Disciplina significa ensinanza, non castigo

18 / 8 / 2015 |

Aquí temos a Noemí Bellas, educadora e emprendedora en Líbolis, cunha reflexión sobre o auténtico significado da palabra disciplina e a súa aplicación práctica na educación dos nos@s fill@s. Un texto que, seguro, non vos deixará indiferentes. ¿Que opinades?

“O neno necesita tres cousas: Ternura, disciplina e comunicación”, en palabras de José Antonio Marina.

E hoxe imos a falar da tan temida “Disciplina” que pon aos pais os pelos de punta cando menos. É un problema social que o término “Disciplina” corrompera, e se compare cun instrumento de tortura ou de sumisión. Esta palabra merece que recuperemos a súa etimoloxía.

Deriva do latín “Discipulus”, que á súa vez era unha contracción do verbo discere (aprender) e de pello (impulsar). Discípulo sería, daquela, o que está impulsado a aprender e disciplina o modo de facelo. Sorprendidos, Verdade?.

Equivócanse os pais que pensan que non esixir nada aos nenos captará o seu cariño, é máis, Selma Fraiberg, unha coñecida pedagoga afirma que “O neno a quen non se lle poñen límites chega á conclusión de que os seus pais non o queren”. Kant tiña razón ao dicir que a disciplina nos fai seres humanos.

Unha das formas da disciplina é poñer límites, a outra é proporcionar posibilidades, empurralos á acción, a explorar, a emprender, a proxectarse, … e as dúas son ferramentas necesarias na educación dos nosos pequenos.

O neno necesita coñecer os límites, non só por seguridade, senón porque é a maneira para aprender a controlarse. Unha boa educación supon pasar da disciplina á autodisciplina, da regulación imposta a unha regulación voluntaria.

Somos o que somos máis as nosas posibilidades, que debemos descubrir e realizar mediante os nosos proxectos vitais, e onde a disciplina xoga un papel moi importante.

Papás, tedes un apasionante traballo. Ninguén dixo que ía a ser doado, pero pagará a pena.

“O neno aprende a ser libre obedecendo”, José Antonio Marina

Compartir:

Tamén che pode interesar...

E para aninovo, máis ciencia para nenas e nenos

Jugando, aprendiendo, disfrutando, leyendo, empezamos el año de la mejor manera con una revista de ciencia para peques y un juego de cartas con el que descubrirán a 20 científicas y científicos significativos de la historia. ¡¡Sí, sí, has leído bien, una lista de personajes relevantes en la que hay el mismo número de mujeres y hombres!! Y puede ser tuyo porque empezamos el año con sorteaco del revés.

O homeschooling ou o empoderamento dos peques

Porque hai máis realidades ademais da escola ordinaria, porque hai moitas sensibilidades e formas de ver a educación. Hoxe nos achegamos a unha realidade moi pouco coñecida no noso país, a dos homeschoolers e entrevistamos a unha familia que educa aos seus fillos en casa.

Xoguetes para soñar

En O Mundo ao Revés querémosche contar as novidades diferentes, orixinais e #DelRevés #DoRevés en locais e servizos para os teus peques, auténticos imprescindibles! Por iso te imos presentando novas empresas que abren na cidade. Hoxe tócalle o turno á xoguetería Hola Caracola, un sitio para perderse buceando entre cores e texturas que invitan a soñar.

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.