Descubrimentos do revés en Coruña en Familia

9 / 11 / 2015 |

Resumo de un sábado en familia con Madresfera e Hiperbebé Coruña. Como contalo todo sería un suicidio, resumo a miña experiencia e algunhas marcas e cousiñas que descubrín en este encontro no que ademáis coñecín a moitas bloggers requetesimpáticas.

En redes sociais estiven dándoche a tabarra (pero só un pouquiño) co encontro Coruña en Familia que organizaban este sábado, día 7 , Hiper Bebé Coruña e Madresfera. Como xa sei que non fostes tod@s -primeiro porque non caberiádes no recinto e segundo porque me fago unha idea de que moitos teríades millóns de cousas máis que facer- pois decidín contarche o que pasou en versión resumida, que para iso estiven alí. Bueno, para iso e para coñecer ao equipo de Madresfera, de Hiper Bebé e a un puñado de bloggers ben riquiñas que fixemos piña e que imos dar moito que falar (xa che irei contando).

Cositas de Tuc Tuc en HiperBebé Coruña

Zona de colección Tuc Tuc en HiperBebé

 

Así que, para non extenderme demasiado e como ésta é a miña visión do que alí sucedeu, resúmoche o máis interesante. Además de isto houbo actividades para peques durante todo o día.

Álvaro Izquierdo, do equipo de comunicación do grupo Nuna presentou algúns dos seus produtos evolutivos e a súa silla Rebl pensada para superar a normativa I-Size que regula como deben ir os peques no coche nos grupos 0 e 1. A silla Rebl, segundo o que nos contou o representante de Nuna, supera o esixido por lei e o mellora porque cubre un peso de 0 a 19,5 quilos (a normativa chega só a peques de 18 quilos). Utiliza un sistema isofix modificado, de tal forma que a silla pode botarse para atrás co peque a contramarcha para que teña un pouco máis de espazo para os seus pés e cando xa non vai a contramarcha (que sabedes que non é o recomendado en ningún caso), os pés non lle queden colgando (no vídeo que teñen na web vese moi clariño todo).

Teño que dicir que, personalmente, e aínda que recoñezo as vantaxes en seguridade do sistema isofix (en este caso evolucionado a I-Size), sempre me pareceu un engorro porque movemos moito as sillas dos peques de un coche a outro e xa resultan bastante aparatosas de por sí, como para trasladar todo “o equipo”, pero se non é o teu caso, o certo é que é dos sistemas máis seguros. No caso de esta silla, pareceume xenial o redutor que utiliza porque cubre un tamaño moi amplo, de modo que pode usalo un bebé prematuro (desde 35 centímetros) e o feito de que use moi pouco porexpan, aumentando a comodidade e seguridade do peque. Iso e que se poida sacar toda a vestidura da silla para lavala e que traia unha para veran e outra para invierno, ¡menudo luxazo!

Os produtos evolutivos sempre me pareceron unha gran idea. Na nosa casa tratamos de comprar sempre xoguetes, accesorios e utensilios que se poidan reutilizar de mil formas ao longo do tempo porque encher a casa de cachivaches que logo xa non che serven me parece absurdo. Os que nos presentaron o sábado foron unha trona, un berce de viaxe e unha hamaca deseñadas inspirándose na natureza. No caso da hamaca ten un sistema de xiro similar ao do movemento que facemos ao arrolar aos peques no colo (de un lado a outro), utiliza algodón orgánico e materiais transpirables. O máis alucinante é o peso que soporta: 60 quilos!!!  Paréceme unha grande idea que se poida usar a hamaca cando os peques xa andan por toda a casa, pero teño serias dúbidas de que un neno de 4 ou 5 anos a queira usar habitualmente.

A trona  pareceume máis útil porque, ademáis de que tamén se poida desmontar e lavar por separado todas as pezas no lavavalouzas, pódese ir adaptando a súa altura e tamaño para usarse como unha silla máis na mesa.

