Guía de comunicación para emprendedores DoRevés

5 / 10 / 2015 |

Imos empezar ben a semana, con un post de agradecemento cando imos cumprir 5 meses de vida e con regalos de agradecemento. Lanzamos a nosa Guía de comunicación para empresas e emprendedores do sector famliar/infantil (aínda que se pode aplicar a case todos os sectores) e máis agasallos!! Estamos que o tiramos #DelRevés #DoRevés.

Guía de comunicación para emprendedores, consejos para emprendedores sector infantil y familiar

GRAZAS

Non se me ocurre mellor palabra, máis fermosa e completa que esa. Cumprimos cinco meses de vida, unha curtísima vida na que nos diches a túa confianza e estou máis que feliz. Grazas ás mamás e papás coruñeses (vale, tamén hai non-mamás e non-papás e xente de outras provincias que son moi benvidos) por ternos recibido cos brazos abertos. Grazas ás empresas do sector polo enorme interese que tedes demostrado polo noso proxecto en tan pouco tempo. Sabía que tiña algo bo entre mans, pero os resultados superaron con creces as miñas expectativas. E por iso vos traio hoxe sorpresas para lectores e empresas.

Primeiro pequeno agasallo, sí sí, aínda que sexa o noso cumpremeses (só as nais e pais somos capaces de celebrar con moooooita ilusión un cumpeemeses) vou ser eu a que vos faga o agasallo. A tí, lectora/lector habitual de omundoaoreves regáloche a posibilidade de construír comigo unha nova web que cumpra todas as túas expectativas no sector, con información útil e de calidade, con colaboracións interesantes e unhas cantas risas que nos axuden a ser máis felices día a día. Para iso te invito a que nos digas que é o que esperas de nós. Cóntame que queres, que precisas atopar aquí e tratarei de cumprir os teus desexos de cumpremeses. Xa sabes que nunca chove a gusto de todos, pero esforzareime, cando menos, por crear unha chuvia fermosa.

Lembra que me podes atopar #DelRevés #DoRevés en facebook, twitter e instagram ou enviarme un correo a info@omundoaoreves.com para contarme todo iso que queres atoparte mañá na web, o que che encanta, o que xa te atopas ou mesmo, se queres, para enviarme unha postal de cumpremeses 🙂 .

E agora toca a sorpresa para as empresas do sector. En estes meses púxenme en contacto coa mayoría (coles, escolas infantís, centros de ocio, academias, psicólogos, logopedas, centros de estimulación infantil, centros de atención temperá, centros deportivos e algunha que outra tenda de xoguetes e accesorios variados) e en todos os casos atopeime con persoas moi preocupadas pola comunicación das súas empresas, pero tamén con moitas dúbidas sobre a necesidade de investir cartos e esforzoe en accions de comunicación. Normal, a situación actual lévanos a reflexionar moito máis sobre onde investimos os nosos cartos e cal será o retorno que teña. Así que, aquí estou, inaugurando sección para axudarvos no voso día a día.

No noso cumpremeses regáloche o primeiro capítulo da guía de consellos de comunicación para empresas e emprendedores. Supoño que lembrarás que todo este mundo ao revés é a primeira criatura do meu proxecto emprendedor en asesoría de comunicación especializada no sector infantil/familiar. Ireiche dando ideas que podes aplicar no teu día a día para mellorar a túa comunicación e chegar mellor á túa clientela. E si, mamá e papá sen empresas, tamén podes e debes facerme chegar as túas suxestións para esta sección, ao fin e ao cabo es o cliente e ninguén mellor ca ti sabes o que queres cando vas contratar ou mercar algo.

Guía de comunicación para emprendedores, consejos para emprendedores sector infantil y familiar

Imos aló, primeiro capítulo moi curtiño

Iso de comunicar… o marketing… no é para min!!

Seguro que máis de unha vez pensaches ou dixeches iso pero, do que non te decataches é de que é absolutamente FALSO. Todo comunica, absolutamente todo: o que dicimos, como o facemos, o noso local, como está decorado, como contestamos ao teléfono ao responder, os correos electrónicos que enviamos, os nosos xestos, a nosa cara de sono a golpe de luns pola mañá… E por suposto, o produto que vendes ou ofreces, os seus atributos, iso é o que máis comunica de todo se está realmente ben deseñado. Non quiero dicir que teñas que estar pendente de todo o que dis e fas as 24 horas do día, nin que te teñas que convertir en alguén que non es, pero SI DEBES SER CONSCIENTE DE ISTO PARA UTILIZALO AO TEU FAVOR.

