai tempo que tiñamos na casa do revés “¿Quién?” e hai pouco que incorporamos á nosa biblioteca “¿Qué?” Son dous libros pequenos e sinxelos pero, non vos deixedes enganar pola súa aparente simplicidade porque non son libros “simples”. Son de eses títulos que nos invitan a soñar, caixas de sorpresas que nos incitan a pensar, que abren ante os peques pequenos interrogantes que lles farán reflexionar, seguramente, sobre case todo porque… e se nada é o que parece? e se unha corda se convirte en un camaleón? que teñen que ver una brocha de pintura e unha cabra?

Na línea de “¿Quién?” e “¿Dónde?”, “¿Qué?” é un libro “abrementes” sí, sí, como o les, porque é de esas pequenas xoias que colaboran no trabajo diario que supon formar novas xeracións que non dean nada por sentado, que se fagan preguntas, que investiguen, que pensen que pode haber algo máis alá das meras apariencias e que éstas, moitas veces, te poden enganar.

A iso hai que engadir que son libros pequenos, fácilmente manipulables e con unhas ilustracións claras e atractivas (síntoo, pero por moito que me guste a mín o traballo de algúns/as ilustradores/as un tanto barrocos/as non é o máis apropiado para os máis peques de casa) que lles enganchan desde o principio.

Libros sinxelos? Sí. Simples? Nooooooooon.

¿Qué? de Guido Van Genetchen, libros para estimular la imaginación, literatura infantil 0-6 años

¿Qué?, de Guido Van Genetchen, literatura infantil, libros para potenciar la imaginación, libros 0-6 años

¿Qué? de Guido Van Genetchen, literatura infantil 0-6 años, libros para estimular la imaginación

¿Qué? de Guido Van Genetchen, literatura infantil 0-6 años, libros para estimular la imaginación

Compartir:

Tamén che pode interesar...

OS SEGREDOS DA CREATIVIDADE

Ser creativos ou non selo, velaí a cuestión. Admiramos a pintores, cantantes, debuxantes, escritoras ou compositoras pensando que nós non temos esa capacidade e tratando de fomentala nos nosos/as fillos/as. Pero, realmente é certo? Todas/os somos seres creativos. Nacemos con esa capacidade e temos que desenvolvela. Podemos desenvolvela. Non deixes que ninguén che faga crer o contrario a ti nin aos teus fillos/as.

“Debemos educar no pensamento crítico como única ferramenta válida no mundo dixital. Internet é moi poderoso fainos moi manexables”

Empezamos o curso con enerxía e cos mellores consellos e vibracións da man de Noelia López Cheda. Unha auténtica crack coa que imos aprender a descubrir os talentos dos nosos fillos, a acompañalos no camiño da vida e moito, moitísimo máis. Foi unha delicia charlar con ela de tantas cousas importantes para a educación dos nosos fillos. As novas tecnoloxías, o espíritu crítico… ¡Ah e volve con ela o podcast do revés!

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.