Benvid@s! Comunicando desde o meu mundo ao revés. Deuse a volta cando chegaron a el dous bichiños que cambiaron por completo a miña perspectiva de todo. Con eles aprendín que sempre se pode cambiar o final das historias, que todo se pode poñer patas arriba cando é necesario e que hai moitas moitas formas de contar un mesmo conto para que sexa cada vez máis divertido e intersante.Desde este mundo do revés no que somos felices ofrecemos asesoría de comunicación especializada en empresas do sector infantil (non o adiviñavades?).
O meu nome é Sonia Hermida e sumo xa quince anos de experiencia como xornalista e comunicadora. Nos últimos tempos fun mesturando a miña experiencia e vida profesional cun profundo coñecemento da realidade dos pais e nais no noso país e coa investigación e busca de servizos e novidades especialmente pensados para nenos e nenas.
O meu primeiro proxecto nesta aventura é esta web. Nela atoparedes tres seccións básicas:
Ideas e noticias: con reportaxes, entrevistas, novidades e colaboracións de expertas/os en materias tan variadas como música, viaxes, comunicación, estimulación ou crianza.
Axenda: con todas as novidades de ocio e cultura pensadas para os peques da casa ou para facer en familia.
Directorio de recursos: un completo directorio con todas as empresas de servizos pensadas para nenos e nenas na área metropolitana da Coruña. Nel atoparedes de todo, desde coles a ximnasios, pasando por musicoterapeutas, centros de estimulación ou locais de cumpreanos.Desfrutade deste mundo cheo de ilusión no que espero que vos sintades como na casa e non dubidedes en contactar comigo para o que se vos ocurra, sexa do dereito ou do revés, sempre temos un café, unhas galletas ou un bibe preparados.
Anotade, sonia@omundoaoreves.com
O que din do noso mundo ao revés
Aquí vos iremos deixando links a informacións, reportaxes ou entrevistas sobre o noso mundo ao revés
A Revista Fin de Semana TVG
Entrevista en V Televisión
Entrevista en A Radio Galega sobre o evento de Malasmadres no que fun poñente (minuto 50)
YoDona, crónica do evento de MalasMadres no que fun poñente (xuño 2016)
Entrevista en Onda Cero sobre La Party3 e o encontro de nais blogueras de Malasmadres (minuto 30)