O homeschooling ou o empoderamento dos peques

5 / 3 / 2016 |

Porque hai máis realidades ademais da escola ordinaria, porque hai moitas sensibilidades e formas de ver a educación. Hoxe nos achegamos a unha realidade moi pouco coñecida no noso país, a dos homeschoolers e entrevistamos a unha familia que educa aos seus fillos en casa.

Non existen cifras oficiais, imposible que as haxa porque a súa realidade non está “recoñecida” pola lei, pero o certo é que se calcula que en España hai entre 3.000 e 4.000 familias que educan aos seus fillos/as en casa. O que se coñece popularmente como “homeschooling” é un modo de vida, de educación que en Galicia escolleron arredor de 40 familias. Desde O Mundo ao Revés, en plena etapa de escolarización dos peques, quixemos achegarnos á súa realidade, absolutamente cercana e enriquecedora. Porque sabemos que hai moitas outras realidades e posibilidades máis alá da escola tradicional, para iso entrevistamos a unha familia homeschooler.

Ela non ten ningún reparo en que diga o seu nome, pero eu preferín deixalo en unha inicial. Non é que faga nada malo nin que teña medo, pero o feito é que o homeschooling non está recoñecido legalmente en España. Tamén é certo que ningunha familia foi nunca condenada por levalo adiante e, a verdade, é que seguramente non tería moito sentido que así fora. D cóntanos que no seu caso sempre tivo claro que os seus fillos se educarían en casa. “Desde a adolescencia o souben, desde antes de ter fillos, porque a min non me gustou a miña experiencia escolar. Coártase a creatividade dos nenos e é imposible que nun aula con 25 alumnos/as se respecten e sigan os ritmos de todos e cada un de eles”.

Como todo proceso de toma de decisión tivo os seus máis e os seus menos e os segue tendo, como calquera ser humano e calquera familia. “Sempre fun eu a que apostou claramente polo homeschooling, pero foi unha decisión de parella finalmente. Por suposto, pasas por momentos de dúbida, como calquera outro pai. Visitas centros escolares para coñecelos e ver outras opcións pero, ao final, sigo téndoo clarísimo e non cambio”, explica.

Os obstáculos para decidirse por esta opción? Obviamente, moitos, o primeiro a conciliación, porque moitos pais non poden quedarse en casa a acompañar aos seus fillos no proceso educativo. “É complicado porque tes que ter ese tempo, eu son autónoma e podo ir adaptando os meus horarios, tamén hai moita xente que se organiza por turnos pero o certo é que supón deixar de traballar, renunciar a buscar un traballo, reducir a xornada ou emprender pola túa conta”.

As críticas, por suposto, chegaron, pero D tíñao moi claro e estaba preparada. “Escoitas de todo, que se estás tola, que se os teus fillos non se van relacionar con outros nenos, non van ter amigos, non van aprender a ler… Pero é que as críticas se responden coa realidade: os meus fillos teñen unha vida social moi moi intensa, moitos amigos e seguen un ritmo de aprendizaxe similar ou superior ao de calquera outro neno/a da súa idade”. Cóntao sen sombra de dúbida, segura, convencida desde o alma por un día a día no que ve como os seus fillos son os guías do seu proceso de aprendizaxe. “Cada familia escolle a súa metodoloxía. Hainas que teñen un horario moi estricto e un currículum claro, no noso caso son eles os que guían o seu proceso a través das súas dúbidas. Non temos horario porque a vida enteira, o día e a noite, todos son momentos de aprendizaxe”.

Ler, investigar, preguntar, preguntarse, responder ás necesidades de coñecemento que os seus fillos van planteando, ese é o proceso diario da familia de D. “Por exemplo, un día plantearon unha pregunta sobre Pablo Picasso e outro día e outro. Era obvio que había unha necesidade e ansia de coñecer así que fomos tirando do fío con libros e material que fomos recopilando e así aprendes sobre historia de España e de Europa, sobre arte, tendencias artísticas. É marabilloso porque cando empezas a tirar do fío nunca sabes onde vai acabar”, afirma.

