A vida do revés non é tan diferente

30 / 10 / 2015 |

Como hai ponte, creo que é un momentazo para tomarnos unha caña ou un viño xunt@s. Xa sabes que invito eu. Hoxe traio un pouco de vida, da miña vida e unha reflexión verbeneira, de unha impaciente reconvertida en paciente forzosa, de unha nai que tivo que reinventarse e que descubriu que as mellores leccións saen dos peores momentos.

Levamos xa case seis meses en esta fermosa aventura do revés e unhas cantas semanas tomándonos cañas/viños xuntas así que tomei unha decisión, é o momento de sincerarnos. Se non te ves con ánimos, tranquila, xa o vou facendo eu por ti, para iso son a madrexefa #dorevés. Un pouco de vida e verdad en estado puro, que non nos vén mal en este mundo dixital, pero sen solemnidades, eh!

Cóntoche, en versión resumida, algo do meu día a día. Non se trata de aburrirte, nin moito menos, pero che propoño que penses se te sintes identificada coas situacións que che vou contando, sen máis. Ao final, xa sacaremos conclusións.

Pipipipi, teño que cambiar o timbre do despertador porque este me mataaa, sacudo a legaña, ducha, roupa a toda velocidade (crema hidratante, volve a min!) preparo o almuerzo mentres esperto á pequedelrevés e trato de arrastrala para que almorce na súa taza de Peppa coa colaboración inestimable do pai dorevés. Aos poucos minutos fago o propio co peque delrevés, que agora que xa pasou ao cole de maiores, polo menos nos evitamos o de ter que pedir axuda e andar coma tolos de un cole a outro. Almorzamos e imos preparando todo un pouco #aloloco, vaia, como podemos.

Familia del revés en acción

Foto de Olladas Paos

Chega o momento de lavarse, vestirse e a “negociación-batalla” continua co peque delrevés, que sempre sempre sempre atopa un motivo ultrarrazonable para deixar para o derradeiro minuto o labor de intentar poñerse a roupa e os calcetíns. Arrancamos cantando polo camiño ou xogando ás carreiras e chegamos polos pelos -eses mesmos que a peque leva tan mal peiteados porque non quere ver un cepillo diante e xa non había tiempo material para arreglar mellor o desastre capilar-. Nai dorevés que se marcha a traballar co portátil a costas -xa hai quen me comparou con un sherpa e dentro de pouco será certo-.

Imos abreviando, que os detalles do meu traballo no veñen ao caso. Saio como alma que leva o demo para recoller aos peques delrevés do cole. Despois dos abrazos e bicos volven as negociacións sobre se imos ou non a correr detrás dos amigos de clase, se mercamos ou non unha barra de pan, se este camiño é mellor que aquel porque a mín me apetece ir por aí, mami, porfi, porfi, porfi… (o peque delrevés é tremendo)

Un século máis tarde, conseguimos chegar ilesos a casa e quentar a comida que papá #dorevés preparou a noite anterior. Cafeína de por medio, iniciamos a tarde na que case sempre hai algunha actividade infantil (música, piscina, pony/cabalo, etc) que, habitualmente, é parte do paseo de tarde de papá mentres aquí a pringada, digo, emprendedora volve currar onde e como pode.

familia del revés en acción

Foto de Olladas Paos

Tras as merendas e visitas a parques (se non hai choiva de por medio) chega o momento de compras pendentes e  últimos xogos e arranca o proceso de cea-baño-contos, deitome-levantomedacamaunratiño-veñaparacamaquemañáhaicole-volvoalevantarme-quehaiquedurmir…. e así ata que caen e nos relaxamos uns quince minutos, aproximadamente, o xusto para cear, traballar un rato/ver calquera cousa na tele e caer como pedras na cama desexando que as seis horas escasas que quedan ata que soe o despertador se convirtan en nove.

Xa está… moi resumido e sen entrar nos detalles máis bonitos (que por sorte hai moitos) para non eternizarnos. A ver, cantas similitudes coa vosa vida atopastes? Calculo que unhas cantas, se acaso os vosos peques van a judo, inglés, pintura… ou  aínda son bebés ou só tedes un, (se vos lanzastes a polo terceiro ou cuarto, moito ánimo) ou ides en coche ao cole en lugar de ir andando ou, simplemente, nunca podedes sequera comer en casa pero… en esencia, as diferencias non parecen moi grandes, verdade? Así que estaredes agora pensando: onde está o truco? Pois non o hai, aínda que si hai diferencias, menos que similitudes, seguro, pero habelas hainas. Eu creo que as diferencias, como casi todo en esta vida son una cuestión de perspectiva, de números e de letras, de palabras e de esforzos tamén.

