Ler dá moitos soños e ferramentas para cumprilos

11 / 4 / 2018 |

Abril é un gran mes. O mes da vida, das chuvias que o fan medrar todo, o mes do meu cumpreanos e o mes dos libros. Por iso este mes heime adicar a conseguir inspirarvos a diario con novas propostas. Pero se buscades inspiración, xa podedes deixar de facelo porque a atoparedes todiña no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Salón do libro infantil e xuvenil 2018

Hai un slogan que circula en imaxes e carteis en redes sociais e co que concordo parcialmente. “Ler dá soños”, “Leer te da sueños”, mais penso que o que che dá a lectura vai moito máis aló dos soños, dache tamén as ferramentas e pistas para perseguilos e mesmo alcanzalos en moitos casos. E diso ides atopar moito moitísimo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra até o día 29 en Pontevedra.

Todo un mes para coñecer editoriais, propostas novidosas, participar en contacontos, aprender coa escola de pais e nais novas maneiras de estimular a lectura, desfrutar coa música dos mellores grupos galegos (¡qué boísima idea a de unir libros e música!) en un montón de concertos imperdibles…

De luns a domingo, sete días á semana, atoparedes unha programación máis que apetecible. Destaco apenas catro ou cinco propostas de entre todas elas:

  • Obradoiros de podcasting literario e de booktubers. Demostramos que os libros e as novas tecnoloxías non só se poden levar ben, senón que poden facer unha estrana parella perfecta.
  • Obradoiro sobre o libro “O branco non pinta”, unha xoia da que teño que falarvos en breve.
  • Obradoiro científico “Que é isto?“, no que os participantes levarán adiante diferentes propostas baseadas nas do libro “Mauz iz io”, de Carson Ellis.
  • Isto para alén do congreso de mediación lectora, de todas as propostas que veñen da man de México, o país convidado ao evento este ano e todos os soños, as bolboretas, as ilusións, as nubes e os talentos que se agochan tras cada contacontos e presentación de libros que se programan no Pazo da Cultura de Pontevedra, pero tamén en centros de ensino, ou en outros centros colaboradores.

Non perdades o programa completo desta edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil que non podía ter un cartaz nin un lema que me gustasen máis “Mulleres de conto“.

Ao fin e ao cabo, se hai algo que aprendín, foi que nada pode ser mellor que ser unha muller de conto, protagonizar as súas historias, inspiralas, contalas, interpretalas, sentilas coma propias, aínda que só sexa por medio século…

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Se queres conciliar e emprender temos que falar

O contacto humano, poder sentarte a tomar un café coas túas clientas e charlar é marabilloso. A cercanía, a creatividade e a personalización no trabajo son os distintivos dos servizos de comunicación de Omundoaoreves pero… Que pasa cando non podes quedar e os teus horarios son de tolos/as? Pois que tamén podemos buscar unha solución. Porque sei o que é emprender tratando de conciliar. Porque sei o que é facer malabarismos coas axendas mentres tratas de sacar adiante o teu negocio tráioche as novas opcións de servizos online de Omundoaorevés comunicación.

Ensinar en positivo

Ensinar en positivo, vivir en positivo… algo tan importante e que ás veces esquecemos con tanta facilidade. Deixámosvos coa imaxe e a reflexión da nosa colaboradora Paula Verde.

Festival solidario por la biopsia líquida de Mamá Cabra

Música con causa, música para todas las edades, música de calidad para apoyar la investigación oncológica. No se me ocurre un plan mejor que este festival solidario para cualquier día del año. ¡No te quedes sin tu entrada y escucha a Mamá Cabra mientras apoyas la investigación contra el cáncer!

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.