“O meu labor é acompañalos no seu proceso e aprender tamén con eles e de eles”, continúa, “e, por suposto, onde eu non chego, mando recado, busco apoios, como calquera outro educador ou pai. Porque se o teu fillo ten altas capacidades terás que buscar reforzo, se quere aprender xadrez e ti non sabes, tamén, se quere ser pintor, buscarás educadores especializados en artes plásticas… Pois nós, igual, claro”.

Cando lle pregunto se se formou moito para enfrentarse a esta experiencia confesa que “sobre todo, ao principio, tes moitísimas dúbidas, tes un neno de 3 anos e non sabes moi ben como vai sair todo. Lin moito sobre pedagoxía, buscas contacto con outras familias con fillos maiores… (os homeschoolers manteñen contacto e se apoian entre sí compartindo experiencias en reunións periódicas) Pero logo, pouco a pouco vas vendo que escolliches o camiño apropiado e te reafirmas porque ves que é onde mellor se respectan os ritmos de aprendizaxe dos teus fillos”.

Por suposto, unha experiencia así é moi intensa e ten momentos moi difíciles, “a convivencia é intensa e dura ás veces, porque son 24 horas, 7 días á semana, o que peor levo son as súas discusións e encontronazos e, como dixen antes, tes momentos de dúbida pero eu non atopei unha solución mellor”. En este punto pregúntolle s cre que escolarizaría aos seus fillos en algún momento, “agora mesmo, se realmente quixera escolarizalos, tería que ser en proxectos educativos que non atopo en Galicia nin en España, a verdade”. E no futuro?, “xa se verá, se cando sexan un pouco maiores realmente teñen claro que queren facer unha formación universitaria ou un ciclo, sempre estás a tempo de entrar no sistema, o problema é saír, así que esa decisión a deixamos para cando sexa algo moi claro dentro duns anos”.

Asegura que, en xeral, na xente da rúa, o que se atopou foi comprensión e admiración. “As reaccións son positivas, sobre todo porque nós o vivimos con absoluta normalidade porque tomamos a decisión de corazón, pensando sempre que era a mellor das decisións posibles”, asevera. E o seu día a día, tal e como mo conta, a segue reafirmando, “teño a posibilidade de ver día a día cómo o ser humano ten unhas posibilidades e capacidades ilimitadas de crecemento e aprendizaxe. Vivimos, falamos, escoitamos moito, acompaño e desfruto. Vexo cada día o empoderamento dos meus fillos e asegúroche que recuperalo pode levarlle a un adulto anos de terapia”.

Non me queda máis remedio que posicionarme, despois de falar con D, de preguntarlle todas as miñas dúbidas, de escoitar o seu día a día, o único que podo sentir é admiración pola súa entrega e a súa paciencia.

Mapa do homeschooling en Europa

Mapa de homeschooling en Europa

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Oito claves para elexir un libro para un bebé

Dende o berce e sen descanso a ser posible, así deberíamos permitir que a lectura e a literatura estivesen preto dos nosos fillos. Hoxe tráioche algunhas claves para achegarlles os libros desde bebés e tamén algunhas ideas que podes aplicar en casa. A nós nos resultáronnos útiles e na súa mayoría son ideas que poden funcionar en amplos perfiles de peques para espertar o amor polos libros desde pequeniños.

Experimentos para nienos: bolsas sensoriais

Novo experimento do revés para facer cos máis pequenos. En este caso che traio un tres por un, aínda que, en realidade, podería ser infinito por un porque a imaxinación xoga un papel importante á hora de facer cos teus fillos bolsas sensoriais.

Xogar é demasiado serio para tomalo a broma

Como e canto xogamos, con que podemos xogar… e algunha sorpresa máis. Tráioche hoxe unha pequena análise do informe sobre o xogo realizado por Ikea e a miña aportación en Instagram. Como mínimo, para reflexionar.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.