Educar con intelixencia emocional

3 / 8 / 2015 |

Presentámosvos a nosa nova colaboradora, Verónica Rey. Se facedes click no seu nome poderedes ver máis datos do seu perfil. Non vos perdades o seu primeiro texto sobre a importancia de educar con intelixencia emocional!!!

Non sei se a vida é curta ou longa para nós, pero sei que nada do que vivimos ten sentido se non tocamos o corazón das persoas…”.
Cora Coralina

Son nai dunha nena marabillosa e ademais psicóloga, pero nin son a nai perfecta nin a miña filla é perfecta. Movida pola miña intuición decidinme a especializarme cada vez máis en algo tan fundamental como é a intelixencia emocional, intentar dar o mejor de mín na educación emocional da miña filla e os meus pacientes é moi importante.

Que é a intelixencia emocional? Que podemos facer os pais e nais para favorecer o desenvolvemento da intelixencia emocional?

As emociones nos acompañan día a día, o saber recoñecelas, comprendelas e xestionalas, é imprescindible para que os nosos fillos se desenvolvan na sociedade dunha forma máis eficiente.

Os nenos, desde moi pequeniños, aprenden a ler as emocións dos demais e a ser empáticos, é dicir,” a poñerse nos zapatos dos demais”. Non entenden esas emociones nin saben expresalas pero sinten empatía cando alguén reacciona e sinte de determinada maneira. Decodificar as emocións das persoas que nos rodean é unha das ferramentas máis importantes do desenvolvemento emocional, isto nos permite ser compasivos, respectar, comprender aos demais, non xulgalos e axudarlles.

Un bebé durante os seus primeiros meses de vida é moi sensible e receptivo ás emocións dos demais, sobre todo ás da mamá. Seguramente notaches que cando unha mamá se sinte ansiosa porque non pode calmar ao seu bebé, a maior parte das veces o que ocurre é que o bebé se sinte igual de ansioso e lle costa máis traballo calmarse; ou terás notado que cando unha mamá está feliz e contenta, o seu bebé se sinte tranquilo. Isto é o que se coñece como empatía e regulación emocional, se trasmitimos tranquilidade, é máis probable que o noso fillo se calme pero se polo contrario trasmitimos estrés, xeralmente o noso bebé se estresará.

Sobre os catro meses, é cando os peques empezan a recoñecer e distinguir certas emocións como a tristeza e felicidade. A partir do ano se xenera unha empatía nos bebés que poden sentir en carne propia as emocións dos seus pais. Os nosos fillos a estas idades adaptan as súas propias emocións ás dos adultos.

A partir dos dous anos, é a idade ideal para iniciar aos nenos no recoñecemento das emocións básicas: A ledicia, tristeza, medo e rabia empézanse a recoñecer, aínda que non sempre acertan, na cara dos adultos as expresións faciais destas emocións. A través do debuxo, podemos facerlles preguntas do tipo: “Que lle pasa ao neno?” “Por que cres que se sinte triste?”. Ésta é unha forma xenial para que aprendan a recoñecer as súas emociones e as dos demais, ao mesmo tempo que imos fomentando a súa empatía.

Para desenvolver a empatía é necesario razoar con eles/as continuamente mediante preguntas: Como cres que se sinte o teu amigo despois de morderlle?, Por que cres que está chorando a túa curmá?

A partir dos 5 anos os nenos xa deberían saber recoñecer as emocións de forma habitual: ” Estou tiste porque me berraches e non me gusta que o fagas”, “estou contento porque mañá imos á praia”.

Non é raro que os niños se vexan desbordados moitas veces polas súas emocións, a frustración en forma de rabieta é un exemplo que todos coñecemos . É moi importante que os pais non reforcemos estas situacións. Unha vez finalizado o enfado, podemos ensinarlles que antes de berrar ou pegar, é mellor expresar en voz alta o que lles molesta. Ensinarlles a expresar os seus sentimentos desde pequenos lles axudará a relacionarse mellor co mundo que os rodea.

A partir dos 9 anos xurdirán as emocións secundarias como son a ansiedade, o amor, a vergoña, o orgullo, a culpa… Os nosos fillos deben sentirse seguros ante estas novas emocións, haberá situacións que lles causen moita ansiedade como por exemplo un exame, e deben aprender a xestionalas.

Falar cos nosos fillos, preguntarlles como se atopan, razoar con eles, é algo moi importante na súa educación. Debemos favorecer que poidan expresarse, permitir que dean a súa opinión, que poñan enriba da mesa os seus sentimentos e preocupacións. Debemos acostumar aos nosos fillos ao sentido do humor, a ser optimistas e a ter expectativas de éxito.

O desenvolvemento da intelixencia emocional supón unha oportunidade única para educar aos nosos fillos para que aprendan a ser felices e teñan maior éxito tanto na escola como na súa vida privada. Axudar aos nenos a desenvolver habilidades sociais e emocionais afectará de maneira positiva á súa saúde e benestar a longo prazo.

Educar, non é repetir as mesmas cosas. Educar é ensinarlles a soñar, a probar, a crear, a loitar e a crer en eles mesmos.

 

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Os robots, os influencers e a educación da trampa

Retomo a miña sección de comunicación do revés para analizar o debate do momento en redes sociais: bots, bloggers, instagramers e a educación da trampa. A “picaresca” leva aí séculos. No noso día a día vemos exemplos de mentiras, actividades que sen ser ilegais se escapan das reglas do xogo. Está ben pagar para ter máis interacción e seguidores en redes sociais? E que consecuencias acarrea isto?…

Imos xogar do revés

Xogar e xogar e volver xogar, do revés, sempre do revés. Para adiantarte á celebración do Día Internacional do Xogo explícoche algo sobre a importancia de que os nosos peques xoguen moito e da forma máis libre posible. Imos aprender a mirar o mundo con ollos de neno/a e a descubrir novas realidades en obxectos cotiás. Imos xogar do revés, imos desfrutar da vida 🙂

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.