O reto de conciliar con doble salto mortal

14 / 1 / 2016 |

Aleitar ao teu bebé e coidar ao teu fillo/a con diversidade funcional non debería ser un privilexio nin unha misión imposible. A propósito de conciliar... conciliación con doble salto mortal, a das familias con fillos con diversidade funcional.

Comezo confesando que tiña preparado outro post para hoxe pero esta mesma mañá decidín anulalo e escribir o que me pedía o corazón, o alma, a cabeza. Decidino na sala de espera da logopeda á que acude a miña filla desde hai anos mentres que consultaba o correo electrónico, repasaba novidades en redes sociais e contestaba mensaxes. Decidino facendo o máis parecido que fago a conciliar diariamente. E si, xa o adiviñaches, vouche falar de conciliación, pero a miña é con doble salto mortal, conciliación do revés, conciliación con diversidade funcional.

A deputada Carolina Bescansa levantou a lebre no Congreso dos Deputados. Levou ao seu peque, de apenas uns meses á sesión de apertura da cámara en unha estratexia absolutamente medida e planeada, por suposto que sí, de iso non me cabe ningunha dúbida. Pero, dito isto, só podo dicir que aplaudo coas orellas a estratexia. Calquera estratexia, por medida e planeada que estea que sirva para visibilizar a necesidade de normalizar a lactancia materna, a nula posibilidade de conciliación real que existe e os problemas cos que nos atopamos día a día as persoas que decidimos contra vento e marea ter fillos/as será benvida por esta nai do revés.

Conciliar con diversidad funcional

A veces, una tarde de trabajo se convierte en una fiesta infantil

Eu aguantei como puiden a lactancia materna ata os nove meses. Coñezo nais que ían á gardería dos seus peques só para darlles o peito (eu non podía porque traballaba en outra cidade que senón…) e está claro que Bescansa podería ter deixado ao seu peque na gardería do Congreso e ir a buscalo despois, pero non o fixo. E resulta obvio que non foi un descuido, nin unha decisión que se tome á lixeira, senón moi medida. Unha decisión que conseguiu que todo o mundo fale de conciliación (esa gran olvidada) e fale de lactancia materna. Amamantar ao teu bebé non debería ser un privilexio, nin unha misión imposible, é un dereito que todo ser humano debe defender con todas as estratexias que se lle ocurran.

Dito isto, paso ao doble salto mortal, o que damos para non-conciliar sí ou sí todas as familias con peques con diversidade funcional. E aquí inclúo familias porque é un traballo de clan en moitos casos: nais, pais, avós, coidadores e ata tíos e tías ou amigos e amigas. Peques en sillas de rodas, peques con parálise cerebral ou con mil casuísticas diferentes que necesitan asistencia continua ou moi prolongada. Como concilian esas familias? Pois como poden ou, mellor dito, ou non o fan ou como malamente poden porque o apoio é escaso ou nulo. Algunhas recibimos algunha pequena prestación, sempre insuficiente, e alomenos no caso de Galicia, ningún apoio no día a día. Cóntoche como o facemos nós, non por regodearme nos nosos esforzos, porque son moi consciente de que hai familias que o teñen moitísisisisimo peor, senón porque do que mellor podo falar é do que coñezo en primeira persoa.

Os meses posteriores á meningoencefalite da miña filla estivemos de baixa e con tratamento médico todos (papá e mamá tamén porque che aseguro que non é fácil dixerir psicolóxicamente o que nos pasou) así que aí fixemos o que puidemos. Despois nos incorporamos pouco a pouco ao traballo e pedimos axuda aos avós (por suposto). Como o papi do revés ten horario de mañá era un pouco más fácil así que sobrevivimos ata que me volvín a quedar embarazada e durante a baixa (primeiro por risco no embarazo e depois de maternidade) repartía o meu tempo entre os peques priorizando o traballo coa peque do revés.

Uns meses máis tarde tiven a mala-boa sorte de poder acollerme a un ERE e decidín dedicarlle á miña familia o que finalmente foron case 2 anos da miña vida, é dicir, non conciliei, ata que me lancei ao mundo do emprendemento. Temos unha axenda na neveira con terapias, actividades e comidas planeadas na que nos comprometemos todos (mamá, papá e avós). Eu resto horas ao meu traballo (que compenso con horas de sono) para acompañar á miña filla ás súas sesións de logopedia e musicoterapia e o peque do revés se convertiu en acompañante oficioso da súa irmá a hipoterapia, clases de apoio e terapia ocupacional. É o mellor irman que podería terlle tocado en sorte, foise curtindo en estas lides, adaptándose como un camaleón e sacando proveito de situacións das que outros peques estarían máis que fartos (sempre consegue algún caramelo extra, horas de xogo con papá mentres espera e algún episodio dos seus dibus favoritos).

conciliación con diversidad funcional

Escena real nada pinterest, vivida en la casa del revés

Ás veces, traballar na casa do revés é misión imposible porque conseguir que os meus dous fillos xoguen xuntos ou que a peque do revés se concentre en algo é moi difícil polo que, aínda que o papi se ocupe de un, teño que deixar o que estou facendo para xogar-traballar co/coa outro/a, para cambiarlle o cueiro á peque ou arreglar algún desastre hogareño. Ás veces, resto horas de sono ou traballo para preparar materiais para a peque. Ás veces resto horas que debería dedicar á peque (ou ao peque, que tamén reclama moita atención) para dedicarllas ao trabaljo. Ás veces tecleo como podo con dous nenos encaramados ás miñas costas e montei a miña oficina nas salas de espera das terapias. Ás veces, só ás veces, soño con un mundo no que non sexan necesarios xestos como o de onte para reclamar o que é un dereito. Porque dar o peito a un bebé non debería ser difícil, xogar coa túa filla, levala a terapias, traballar con ela para axudala a progresar, cambiarlle o cueiro e poder cantarlle as cancións que lle gustan non debería ser tan difícil.

Xa renunciei a ter unha casa Pinterest e as fotos que saco en Instagram soio facelas en planos curtos para que non se vexan as montañas de roupa ou os xoguetes amoreados, pero non renunciarei NUNCA a defender dereitos fundamentais como os de Carolina Bescansa ou o seu fillo, como os da miña familia ou os de tantas e tantas familias que tratan de sobrevivir no mundo da diversidade funcional como poden.

E después de poñerme así de seria non vou a pedirche o voto nos premios Madresfera, pero se che apetece, déixoche o enlace.

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Tres plans para un Nadal moi diferente en Galicia

Que dirías se che conto que traio tres plans diferentes para o Nadal en este decembro? Teño tres palabras máxicas que te van a convencer: Playmobil, Lego e cine. Dúas grandes exposicións que teñen aos Lego e Playmobil como protagonistas e o primeiro festival de cinema para nenos que se celebra en Galicia. Non os podes perder.

Preparando novas xeracións eco

E, por suposto, a moda eco e bio xa non é nin pode ser só unha moda, senón unha forma de vida que debemos transmitirlle aos nosos fillos desde bebés. Hoxe descubrímosche algunhas das súas claves e che presentamos a tenda Nico Comparte, por se aínda non a coñecías. Unha tenda moi moi eco.

O reto de organizar os xoguetes

Chegou a hora de poñer orde no caos. Vamos a organizar os xoguetes por categorías e tendo en conta as súas características. A rotación é a solución para rematar coa sobreestimulación, palabra de mamá do revés. Non deixes para a próxima semana. A por elo hoxe mesmo!!! Notarás os efectos rápidamente.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.