O primeiro paso para unha boa comunicación é a análise. Pensa un momento, sen excusas, non se trata de cargarnos con culpas, só de facer un pouco de exame de conciencia: Que é o que quero comunicar aos meus posibles clientes? Cercanía? Trato amable e humano? Profesionalidade Diversión? Que teño unha nova liña de produtos que lles axudará a que os seus fillos sexan máis autónomos? Analiza en profundidade o que queres contar, cal é a túa historia e pensa se estás actuando no teu día a día en consecuencia. Son pequenas cousas que podes facer desde xa perfectamente.

Por exemplo, se quero lanzar un novo produto ou relanzar un antigo, non podo esquecer destacalo de algunha forma nas comunicaciones cos clientes. Hai moitas formas sutis de facelo sen necesidade de utilizar a táctica de lembrarllo unha e outra vez e resultar cargante. Preguntar polos seus gustos e ver se o producto coincide co seu ámbito de interese pode ser unha forma, por exemplo, ademais de colocar cartaces nos que se vexa claramente no local, na web e en redes sociais. Se é unha prioridade tes que deixalo claro.

Outro exemplo, ofrezo un producto cercano, persoal e quero transmitir amabalidade e confianza. En ese caso tes que ser moi consciente de que ti e @s teus empregad@s tedes que ter sempre un sorriso amable e unha voz comprensiva a man, aínda que esteades falando con un vendedor ou un comprador que vos resulta cargante e que ofrece algo que non vos interesa. Sé asertiv@, hai moitas formas de defender a túa posición sen resultar brusc@ nin maleducad@ e nunca sabes con quen vai falar despois esa persoa tan “borde” que entrou a pedir información en unha mañá de martes.

Para finalizar, se non estás segur@ de estar transmitindo o que quixeras:

1. Asegúrate de que é iso que queres comunicar e non falo de algo xenérico como “somos os mellores ou cómprame”, senón de algo que vai moito máis alá diso, de sentimentos, de emocións, de sensacións. As mamás, os papás e os nen@s só te elexirán se te necesitan (ou teñen a sensación de precisarte) ou te adoran e iso hai que curralo.

2. Se non sabes que estás transmitindo PREGUNTA, algo tan sinxelo e tan difícil como iso. Podes facelo de moitas formas sen que resulte forzado, non te comas demasiado o tarro, ás persoas gústalles explicar o que queren e como o quieren, é a única forma de recibir mellores servizos e de atopar os produtos que necesitas!! Todos queremos que as empresas melloren os seus servizos e produtos!

Se che interesa profundizar na túa comunicación, estás iniciando un proxecto emprendedor ou queres dar un novo xiro á túa empresa, aquí estou. Non vendo fume nin motos, só experiencia e traballo especializado e honesto. Comigo é fácil porque te coñezo, coñezo o sector e comprendo moito mellor o que necesitas.

Por se aínda estás dubidando, ofrézoche un novo regalo, o meu novo servizo de acompañamento emprendedor en comunicación con 25 euros de desconto durante este quinto cumpremeses (OFERTA VÁLIDA ATA O 7 DE NOVEMBRO). Escoitarei as túas necesidades, guiareite polos puntos básicos de unha estratexia de comunicación e te axudarei a chegar mellor aos teus clientes potenciais. Vés comigo nesta viaxe #DelRevés #DoRevés? Escríbeme

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Educación de toda a vida

A frase máis perigosa da historia, “sempre se fixo así”, “a min facíanmo e non saín tan mal…”. A sentencia de morte de calquera esperanza de evolución e mellora da raza humana en xeral e da educación, en particular. Porque nada poderá mellorar en este mundo se non afrontamos cambios. Se perpetuamos nas novas xeracións algunhas formas de ver o mundo que xa deberían ter desaparecido no teremos avanzado no noso obxectivo de mellorar as vidas dos nosos fillos.

Doce bloggers de familia y un destino

Nada más y nada menos. Porque este proyecto te va a interesar, seguro. Información útil, planes en familia, educación, maternidad, paternidad, crianza… Todo en uno. Bloggal acaba de nacer como nuevo referente de los blogs de familia en Galicia y quiero presentártelo.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.