O berce de viaxe é moi fácil de montar e desmontar (o que se agradece un horror), trae cambiador e tamén é desmontable e lavable, ademáis de ter dúas alturas (na máis baixa se pode usar como parque para deixar ao peque un rato mentres te duchas ou preparas algo).

Non son produtos baratos, cuestión a ter en conta, pero, tamén é certo que cada familia debe valorar sempre de que medios económicos dispón e que se adapta máis ás súas necesidades e ás do seu peque. Nós non temos ningún produto de Nuna, pero si tivemos produtos evolutivos que eran caros se os comparabas con outros e non nos arrepentimos da compra.

Un pouco de comida e charla

Houbo outra presentación, a do Baby Cook de Beaba, un robot de cociña de eses que parece que se sacaron de unha peli de ciencia ficción, con varios accesorios moi prácticos e rápido. De novo, confesión, na casa do revés nin sequera valoramos a compra de un robot de cociña, pero creo que esa decisión vai moito en función do teu estilo de vida e é obvio que pode resultar moi práctico en algúns casos. O sábado na demostración vin cos meus olliños como uns trozos de verdura e froita se convertían en papilla deliciosa con só apretar un botón e esperar.

Da charla sobre coidados no embarazo e primeira infancia quedo coa simpatía, o sorriso e a soltura de Olga Otero, ademáis de unha das súas frases “as mamás que camiñan teñen partos máis rápidos e flexibilizan o seu solo pélvico”, todas as embarazadas a trotar!!

Houbo tempo para todo, pasarela de carriños de Bebécar, taller de DIY con Vanessa Piñeiro de La Orquídea Dichosa e un super taller sobre Instagram de Lucía Baballa. A verdade é que estes talleres desfruteinos como unha anana, pero de verdade e foron nos que máis aprendín, e creo que non fun a única porque foron os máis concurridos do día.

Dos meus descubrimentos persoais aplicables ao meu día a día, quedo con un par de marcas do showroom no que había cousas preciosérrimas. Alí estaban Maow Design, Disbo by Lupita, Carrycool, Ratoncito Pérez by María, Love it SaraLorena Barciela, The GodMother, Dandelion by María, Nos va de perlas e Sonsoles Corredoira.

Ao final saín como alma que leva o demo con tres bocados en marcha da deliciosa merendola que nos preparara The GodMother. Ñam!!! Déixovos con unha pequena galería de momentos.

Desfile en Coruña en Familia

Final del desfile de Bebecar

 

PAsarela Bebecar en Coruña en Familia

La foto de la foto en plena pasarela BebeCar

Prendas de Love it Sara en el showroom de Coruña en Familia

Ropa de Love it Sara en el showroom

Compartir:

Tamén che pode interesar...

Eloxio da anormalidade

Somos unha familia moi pouco normal, e a moita honra. Así que xa me cansei, e moito, de escoitar unha e outra vez a famosa frasecita.: “é que isto non é normal”. O normal non ten por que ser necesariamente bo e o “anormal”, en esencia, non ten absolutamente nada de malo. Vente a tomar un café ou unha caña e reflexionar un rato conmigo.

Grazas a ti somos finalistas nos premios Madresfera

Conseguímolo (falo en plural e non é maiestático) omundoaoreves está na final dos premios Madresfera grazas a ti, a todos e cada un de vós e aínda non o creo. Non sei como devolver todo o cariño recibido, pero vouno intentar.

Apártate para que poida voar

Seguimos en clave de aprendizaxes, confesións e leccións de vida. Falamos sobre resiliencia e a importancia que teñen as aprendizaxes vitais para os teus fill@s. Como cres que actuarían se tiveran que enfrentarse a unha situación límite como un tsunami, un terremoto, un accidente de tráfico? Realmente, estás dándolles espazo para que poidan voar?

Interésache colaborar connosco? Cóntanos
Malas madres
Madre Esfera
Utilizamos cookies propias e de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas o seu uso.