Grazas a ti somos finalistas nos premios Madresfera

19 / 1 / 2016 |

Conseguímolo (falo en plural e non é maiestático) omundoaoreves está na final dos premios Madresfera grazas a ti, a todos e cada un de vós e aínda non o creo. Non sei como devolver todo o cariño recibido, pero vouno intentar.

E agora, que fago? Poñerme a facer o pino? (tal e como prometín en redes sociais?, debuxar un sorriso de orella a orella na miña cara?,  elexir o modeliño nas rebaixas? , desempolvar os taconazos que xa non me poño nin para as vodas? (a ver quen é a guapa que corre detrás dos nenos subida en iso e con un vestido longo!!), ou simplemente quedarme coa boca aberta? A web omundoaoreves é finalista na categoría de Ocio en Familia nos Premios Madresfera e se iso é así é grazas a todos e todas vós, nin máis nin menos.

Hai ben pouco, facendo balance do 2015 que se termina, dicíache que estaba moi orgullosa do camiño percorrido ata agora en apenas 8 meses pero é que agora… agora estou que non o creo. Máis de 3.100 webs de fala hispana centradas en familia, maternidade, paternidade, crianza e educación forman Madresfera. Moitas de elas con anos de experiencia detrás, unhas cantas con decenas de miles de seguidores e… aí estou eu, cos meus 8 meses de vida (se isto fose un embarazo nin tería saido de contas), ao lado de blogs aos que admiraba e outros que descubrin como Tigriteando, Una madre como tú, Diario de Mujer, La Psicomami, Pequefelicidad, Un Papá como Vader …, ou por suposto, cos superfinalistas da miña categoría: Vigopeques e Con los niños en la mochila; Aí estou eu coa miña ilusión, o meu traballo, coas supercolaboradoras da web, con todas as empresas e emprendedoras que me fun atopando por este fermoso camiño e… CON TOD@S V@s, CONTIGO.

Estar aí só me dá miles de ánimos para currar aínda máis, para informarte do mellor do mellor, para compartir información, experiencias e emocións e, se gaño, igual me veño arriba e… Veña, iso o deixamos de momento, que non vén ao caso.

GRAZAS, de verdade, de corazón porque isto serviume, ademáis, para achegarme a máis xente, que máis mamás e papás coñecesen este mundo ao revés e para que me demostrases o teu cariño e non hai nada máis grande nin reconfortante en este mundo, non o dubides.

O día 30, no Bloggers Day en Madrid terei un sorriso que ninguén me poderá borrar da cara pase o que pase.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

No publiques fotos de mis hijos sin mi permiso

Esa mamá con la que hablas de vez en cuando en el parque, el papá del amiguito de tu hija, la abuelita de su amiga empiezan a sacar fotos en la fiesta del cole, en el cumpleaños, en un desfile… Horas más tardes las ves. Están en el grupo de whatsapp, en su Intagram Stories, en su actualización de facebook. Allí está tu hija, monísima con su disfraz, eso sí, pero sin comerlo ni beberlo y sin contar con autorización alguna de sus padres. ¿Cuándo aprenderemos?

Nós, os pais e nais da resistencia

Porque SÍ importa. Importa educar en igualdad. Importa educar en la no violencia. Importa intentar que nuestros/as hijos/as no vivan sobreestimulados desde la cuna. Importa que les transmitamos la importancia de una alimentación sana. Importa que vean que un teléfono móvil no hace feliz a nadie y que el rosa y el azul es sólo un color. Claro que importa. Y no permitas que nadie se atreva a decir lo contrario.

Primeiros libros para descubrir o mundo

O proceso de adaptación de volta ao cole se leva mellor con libros para aprender da maneira máis divertida. Libros que nos demostran que podemos coñecer o noso entorno sen necesidade de memorizar. Tráioche unha selección de libros do revés para aqueles que empezan a facerse preguntas: por que chove? De que está feito un coche, ou unha casa? Que hai no espacio? Libros desplegables, interactivos, con propostas de actividades e ilustracións atractivas que os animarán a seguir e seguir e seguir no mellor dos camiños que poden emprender: o do coñecemento.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.