Guía de comunicación para emprendedores do revés II (EBE2015)

27 / 11 / 2015 |

Coa maleta cheíña de aprendizaxes nos volvimos de EBE, Evento Blog España, así que decidimos que o mellor que podíamos facer era compartilos con todas/os en un novo capítulo da nosa guía de comunicación do revés. Se es emprendedor/a, isto che interesa :)

Seguro que xa a botabas de menos, a nosa guía con consellos, ideas e trucos de comunicación do revés inaugurada o mes pasado chega con un pouco de retraso en novembro, pero nunca dixemos que fosemos aparecer por aquí con unha periodicidade concreta (non queremos facernos pesadas con este tema). En todo caso, esta semana tocaba sí ou sí porque, tal e como xa che contamos en redes sociais, a pasada fin de semana estivemos en EBE (Evento Blog España), o maior encontro sobre web social e outros avatares que se celebra en España.

Alí desfrutamos e aprendimos moitsisisimo con charlas e mesas redondas do máis variado. Entre os nomes que máis che poidan soar das persoas que por alí pasaron están: Laura Baena, a fundadora do club de MalasMadres, Carlos Fernández Guerra (quizáis non che soe o nome pero, e se che digo que foi o community manager da Policía durante anos?), os xornalistas Ignacio Escolar e Arsenio Escolar, Carmen Escalona e Belén Martín Junco de CharHadas, a bloggeira Clara Castro, Wicho, de Microsiervos, o creador de Instagrammers, Philippe González, ou a autora de “Marca eres tú”, Eva Collado.

Se non coñeces a varias das persoas que acabo de mencionar, non te preocupes, podes seguir vivindo felizmente. Ademáis, aquí estamos a xente do revés para irche contando algunhas das cousiñas que aprendimos por alí e que che poden ser útiles á hora de xestionar a comunicación da túa empresa (sí, se es autónoma tamén tes unha comunicación que xestionar, pero non te agobies).

Pero isto dá para varios capítulos así que, para darche tempo a ir asimilando todo, ireino distribuíndo en varios posts que serán pequenas xoias de cápsulas imperdibles do evento máis importante sobre web social e redes en España. Anotando e gardando en favoritos, xentes do revés!!

EBE 2015

Ambiente desde el exterior del hotel en que se celebraba el EBE

Algunhas leccións sobre xestión de comunicación aprendidas ou reforzadas no EBE 2015 que poden serche útiles:

-Os que antes eran partners (facebook ou google, por exemplo), os que antes servían para distribuir o meu contido (o que vendo, o que subo ao blog, etc), agora son competidores (players).

Porque esas plataformas conseguen que se dilua a autoría por completo. Agora a maioría da xente non vai buscar o contido ou o produto á túa web ou ao teu blog, senón que o fai en redes sociais ou en google. Por iso é especialmente importante “deixar marca”, crear e fidelizar a túa clientela, dar valor que atraia directamente aos teus usuarios ao teu sitio.

Define unha política de contidos e de distribución dos mesmos que potencie esa fidelización que buscas.

Tece unha historia co teu usuario. Consegue a súa confianza, gáñate credibilidade e anímao sempre a que te escoite atentamente porque non te esquezas de que o contido só ten valor na medida en que é atopado e compartido (Marion Bauer, de Vueling).

Por moi relevante ou potente que sexa a túa mensaxe, se a emites nun bosque baleiro, non chegará a ninguén.

O contido só ten valor na medida en que é atopado e compartido, Marion Bauer

-Reputación en redes sociais.

Nunca deixes as redes sociais ao teu primo/a, amigo/a se non son profesionais porque non podes deixar nada ao azar. Se no es profesional, constrúe, al menos, un manual básico de respostas a preguntas frecuentes e prepara un manual de crise básico  en resposta a todo iso que non vai  suceder nunca, que non que non, que iso só lles pasa aos grandes… Ata que che pasa a tí.

Non custa tanto estar preparad@ e pensar que vas  dicir en caso de:

Danos por accidentes leves

Reclamacións

Queixas diarias

Falecementos

Delitos ou bulos de empresa

Porque tamén che pode pasar a ti e se che pasa… que te colla preparad@.

Ademiás disto, a única forma de saber cal é a túa reputación en redes sociais é realizar un traballo de monitorización que, normalmente, non terás tempo de realizar a non ser que non durmas nunca. Solucións? Contratar a unha profesional ou tratar de usar de cando en vez unha ferramenta que che dea unha idea aproximada do que está sucedendo. Hai varias, aínda que as boas de verdade son as feitas a medida con solucións de pago (por suposto, é triste, pero é así). Podes probar con mention.net o topsy.com.

-Que ninguén pense que es un robot

Hai pouco, lendo a newsletter de unha marca de deseño sorría coa súa mensaxe “gústannos os robots, pero temos que saber que non es un”. E é que é verdade, en este mundo dixital no que vivimos todo se despersonaliza, acabamos caendo en dinámicas e formas de relacionarnos que esquecen a humanidade e así é imposible que a túa marca perdure. Por iso, lembra:

*Personaliza a túa comunicación, Segmenta o teu público todo o que poidas e diríxete a todos e cada un de eses segmentos (facendo fincapé nos estratéxicos para ti, claro).

*Non te esquezas nunca de que somos seres humans e aos seres humans nos gusta traballar con xente que nos gusta, que nos cae ben, así que non perdas o contacto personal.

*Canto máis dixitais nos volvamos, máis humanos debemos ser

*Chama aos teus clientes, visítaos porque as relacións exitosas son aquelas que se constrúen online e offline. Supera a barreira dixital.

O Mundo ao Revés en el EBE

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Guía de comunicación para emprendedores, consejos para emprendedores sector infantil y familiar

Guía de comunicación para emprendedores DoRevés

Imos empezar ben a semana, con un post de agradecemento cando imos cumprir 5 meses de vida e con regalos de agradecemento. Lanzamos a nosa Guía de comunicación para empresas e emprendedores do sector famliar/infantil (aínda que se pode aplicar a case todos os sectores) e máis agasallos!! Estamos que o tiramos #DelRevés #DoRevés.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.