El libro sin dibujos, ou a pantomima ao poder

22 / 12 / 2015 |

Hoxe che traio a miña reseña de un libro do que se está a falar moito "O libro sen debuxos" unha pequena gamberrada que nos lembra que todos somos nenos e que nunca é tarde para explorar as túas dotes interpretativas.

Se algún mérito hai que recoñecerle a este libro é o de lembrarnos que aínda somos nenos. Sí, sí, todos somos un pouquiño nenos aínda con 30, 40, 50, 60, 70 ou 80 aos. “El libro sin dibujos” é unha grande broma provocadora. A principios do século XX Malévich provocou a media humanidade co seu cadro “Branco sobre branco” cun lienzo totalmente branco nos últimos dous séculos numerosos artistas decidiron “saltarse as reglas” creando obras de arte con unha clara finalidade: sorprender e innovar.

En esta líña se enmarca “El libro sin dibujos”. Obra do creador B.J. Novak, coñecido polas súas creaciñóns televisivas como a tamén gamberra “The Office“, o principal mérito de este libro é o de lembrarnos que temos un músculo chamado cerebro que debemos exercitar máis, que posuimos dotes interpretativas que non se deben enferruxar e que somos os responsables últimos de que un libro ou unha historia sexan ou non divertidos.

“El libro sin dibujos” non é para ti se queres ler un conto tranquilamente sentado ao teu peque, non é un libro apto para que se queden durmidiños nin para inculcarlles valores… Bon, espera, agora que o penso, algún valor sí que inculca, faiche reflexionar un pouco sobre a importancia da imaxinación e creatividade `porque un papel en branco, un libro sen dibuxos é coma un lenzo en branco que ti tes que pintar e por iso mesmo te deixo esta reseña tamén sen imaxes, para que as pintes coa túa imaxinación.

Anímote a pintar moitos libros en branco porque en realidade non necesitas este libro para gamberrear e lembrarlle ao teu peque que ti tamén sabes divertirte. É tan só unha ferramenta máis para facelo.

A primeira vez que o collín para lelo o peque do revés negouse rotundamente. Dixo que non o quería, que nin falar, menudo rollo. A partir de esa primeira ocasión non houbo problemas porque era él quen mo pedía agradecido pola experiencia de ver as dotes interpretativas da súa mami.

Déixovos un pequeno vídeo da reacción do peque do revés en unha das ocasións nas que lle lin o libro e outro do actor Ángel Llacer léndollo a un grupo de nenos.

 

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Carta ás nais de bebés: case todo pasa

Todo pasa e todo queda, pero o noso é pasar… E sí, todo, bueno, mellor dito, CASE todo pasa. Chega un momento na maternidade en que ves os touros desde a barreira. No que podes coller un libro, irte a tomar un café, volver ao ximnasio ou buscar tempo para os teus hobbies. En ese camiño van quedando unhas cantas cosas. Algunhas boísimas, outras horrorosas e outras non volverán xamáis a ser o que eran. Vés a descubrilo?

Tan só un mal día

Días grises, rosas, azuis, de todas as cores e todos hai que vivilos con todas as súas horas, aquelas nas que te sintes fatal e esas outras nas que consegues recuperar e asomar a cabeza fóra do burato que fixeches cos teus propios berridos. Menos mal que eles sempre están aí para botarnos unha corda e axudarnos a sair.

Protagonista por un día

Unha escapada con mamá, un proxecto en común, unhas horas xuntos e a soas poden marcar unha pequena gran diferencia. A nosa colaboradora Paula Verde tráenos o seu texto e foto deste mes que seguro que che fará reflexionar sobre o que en realidade “se piden” os teus fillos para Reis.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.