Imagine Elephants: Pecha os ollos e xoga

27 / 7 / 2015 |

Un proxecto ilusionante e necesario, teñas ou non teñas fillos (se os tes, máis, a verdade). Deixámosvos con Imagine Elephants, un documental sobre o xogo e a súa importancia e unha entrevista aos seus impulsores: "Os adultos nos desconectamos moitísimo das cousas realmente importantes da vida, e sen pensalo, desconectamos tamén aos nenos e nenas destas experiencias".

Estamos emocionadas de arrincar a semana presentándovos un proxecto tan rebonito e necesario como éste. Imagine Elephants é un documental sobre o xogo e a súa importancia que acaba de estrenarse online como web doc. Un traballo de máis de un ano e medio de Julián, realizador audiovisual, e Elena, mestra de educación especial, que se lanzaron de cabeza a este soño que xa empezou a se facer realidade.

Expertos como o pediatra Carlos González, os pedagogos André Stern ou Francesco Tonucci, o inventor de xogos Joan Rovira, Inma Martín, mestra e consultora pedagóxica, etc, etc, etc aportan a súa visión sobre a relevancia do xogo nas nosas vidas e por que tod@s deberíamos saber que é un dereito fundamental dos nenos.

Cedemos a palabra a Julián e Elena para que vos conten por que xogar é vivir e vivir é xogar (ou debería selo):

Aínda que esteamos en O mundo ao revés, imos empezar polo principio, para non liar a ninguén… Que é Imagine Elephants e por que temos que imaxinarnos a eses elefantes? Como animariades a calquera que lea isto a adentrarse con vós en este camiño?

Imagine Elephants é unha experiencia sobre o xogo e a infancia. Trátase dun webdoc (documental interactivo) no que os usuarios podedes intractuar con máis de 800 minutos de vídeo, recopilados a través dunha serie de entrevistas a diferentes profesionais do mundo do xogo, a infancia, a educación, a psicoloxía, a pediatría, etc…

Na nosa web, www.imaginelephants.com partindo dunha reportaxe lineal de 50 minutos, podedes ver as entrevistas completas, indagar nos temas que máis vos interesen, consultar o glosario de términos, comentar todos os contidos e descargar as entrevistas transcritas en PDF.

A estrea foi en maio, pero o webdoc acaba de ver a luz online, que tal está sendo a acollida?

Está sendo fantástica. Tanto o día 28 de maio que se estreou online durante 24h como durante o mes de xuño na xira de presentación. Todas as personas que contactan con nós nos transmiten moitísimo amor e palabras de agradecemento. É unha das partes máis bonitas deste proxecto, todas as personas que, dunha ou outra maneira, se uniron a esta experiencia.

Xoguemos… que se vos pasa pola cabeza se vos digo a palabra…

Imaxinación?

Joan Rovira

Elefante?

Grande

E xogo?

Vida

Despois de todo o que aprendestes e reflexionastes poderíades dicirnos se realmente, xogar é algo moi serio? Por que é tan importante? E, se é así, por que lle damos tan pouca importancia?

Claro que é moi serio! O xogo é unha necesidade, un impulso vital, unha actividad que facemos todos os seres humanos e moitos animais. E por ser tan necesario, é un dos dereitos dos nenos e nenas, algo descoñecido todavía.

Ademáis, grazas ao xogo adquirimos as aprendizaxes máis importantes da vida. Se entendes o xogo como o entendemos nós, decataraste de que case todo o que sabes aprendíchelo xogando. Aprendiches a correr, a saltar, a agarrar obxectos coa forza xusta para que non se rompan nin que se caian, a lanzar, a facer torres, buratos e montañas. Aprendiches valores, a escoitar, a esperar, a aceptar normas e a inventarte as túas propias. Aprendiches matemáticas, lingua, física e un montón sobre o mundo natural.

E algo moi importante, que ocurre tanto con nenos como con adultos, que é que se realizas unha actividade que xurde do teu interior, que fas porque realmente a quieres facer, esta actividade será placenteira, concentraraste, sentiraste ben contigo mesmo, te entusiasmará. Moitas veces pode implicar un reto, pode parecer difícil, podes pensar que non serás capaz, pero se realmente queres facelo, sintes a necesidade de facelo, seguro que o consegues.

Pensamos que non lle damos importancia ao xogo ao igual que a moitas outras actitudes da vida. Vivimos nunha sociedade superficial, desmotivada e con medo, na que se confunden valores e aspectos importantes da vida. Valoramos ter un coche novo, unha casa na praia e un ventre plano. Moitas veces esquecemos coidar aos nosos avós, respectar á nosa parella ou axudar aos demáis.

