Dispara co corazón

16 / 11 / 2015 |

Empezamos a semana con unha nova colaboración na web. A partir de agora atoparás de cando en vez algunha foto súa na web, así que decidin presentarcha para que a coñezas un pouco mellor a ela e ao seu fantástico traballo como fotógrafa familiar: Diana Fajardo.

En estes últimos meses estiven formándome no mundo da fotografía. Un campo marabilloso, pero moi moi amplo no que fixen os meus pinitos e terei que seguir avanzando. Cursos online, talleres presenciais, apúntome a todo! En un de eles compartín experiencias coa fotógrafa Diana Fajardo, unha mirada luminosa da que empezaredes a ver de cando en vez algunha fotiño por este Mundo ao Revés. Así que será mellor facer as presentacións oficiais, non? Despois pásate a coñecer a súa web co seu fantástico traballo.

Diana especializouse en fotografía familiar, de embarazos e de peques. Menudo traballo tan marabilloso!

Cando empezaches nisto da fotografía? Cando sentiches que era “o teu”?

Tiña uns 8 ou 9 anos cando collín por primeira vez unha réflex, a dos meus pais. Desde ese día tiven claro que quería dedicarme á fotografía.

E dende ese día, cada día un pasiño máis…

Traballei en prensa ata que quedei embarazada, e todo mudou. Non atopei o que precisaba, e decidín facelo eu. Así é como cheguei a ser fotógrafa de familias. Xuntar a miña formación coa experiencia de ser nai é xuntar o mellor dos dous mundos.

 

Que tipo de sesións realizas? En estudio, en exteriores, todo moi preparado ou prefires improvisar?

Encántame traballar con luz natural, polo que intento saír fora sempre que é posible. Buscar algo que identifique a cada familia, o seu recuncho favorito no mundo…

Sempre levo un esquema base de traballo, pero a premisa é simplemente gozar. Isto é xusto cando lle perden o “susto” á cámara, e todo comenza a fluír.

Tamén traballo a domicilio, cando eles así o solicitan. E sempre nas sesións de “New Born”, que as facemos nos primeiros 15 días de vida, mentres conservan as poses de cando estaban na barriga. Fágoas a domicilio, para que sexa máis sinxelo e cómodo para a familia. E tamén pola posibilidade de contar a súa historia no seu entorno.

Diana Fajardo, fotógrafa, fotogafía familiar

Cal foi a sesión máis complicada ou a situación máis difícil á que te enfrentaches con unha cámara na man?

Fai uns meses perdemos un bebé, e precisei expresalo en fotos para darlle un oco no álbum familiar.

Sen dúbida foron das fotografías máis difíciles de facer, pero tamén foi un acto sandador para pechar o loito.

 

Supoño que facendo o tipo de traballo que fas gardarás lembranzas preciosas de algúns traballo, algunha que te impresionara máis?

Gardo especial recordo dos partos nos que estiven. Síntome moi afortunada de ser testemuña da chegada dun bebé ó mundo dentro do mais absoluto respecto, e poder deixarlle ás familias e a ese bebé unhas lembranzas dun momento único, primeiro, íntimo, irrepetíbel… É unha honra e un privilexio que conten comigo. Estarei eternamente agradecida a cada unha de estas familias que confiaron en min.

 

Que traballo foi o que che produciu máis satisfacción ata o momento?

Encántanme as embarazadas. Irradian luz, contaxian endorfinas alí por onde pasan…

As mulleres en xeral, somos moi duras e críticas. Non acabamos de querer o noso corpo, tan perfecto que é capaz dar vida.

Entón chegan a min con ganas de ter unhas fotos de recordo, pero sen estar cómodas consigo mesmas. E xogamos coa luz, co entorno, aproveitamos as poses… Cando reciben as fotos vense como eu as vexo, radiantes e cheas de vida. E gústanse!

Entregar estas sesións sempre son especialmente satisfactorias!

 

 

 

 

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Tan só un mal día

Días grises, rosas, azuis, de todas as cores e todos hai que vivilos con todas as súas horas, aquelas nas que te sintes fatal e esas outras nas que consegues recuperar e asomar a cabeza fóra do burato que fixeches cos teus propios berridos. Menos mal que eles sempre están aí para botarnos unha corda e axudarnos a sair.

Sobrevivir con nenos no hospital

Pasar unhas horas, días, semanas, meses no hospital non soe ser o plan ideal de ningún adulto, pero se falamos dos nenos, en xeral, a impaciencia e o desconcerto poden crecer. Fáloche da miña experiencia e douche as miñas claves para sair adiante na experiencia con éxito. Porque o hospital, ao fin e ao cabo, é vida, é un espazo pensado para devolvela.

O UNIVERSO MUSICAL DE MARVEL

O título é toda unha invitación e provocación a ler e a ver, desfrutar, escoitar. O universo das bandas sonoras e o noso imaxinario colectivo. Todo un temazo para reflexionar e aprender sobre como procesamos a música e como inflúe no noso día a día. Es fan das películas de Marvel? Pasen e lean a colaboración de decembro de Carla López, Musicoterapiactiva.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.