Números: o número de veces que intentades que os vos@s peques se vistan sós, 30, 40, 50 ata que aprenden… nós 300-400-500 ata conseguilo (e aínda non o logramos ao 100%); o número de días que durou a operación cueiro na túa casa, 20, 40, 60… na nosa aínda non rematou; o número de veces que te preguntas que será da vida do teu peque dentro de 20 anos, unha ao mes, quizáis unha ao ano (tampouco hai que agobiar!)… nós todas as semanas; o número de cursos aos que fuches para formarte sobre educación e desenvolvemento e o número de recursos que buscaches en Internet para xogar con eles, quizáis catro ou cinco, dez se es unha nai ou pai moi dorevés.. por aquí, a pesar de ser dorevés case de nacemento, perdin a conta de esta cifra…

Hai máis similitudes que diferencias entre a túa familia e a miña, aínda que ninguén quixera estar no meu lugar ou no de tantas outras familias, non somos realmente maís “especiais” nin “distintos” que outros

Letras, porque as palabras importan, digan o que che digan, claro que importan. As palabras marcan, etiquetan, pero tamén te poden liberar, non o esquezas. Os teus peques van a música ou a equitación, a miña peque delrevés vai a musicoterapia e a hipoterapia. Tiveches que convertirte en un mal émulo de MacGyver para sacar o óso de la aceituna que a peque se metera polo nariz ou arreglar o seu xoguete favorito, eu especialiceime no recortapega para facer un libro de pictogramas (dibuxos identificativos) e fotos para comunicarme coa miña filla, mellorei as miñas dotes de interpretación coa lingua de signos, reinventei e copiei novos métodos de estimulación e instalei nonseicantas aplicacións de comunicación alternativa e estimulación na súa tablet.

Familia del revés en acción

Foto de Olladas Paos

A estas alturas, redoble de tambor, como non es parvo/a (por algo estás lendo esta web) xa se che pasarían pola cabeza palabras como minusvalía, discapacidade ou diversidade funcional. Bingo! Un 13 de agosto (de novo números e letras) a miña peque contraiu unha enfermidade que acabou en drama de eses que te marcan de por vida e que non vos vou contar para que non acabemos emborrachándonos para superalo, baste dicir que en todos os informes médicos que acumulamos aparecen palabras como dano cerebral, crises, epilepsia, retraso evolutivo, etc. Desde entón (hai xa case 5 anos, máis números), temos pasado de todo, como calquera outra nai ou pai, pero nos tivemos que enfrentar a esas situacións diarias con outro tipo de “instrumentos”, digamos que nos tivemos que “armar ata os dientes” de ideas e paciencia (eu que nunca tiven).

Este camiño estivo e seguirá estando cheo de grandes vantaxes. Nunca me tería lanzado a construír o meu proxecto dorevés se non me tivese visto forzada a investigar, aprender e formarme en educación, estimulación, xoguetes e en todas as empresas e proxectos do sector. Non é optimismo visceral, é o que sucedeu.

E aquí estamos, correndo de un lado para outro para chegar a tempo a algunha das citas que temos e intentando non volvernos aínda máis tol@s do que xa estamos. Porque a vida non é unha verbena, nin todos somos super molones, sinto moito dicircho, pero non teño nada de cínica e vivirei sempre convencida de que debemos intentar con todas as nosas forzas, ilusión e enerxía e con todo o que nos atopemos polo camiño que se pareza o máximo posible a esa fiesta na que a tod@s nos gustaría vivir. É máis, creo que temos a obriga de facelo porque, senón, para que estamos neste mundo?

Fotos de Olladas Paos

Compartir:

Tamén che pode interesar...

OS BEBÉS COMPRENDEN A MÚSICA

A música e a capacidade de calquer ser humano, teña a idade que teña ou sexan cales sexan as súas condicións para “entendela” e desfrutala son un fenómeno que ten merecido distintos tipos de estudios. Que pasa na cabeciña da túa peque cando lle pos unha peza de rock ou algo de música clásica? Colaboración refrescante e reflexiva da nosa musicoterapeuta favorita, Carla López.

Celebramos a semana da ciencia con xoguetes STEM

Sabes que nos encanta a ciencia, así que non podíamos deixar de celebrar a Semana da Ciencia ao grande. Arrancamos con reseñas de xoguetes molóns para este Nadal con unha marabilla. Con Korbo Cosmos desenvolverán as súas habilidades visuoespaciales, o seu razonamento lóxico, construirán unha réplica do sistema solar que, por suposto, xira e todo o necesario para unha aventura espacial, Se che gusta, no perdas o post porque vén con SORTEO.

Benvido ás tribus emocionalmente intelixentes

Atención, familias, é o momento das tribus emocionalmente intelixentes, as únicas capaces de asegurarnos un futuro mellor en este planeta. Apúntate á formación gratuíta da Fundación María José Jove e únete a elas.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.