Xoguetes para un mundo mellor

20 / 10 / 2015 |

Máis novidades para que non vos perdades nada do que pasa na cidade. Novo rinconcito para visitar na Coruña, a primeira xoguetería ecolóxica herculina abriu as súas portas este mes en Zalaeta e nos achegamos a coñecela.

Lucas é un maquinista que vive xunto á súa locomotora Emma na illa de Lummerland, un lugar marabilloso no que ninguén discrimina aos demáis pola súa cor ou ideas e no que un bo día aterriza Jim Boton, un neno diferente ao que todos tratan como un igual. Ésta podería ser a sinopse da historia “Jim Boton e Lucas o maquinista”, un relato do gran Michael Ende que inspirou a filosofía que impregna a primeira xoguetería ecolóxica de A Coruña, Lummerland.

Hai menos de un mes que abriu as súas portas na rúa Zalaeta, 10 e as súas creadoras, Bettina e Alessandra xa conseguiron imbuír o local de ese espíritu que transmiten a través de todo o que rodea a Lummerland: xoguetes ecolóxicos, éticos, respetuosos co medio ambiente e con todos os seres vivos. Moitos de eles se elaboran en empresas familiares baixo demanda e sempre con materiais absolutamente naturais o cal, tal e como nos destacan, ten varias vantaxes: por un lado, os peques poden metelos na boca sen problema porque non hai nin rastro de tóxicos na súa composición e ademáis sinten e experimentan moito mellor.

Lummerland, juguetes ecológicos, juguetería ecológica, A Coruña

Lummerland é un espazo pensado tamén para a experimentación, por iso, Alessandra e Bettina teñen claro que os nenos poden manipular e usar os xoguetes mentres os seus pais investigan na tenda sen présa. Porque, como elas mesmas contan, “é esencial deixar libre a creatividade innata nos nenos para que poidan expresarse e descubrir as súas capacidades por sí mesmos”.

Ensínanme con cariño e ilusión varias das pezas que ocupan as súas estanterías en un concepto de estabelecemento totalmente diferente do prototipo de locais para nenos/as. Un espazo limpo, luminoso, con moi poucas cores. Adeus sobrecarga de estímulos, ola aprendizaxe e experimentación. O local, tal e como me explican, tamén se acondicionou de maneira respectuosa co medio ambiente usan madeira de bosques sostibles, pinturas ecolóxicas e materiais reciclados e biodegradables.

Lummerland, muñecas ecológicas, juguetes ecológicos, A Coruña

Bonecos realizados con algodón orgánico respetando a súa cor orixinal

Que é o que non encontraredes en Lummerland: xoguetes sexistas, bélicos, elaborados con plástico nin calquera material pouco respectuoso con un desenvolvemento sostible, esquecede de atopar aquí unha espada láser, nada de estanterías atiborradas de obxectos.

Que é o que desborda esta tenda: luz, vida porque son xoguetes que conservarán os vosos fillos de por vida e pasarán aos seus fillos e os fillos dos seus fillos, pequenas historias que se contan a través da forma de traballar das firmas sostenibles que nutren as estanterías de este local, moito material para traballar dentro de tendencias e filosofías educativas como Waldorf ou Montessori, papelería para todas as idades, pos suposto, elaborada tamén con papel reciclado e materiais sostibles…

Juguetes ecológicos, Lummerland, A Coruña

Lummerland, juguetes ecológicos, juguetería ecológica, A Coruña

Detalle do escaparate

Lummerland, juguetes ecológicos, juguetería ecológica, A Coruña

Barco de cartón reciclado

Compartir:

Tamén che pode interesar...

O UNIVERSO MUSICAL DE MARVEL

O título é toda unha invitación e provocación a ler e a ver, desfrutar, escoitar. O universo das bandas sonoras e o noso imaxinario colectivo. Todo un temazo para reflexionar e aprender sobre como procesamos a música e como inflúe no noso día a día. Es fan das películas de Marvel? Pasen e lean a colaboración de decembro de Carla López, Musicoterapiactiva.

Cuentos para aprender a valorar lo que de verdad importa

Contos para aprender a valorar o que temos

Traioche tres historias sinxelas e máxicas que me conquistaron. Tres contos que se convertirán en ferramentas máis que útiles para explicarlles aos teus peques un concepto que todos/as deberíamos ter máis que claro: aprender a valorar o que temos na nosa vida. Ser conscientes do que o realmente importante non reside nos obxectos que nos rodean, senón nas persoas que nos acompañan en este camiño. Toma nota porque te van a encantar,

Falando de sexo

Seguro que xa botabas de menos á nosa psicóloga Verónica Rey. Pois aquí a temos de volta con unha colaboración do máis útil sobre un tema sempre polémico, pero sempre inevitable: cando e como lles falamos aos peques sobre sexo?

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.