Os adultos nos desconectamos moitísimo das cousas realmente importantes da vida, e sen pensalo, desconectamos tamén aos nenos e nenas destas experiencias.

Elena y Julián con la web de Imagine Elephants al fondo

Cal pensades que pode ser a chave para que cambiemos o chip? Volvernos pequeniños?

A reportaxe lineal de Imagine Elephants, dedica os seus tres primeiros minutos a que os entrevistados que interveñen lembren momentos da súa infacia, momentos de xogo principalmente. As súas caras transmiten unha sensación de alegría extrema ao lembrar e exteriorizar estes momentos. Pois, para nós, o cambio de “chip” atópase aí, en ese instante que pechas os ollos de adulto e rememoras todas estas cousas que nos facían sentir ben para non cortallas aos nenos de agora. Deberíamos pechar os ollos máis a miúdo.

Que lles diríades aos que pensen que unha reflexión sobre o xogo está de máis nos tempos que corren?

Claro que está de máis. Ogallá non tivésemos que estar falando disto en pleno século XXI, pero parece obvio que cada vez xogamos menos, dámoslle menos importancia a vivir calmados e a respectar o ritmo natural das cousas. Para nós é unha necesidade prioritaria, volver a conectarse co xogo no sentido amplo da palabra. Non renunciar a un dos placeres máis grandes da vida, por iso nos decidimos a reflexionar sobre isto e compartilo coas persoas.

No documental se reflexiona sobre o feito de que tamén os adultos xogan, a que vos gustaba xogar de pequenos e a que xogades agora?

A mín, de pequena me gustaba xogar a moitísimas cousas. A todo o que me apetecía, igual que agora. De pequenos temos uns intereses e unhas necesidades, que son as que reflectimos no xogo, e cando nos facemos maiores é igual. O conflicto xurde cando medras e deixas de facer o que che sae de dentro e só fas o que os demáis queren que fagas. Nós intentamos xogar con todo o que facemos. Moitas veces nos toca facer cousas que non nos apetecen, ou que non nos gustan, pero son parte do xogo da vida. Nun día, o 80% das cousas que facemos as facemos con ganas, porque nos apetece, porque nos gustan. Despois sempre hai un ratiño para esas outras cousas que fas porque “tes que facer”, aínda que non te apaixoen.

Imaxinemos, soñemos de novo, que vos gustaría que pasara co voso proxecto?

Soñando ao grande, encantaríanos que todo o mundo coñecese Imagine Elephants, e puidese ver a reportaxe. Pensamos que é moi necesario que chegue ao maior número de personas, xa que para nós a mensaxe que transmitimos e moi importante.

A día de hoxe, o noso principal obxectivo é reunir o financiamento necesario para poder continuar investigando acerca do xogo, da vida, da educación, etc. Por iso lanzamos unha campaña de crowdfunding en goteo.org, para que todas as personas que comparten esta inquietude formen parte de Imagine Elephants e nos axuden a continuar co proxecto.

Se a estas alturas aínda non vos decidistes a adentrarvos na senda destes elefantes e imaxinar con eles é que non tedes sange nas venas e a imaginación se vos quedou entumecida polos smartphones. Pero, como sabemos que non é así, animámosvos a seguilos no seu camino, soñar con eles e impulsar o seu proxecto colaborando como poidades ou vos apeteza, con aportacións económicas, tradución, difusión, etc, nós estamos niso!! Porque aprendemos a vivir xogando, aprendamos a xogar un pouco máis durante o resto da nosa vida.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Neno, mánchate por favor

Mancharse é moi divertido espeta o peque do revés cada vez que ten ocasión. E, para variar, acerta ao 100% nas súas afirmacións este peque. Porque mancharse é divertido, é educativo es NECESARIO, mal que nos pese moitas veces ás nais e pais. Sí, lévate as mans á cabeza as veces que queiraa, pero déixalle que se encha de lama ata as trancas.

Libros para descubrir o corpo humano

Aprender divertíndose é posible e necesario. Por iso che traio máis libros de coñecemento do revés que lles van axudar a coñecer e recoñecer as distintas partes do corpo humano. Hai un que é o meu favorito, non vou negalo, pero é que me parece unha xoia, mesmo aínda que agora mesmo non atopes en español, pero che dou máis opcións, por suposto.

Como educar aos nenos na orde

A eterna batalla: recolle os xoguetes, non deixes todo tirado, colga o abrigo… Cantas veces repites esas frases cada día? A orde e a organización son un hábito que se pode e se debe instaurar na súa vida desde que son bebés. Imos descubrir cómo da man da organizadora profesional Adelaida Gómez. Vés?

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.