Felices lecturas

17 / 3 / 2016 |

Libros, libros e máis libros. Libros para explorar, para aprender as letras e os números, libros con rimas, Atlas, libros de personaxes televisivos... Na casa do revés levamos máis de un mes ata as orellas de novos libros... pero os estamos dosificando. Coñeces ao Lobo Lolo e a súa Isla Mágica? Vén que cho presento!

Felices lecturas desexábanme desde as súas redes sociais da editorial SM e seu desexo se cumplriu e vaia que se o fixo. A finais de xaneiro, no Blogger’s Day de Madresfera tiven a sortaza de que me tocase o sorteo de 100 euros en libros de esta editorial. Si, seino, non está nada pero que nada mal o premio.

Libros de SM en la casa del revés

Libros del lote de SM premio del sorteo del Blogger’s Day

Así lucía a cama da peque do revés ao día seguinte. A verdade é que cando en unha casa como a nosa, con cinco estanterías de libros para os peques (ademais dos que xa temos regalado ou gardado) entra unha caixa do tesouro enoooorme como aquela, ademais de un alegrón case case te entra unha sensación de agobio por non saber como xestionar todas esas pequenas marabillas de golpe. Pero, coma sempre, pouco a pouco, distribuíndo e dosificando fomos desfrutando de libros da Gata Lupe e Lulú (dos preferidos dos peques), outros de aprendizaxe sobre os veículos que te atopas na cidade, sobre as emocións…

Estamos máis que surtidos de diferentes propostas temáticas. Mágoa que non houbese no catálogo ningún de eses libros-canción que tanto gustan á peque do revés porque variedade si que había e moita, incluídas pequenas xoias para introducir os números e as letras como son Abezoo e Versos para contar, preciosos!

Libros Atlas de la historia de la humanidad y Cómo funciona el mundo

Libros Atlas de la historia de la humanidad y Cómo funciona el mundo

Deixamos para dentro de un tempo as dúas sorpresotas que me reservaban na editorial, un Atlas da historia da humanidade e Cómo funciona el mundo, aos que seguro que sacaremos moito proveito en un par de anos. Mil grazas.

Pero cando criamos que tiñamos a situación dominada, apúntome a outra promo e recibimos outro libro!!! “La isla mágica” un libro para peques que eu recomendaría de 1 a 5 anos. Un libro de investigación e exploración con solapas co que poden interactuar con facilidade. Pero o que máis me gusta de este libro que xa se convertíu en un dos preferidos do peque do revés é a calidade e o detalle das ilustracións.

La isla mágica, de editorial SM

Cada páxina se convirte en un pequeno xogo no que teñen que buscar algo e ao estar tan coidados os detalles das ilustracións o que fixemos foi ir cambiando as propostas na segunda, terceira, cuarta lectura do libro. Porque, por suposto, os peques non son parvos e o do revés menos que ningún, así que xa se sabía de memoria o que había que facer en cada páxina á segunda lectura. Por iso, aproveitando as posibilidades dos preciosos dibus voulle cambiando os retos cada día. Se antes había que buscar flores amarelas, agora flores vermellas, despois árbores con portas ou mapaches con roupa.

La isla mágica, editorial SM   La isla mágica, editorial SM   La isla Mágica, editorial SM

O libro é moi sinxeliño, obviamente, pero te servirá para mellorar a atención e concentración dos peques sen dúbida, para mellorar e ampliar o seu vocabulario e a súa capacidade para ir describindo e construíndo frases pero, o mellor de todo, servirá para recrear a vista con cada páxina e as súas marabillosas imaxes.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

música, niño tocando música

Cando a música se esconde nos libros

Na víspera das Letras Galegas, un tema que tiña que pasar polo noso mundo ao revés da man da nosa colaboradora Sira González, o fenómeno dos libros-cd con música galega. Esa sorte de salvador para nais e pais con bo gusto e ganas de pasalo ben coa súa familia. Pequenas xoias que deben encher as estanterías das nosas casas sí ou sí.

“Debemos educar no pensamento crítico como única ferramenta válida no mundo dixital. Internet é moi poderoso fainos moi manexables”

Empezamos o curso con enerxía e cos mellores consellos e vibracións da man de Noelia López Cheda. Unha auténtica crack coa que imos aprender a descubrir os talentos dos nosos fillos, a acompañalos no camiño da vida e moito, moitísimo máis. Foi unha delicia charlar con ela de tantas cousas importantes para a educación dos nosos fillos. As novas tecnoloxías, o espíritu crítico… ¡Ah e volve con ela o podcast do revés!

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.